Profesionais que queren cobrar

Hoxe decidín compartir un chío da rede social Twitter que me parece non só un zasca a energúmenos que aínda non se enteran de nada senón tamén unha explicación perfecta, axeitada e contundente do que o fútbol feminino está a pedir nestas xornadas.




Non teño máis que engadir, pero como sei que poucos se deterán a ler o chío, dicir só que se trata de pedir que un colectivo profesional cobre un soldo digno. Punto! Nin máis nin menos. A regulación salarial e de dereitos dun grupo de traballadoras que por ser mulleres non merecen menos.


Moitos alegan que non teñen nivel, os mesmos aos que me gustaría ver enfrontados nun encontro contra calquera delas.


E para rematar. O que a min realmente me gustaría sería chegar a ver algún día a normalización dos deportes de equipo mixtos, regulados de xeito que non se poda marxinar polo xénero de deportista.

Comentarios

Publicacións populares