A execución / La ejecución

A execución

Ilvarson ergueuse sobresaltado ao escoitar o estralar das chamas. Non tiña tempo para armarse pero aínda con iso, era totalmente consciente do que lle agardaba fóra. A pesar da calor que transmitía a súa machada apoiada nun pilar incendiado, non sentiu dor ningunha ao suxeitala.

Escoitou un forte golpe á súa dereita e observou coma unha enorme figura antropomorfa, que a través do fume víase difuminada, conseguía tirar a golpes a gran porta da entrada. A mesma figura que segundos despois de saír ao exterior retrocedía tambaleante e caía de costas coma unha árbore talada.

Sen pensar demasiado e deixando soltar un enfurecido berro cheo de carrexa, correu cara o lugar onde antes había unha porta sen poder evitar na súa carreira pisar algún dos cadáveres dos seus compañeiros e familiares que finaran asfixiados. Só fixeron falla unhas décimas de segundo para fixarse no corpo que vira derrubarse na entrada, era o do xigantón de seu irmán ao que recoñeceu a pesares de faltarlle media faciana. O que na distancia crera un brazo resultou ser o mango dunha machada que estaba cravada todavía sobre o seu ombreiro dereito con tanta forza que posibelmente lle chegara ao pulmón. Polo menos parecía ter morto no intre.

Nada máis dar dous pasos fóra daquel inferno sentiu unha extraordinaria presión sobre o peito que o deixou sen aire. Chegou ver a frecha cravada baixo o seu corazón xusto antes de que os seus xeonllos perdesen forza, dobrándose e obrigándolle a apoiarse coas mans para evitar caer boca abaixo e rematar de atravesarse el mesmo contra o chan. Sen poder aínda erguer a ollada, o xeado aceiro dunha gran espada atravesou o seu torso.

O último que puido ver foi a decapitación do seu curmán, o xefe do clan, ao que maldixo por ser o máximo responsábel desa situación tras ter traizoado ao cacique. Pola súa culpa xa non poderá caer no campo de batalla onde Wottan viría para guialo na súa derradeira e máis importante travesía.

Sorprendeulle non sentir dor. Tan só frío... E finalmente escuridade...



La ejecución

Ilvarson se levantó sobresaltado al escuchar el crepitar de las llamas. No tenía tiempo para armarse pero aún así, era totalmente consciente de lo que le esperaba fuera. A pesar del calor que transmitía su hacha apoyada en un pilar ardiendo, no sintió dolor alguna al sujetarla.

Escuchó un fuerte golpe a su derecha y observó como una enorme figura antropomorfa, que a través del humo se veía difuminada, conseguía tirar a golpes la gran puerta de entrada. La misma figura que segundos después de salir al exterior retrocedía tambaleante y caía de espaldas como un árbol talado.

Sin pensar demasiado y dejando soltar un enfurecido alarido lleno de furia, corrió hacia el lugar donde antes había una puerta sin poder evitar en su carrera pisar alguno de los cadáveres de sus compañeros y familiares que fallecieran asfixiados. Solamente hicieron falta unas décimas de segundo para fijarse en el cuerpo que había visto derrumbarse en la entrada, era el del gigantón de su hermano al que reconoció a pesar de faltarle la mitad del rostro. Lo que en la distancia creyera un brazo resultó ser el mango de un hacha que estaba clavado sobre el hombro derecho con tanta fuerza que posiblemente le llegara al pulmón. Por lo menos parecía haber muerto en el instante.

Nada más dar dos pasos fuera de aquel infierno sintió una extraordinaria presión sobre el pecho que lo dejó sin aire. Llegó a ver la flecha clavada bajo su corazón justo antes de que sus rodillas perdiesen la fuerza, doblándose y obligándole a apoyarse con las manos para evitar caer boca abajo y acabar por atravesarse el mesmo contra el suelo. Sin poder aún levantar la mirada, el helado acero de una gran espada atravesó su torso.

Lo último que pudo ver fue la decapitación de su primo, el jefe del clan, al que maldijo por ser el máximo responsable de esa situación tras haber traicionado al cacique. Por su culpa ya no podrá caer en el campo de batalla donde Wottan vendría para guiarlo en su última y más importante travesía.

Le sorprendió no sentir dolor. Tan solo frío... Y finalmente obscuridad...

Comentarios