Engurras / Arrugas

Engurras

Mirouse as mans, as engurras desapareceran. Unha derradeira ollada ao seu redor. Atopábase so, sentado na súa cadeira de brazos favorita, canso pero en paz. Pensou: O único que eu quería na vida era ser feliz e non o conseguín.

O silencio. Non chegaba a ter percepción do tempo. Calma. Pechou os ollos. Cando os volveu abrir sentiuse desorientado. Xa non estaba na súa cadeira. Atopábase tumbado nun dormitorio branco con pouca luz. De novo percibiu con claridade as engurras que testemuñaban na súa pel o paso do tempo. Cando mirou cara a súa esquerda os seus ollos fixáronse na vía que saía do seu brazo e que chegaba ata a bolsa de soro e menciña que colgaba ao lado da cama. E alí o estaba. Sentado na cadeira das visitas había un home que aparentaba ser alto e delgado, totalmente vestido de negro e cuxa faciana estaba estrañamente pálida. O home ollaba para el con cara seria baixo un chapeu tamén preto. Non tiña nin a máis remota idea de quen podería ser nin esta facendo alí, pero non lle importaba, sentíase tranquilo e tras varios días de sufrimento e terríbeis padecementos hoxe non tiña dor ningunha... entón o comprendeu... pechou os ollos e deixouse levar.




Arrugas

Se miró las manos. Las arrugas habían desaparecido. Una última mirada a su alrededor. Se encontraba solo, sentado en su sillón favorito, cansado pero en paz. Pensó: Lo único que yo quería en la vida era ser feliz y no lo conseguí.

El silencio. No llegaba a tener percepción del tiempo. Calma. Cerró los ojos. Cuando los volvió a abrir se sintió desorientado. Ya no estaba en su sillón. Se encontraba tumbado en un dormitorio blanco con poca luz. De nuevo percibió con claridad las arrugas que atestiguaban en su piel el paso del tiempo. Cuando miró hacia su izquierda sus ojos se fijaron en la vía que salía de su brazo y que llegaba hasta la bolsa de suero y medicina que colgaba al lado de la cama. Y allí estaba. Sentado en la silla de las visitas había un hombre que aparentaba se alto y delgado, totalmente vestido de negro y cuyo rostro estaba extrañamente pálido. El hombre le miraba con cara seria bajo un sombrero también negro. No tenía ni la más remota idea de quien podría ser ni estar haciendo allí, pero no le importaba, se sentía tranquilo y tras varios días de sufrimiento y terribles padecimientos hoy no tenía dolor alguno... entonces lo comprendió... cerró los ojos y se dejó llevar.

Comentarios