Noites de xadrez e licor / Noches de ajedrez y licor

23/02/2019 - Nikon D3400 - 125mm - ISO 100 - f/22 - 8s

Non sería a primeira vez que alguén me pregunta se existe retoque nesta imaxe porque a irradiación, que é o recurso narrativo máis forte que usei para sorprender ao espectador, así parece indicalo, pero nada máis lonxe da realidade. Tan so revelei o arquivo RAW tocando os niveis básicos, nada máis. Nesta imaxe non hai trampa nin cartón, nin truco mediante aplicacións informáticas de ningún tipo.

Comecemos entendendo a inclinación do licor que non era tal, senón auga tinguida, que por certo, derramouse varias veces por culpa de fallos na montaxe do escenario tédeo en conta se queredes imitar a captura.

Para conseguir o efecto do licor inclinado tiña que buscar, obviamente, unha inclinación na súa base, a mesma que logo colocaría na cámara que será disparada desde un trípode e axudada por un disparador remoto. Dese xeito, na captura parecerá un plano inclinado cando na realidade non foi así.

Para a base usei o propio taboleiro do xadrez de cristal. O xadrez de cristal o podedes mercar en calquera bazar sen necesidade de gastar moitos cartos, non o pidades prestado porque igual non o podedes devolver íntegro. Para pegar cristal con cristal, tan usei silicona, pero aínda así, debedes ser rápidos pois o peso do líquido (se queredes un recipiente tan grande e que encha o encadre) pode facer que se vos despegue todo e vos estrague a captura.

Usei tamén un flash de zapata pero fóra de cámara, controlado tamén por infravermellos. Fun probando a súa posición e potencia con cada disparo ata acadar o resultado que máis me gustaba.

E por último e máis importante, a irradiación. Para ela usei un simple teléfono móbil, ou mellor dito, a súa lanterna LED. Coloqueino baixo un cristal de color escuro, polarizado (sobre o que tiña instalado todo o escenario) e a luz, ao pasar entre ese vidro polarizado e chegar ao taboleiro de cristal que tamén tiña uns cadros máis opacos ca outros, fixo ese efecto. Máis non lle podía pedir!

Logo so tiven que recortar o encadre un nadiña e axustar cores, contraste, etc.. Para que vexades o RAW e os datos de disparo déixovos baixo o comentario unha captura de pantalla do propio programa de revelado nativo de Nikon. Vas ver as cores apagadas, pero ten en conta que é un arquivo en crú. Se disparas en JPG tan so tes que decidir o estilo de color que queres, supoño que algo vívido ou intenso lle quedaría ben.




No sería la primera vez que alguien me pregunta si existe retoque en esta imagen porque la irradiación, que es el recurso narrativo más fuerte que utilicé para sorprender al espectador, así parece indicarlo, pero nada más lejos de la realidad. Solamente revelé el archivo RAW tocando los niveles básicos, nada más. En esta imagen non hay trampa nin cartón, ni truco mediante aplicaciones informáticas de ningún tipo.

Comencemos entendiendo la inclinación del licor (que no era tal, sino agua tintada, que por cierto, se derramó varias veces por culpa de fallos en el montaje del escenario, tenedlo en cuenta si queréis imitar la captura.

Para conseguir el efecto del licor inclinado tenía que buscar, obviamente, una inclinación en su base, la misma que luego colocaría en la cámara que será disparada desde un trípode y ayudada por un disparador remoto. De esta forma, en la captura parecerá un plano inclinado cuando en realidad no fue así.

Para la base utilicé el propio tablero del ajedrez de cristal. El ajedrez de cristal lo podéis adquirir en cualquier bazar sin necesidad de gastar un dineral, no lo pidáis prestado porque igual lo podéis devolver íntegro. Para pegar cristal con cristal, usé silicona, pero aún así, debéis ser rápidos pues el peso del líquido (si queréis un recipiente tan grande y que llene el encuadre) puede hacer que se os despegue todo y os estropee la captura.

Usé también un flash de zapata pero fuera de cámara, controlado también por infrarrojos. Fui probando su posición y potencia con cada dispara hasta obtener el resultado que más me gustaba.

Por último y más importante, la irradiación. Para ella utilicé un simple teléfono móvil, o mejor dicho, su linterna LED. Lo coloqué bajo un cristal de color oscuro, polarizado (sobre el que tenía instalado todo el escenario) y la luz, al pasar entre ese vidrio polarizado y llegar al tablero de cristal que también tenía unos cuadros más opacos que otros, produjo ese efecto. ¡Más no se le puede pedir!

Después solo tuve que recortar un poquito el encuadre y ajustar colores, contraste, etc.. Para que podáis ver el RAW y los datos de disparo os dejo bajo el comentario una captura de pantalla del propio programa de revelado nativo de Nikon. Vas a ver los colores apagados, pero ten en cuenta que es un archivo en crudo. Si disparas en JPG tan solo tienes que decidir el estilo de color que quieres, supongo que vívido o intenso le quedaría bien.

Captura de pantalla del programa de escritorio ViewNX-i de Nikon para Windows y Mac

Comentarios