Os leóns mariños de Talcahuano / Los lobos marinos de Talcahuano


Cando visitei Concepción (Chile, Rexión do Bio-Bio), leváronme ata Talcahuano, unha localidade costeira e portuaria onde tamén podemos atopar unha das principais bases navais da Armada dese país. 

A oferta gastronómica tampouco está mal e puidemos comer peixes e mariscos algo distintos dos nosos galegos, pero que nada teñen que envexarlle, a calidade non está nada mal. Unha persoa acostumada aos praceres do mar ao telo tan preto, sempre agradece visitar lugares así. Séntese un coma na casa e iso mingua considerabelmente a morriña.

Pero Talcahuano tamén é moi coñecida por unha veciñanza moi especial, os leóns mariños (Otaria Flavescens) ou lobos mariños en español. A poboación destes animais é tan importante que algún deles tense aventurado a cruzar estradas e chegado incluso ata os locais de ocio... algo que á veciñanza humana quizais non lle faga moita graza pero ao turista atopar unha escena así pódelle resultar moi divertida.

Non todo é bonito para estes animais salvaxes, pois téñense denunciado casos de intentos de exterminio por parte dalgún energúmeno, pero non é a tónica habitual e de feito, os chilenos son moi respectuosos coa fauna. Alí o que máis e o que menos acolle algunha mascota, xeralmente cans, na súa casa.

Pero hoxe quérovos falar dun león mariño en particular. O que estiven a fotografar ou que máis ben se deixou fotografar. Resultou ser famoso na zona e ten unha historia que vos debo contar para que non caia no esquecemento.

Talcahuano é un exemplo, como dicía, de convivencia entre leóns mariños e humanos a pesar de ter un gusto culinario semellante: o peixe. Porén, non hai moito conflito entre pescadores e depredadores. Pero de cando en vez acontece un accidente e o noso amigo un día quedou enganchado nunha rede.

As autoridades trataban de rescatalo pero non eran capaces. Botou varios días enganchado polo pescozo e cada vez que o tentaban liberar, o propio animal, polos nervios, mancábase cada vez máis. A ferida que a soga lle producía era cada vez máis profunda e a súa vida estaba en serio perigo pois podía acabar decapitándose.

Fixo falta a axuda especializada que logo dun duro e minucioso traballo que incluíu a sedación do animal, conseguiron sacalo da trampa mortal. Cando eu o fotografei aínda as feridas eran moi visíbeis e impactantes, pero penso que pouco a pouco irase recuperando. 

Esta historia a min emocióname en particular porque faime recuperar a esperanza na humanidade. Non  todo está perdido.

Cuando visité Concepción (Chile, Región del Bio-Bio), me llevaron hasta Talcahuano, una localidad costera y portuaria donde también podemos encontrar una de las principales bases navales de la Armada de ese país.

La oferta gastronómica tampoco está mal y pudimos comer pescados y mariscos algo distintos a los nuestros gallegos, pero que nada tienen que envidiarle, la calidad non está nada mal. Una persona acostumbrada a los placeres del mar al tenerlo tan cerca, siempre agradece visitar lugares así. Se siente uno como en casa y eso reduce considerablemente la morriña.

Pero Talcahuano también es muy conocida por un vecindario muy especial, los leones marinos o lobos marinos (Otaria Flavescens). La población de estos animales es tan importante que alguno de ellos se tiene aventurado a cruzar las carreteras y llegado incluso hasta los locales de ocio... algo que al vecindario humano quizás no le haga mucha gracia pero que al turista encontrar una escena así le puede resultar muy divertida.

No todo es bonito para estos animales salvajes, pues se tienen denunciado casos de intentos de exterminio por parte de algún energúmeno, pero no es la tónica habitual y de hecho, los chilenos son muy respetuosos con la fauna. Allí el que más o el que menos acoge alguna mascota, generalmente perros, en su casa.

Pero hoy os quiero hablar de un león marino en particular. El que estuve fotografiando o que más bien se dejó fotografiar. Resultó ser famoso en la zona y tiene una historia que os debo contar para que no caiga en el olvido.

Talcahuano es un ejemplo, como decía, de convivencia entre leones marinos y humanos a pesar de tener un gusto culinario parecido: el pescado. Sin embargo, no hay muchos conflictos entre pescadores y depredadores. Pero de vez en cuando sucede un accidente y nuestro amigo un día quedó enganchado a una red.

Las autoridades trataban de rescatarlo pero no eran capaces. Estuvo varios días atrapado por el pescuezo y cada vez que lo intentaban liberar, el propio animal, debido al nerviosismo, se dañaba cada vez más. La herida que la soga le producía era cada vez más profunda y su vida estaba en serio peligro pues podría terminar decapitándose.

Hizo falta la ayuda especializada que después de un duro y meticuloso trabajo que incluía la sedación del animal, consiguieron sacarlo de la trampa mortal. Cuando yo lo pude fotografiar todavía sus heridas eran visibles e impactantes, pero creo que poco a poco se irá recuperando.

Esta historia a mi me emociona en particular porque me hace recuperar la confianza en la humanidad. Non todo está perdido.







Comentarios