Zomming ás Torres Hejduk

25/02/2018 - NIKON D3400 - 36mm - ISO 100 - f/6.3 - 1,3s

Esta fotografía foi unha das primeiras que capturei coa miña réflex de iniciación e téñolle tanto cariño que forma parte das que están impresas e expostas no salón do meu fogar e que ademais, xeralmente non deixa indiferente a ningún observador ao tratarse dun fito compostelán baixo un punto de vista distinto ao acostumado.

Non era a miña intención buscar unha fotografía nocturna, pero atrapounos a noite e quedeime pasmado observando o cambio de cor da iluminación das Torres Hejduk que pasaban dun branco a un vermello intermitente.

Antes de que se me ocorrese a idea do zooming probei a capturar por separado as cores e funme acostumando a calcular mentalmente o intre exacto do cambio de luz. Logo pasei a practicar fotografía de retrato á miña filla que xogaba nas randeeiras que construíron ao carón.

Nunha desas foi cando se me ocorreu a idea. O problema era que a pesar de levar un trípode sempre no coche, non tiña moita gaña de ir collelo e montalo. A miña única pretensión era probar o obxectivo zoom que viña no kit coa cámara (o 18-55mm), así que tentando estabilizar a cámara apoiando os cóbados nas propias randeeiras, a man alzada fun probando distintas velocidades e movementos do zoom ata poder chegar a capturar un cambio de cores na iluminación.

Ese paso do branco ao vermello capturado nunha exposición a velocidades de obturación lentas, foi a que logo no revelado mostrou esas tonalidades tan atractivas e que nos causan esa sorpresa inicial cando a vemos. Logo, se nos fixamos moito, vemos que a foto non é perfecta e que se pode mellorar moitísimo, pero sinceramente, así foi como a capturei ese día e namoroume tanto que non penso repetila. Trátase dunha fotografía nocturna que basea a súa mensaxe na irradiación.





Esta fotografía fue una de las primeras que capturé con mi réflex de iniciación y le tengo tanto cariño que forma parte de las que están impresas y expuestas en el salón de mi hogar que además,  generalmente no deja indiferente a ningún observador al tratarse de un hito compostelano bajo un punto de vista distinto al habitual.

No era mi intención buscar una fotografía nocturna, pero nos atrapó la noche y me quedé embelesado observando cómo cambiaba el color de la iluminación de las Torres Hejduk que pasaban de un blanco a un rojo intermitentemente. 

Antes de que se me ocurriese la idea del zooming probé a capturar por separado los colores y me fui acostumbrado a calcular mentalmente el instante exacto del cambio de luz. Después pasé a practicar fotografía de retrato a mi hija que jugaba en los columpios que construyeron al lado.

En una de esas fue cuando se me ocurrió la idea. El problema era que a pesar de llevar un trípode siempre en el coche, no tenía muchas ganas de ir a por él y montarlo. Mi única pretensión era probar el objetivo zoom que venía en el kit con la cámara (el 18-55mm), así que intentando estabilizar la cámara apoyando los codos en los propios columpios, a mano alzada fui probando distintas velocidades y movimientos del zoom hasta poder llegar a capturar un cambio de colores en la iluminación.

Ese paso de blanco a rojo capturado en una exposición a velocidades de obturación lentas, fue lo que luego en el revelado mostró esas tonalidades tan atractivas y que nos causan ese impacto inicial cuando la vemos. Después, si nos fijamos mucho, vemos que la foto no es perfecta y que se puede mejorar muchísimo, pero sinceramente, así fue como la capturé ese día y me enamoré tanto que no pienso repetirla. Se trata de una fotografía nocturna que basa su mensaje en la irradiación.

Comentarios