Un molesto pasaxeiro / Un molesto pasajero

Publicación bilingüe (galego/español)

Ir a versión ESPAÑOL

[GALEGO]

Non sei se a vós vos acontece, pero coma eu non son biólogo e non teño intención de parecelo, cóstame moito identificar ás especies que fotografío. Porén, non podo evitar facelo.
 
Cando este molesto mosquito veume facer compaña e tratar de chucharme-lo sangue sen achicarse a pesar da miña clara superioridade coma especie, non tardei en collerlle certa simpatía alo menos polo valente que me pareceu. 


Usando unha bolsa chea de graos de arroz coma estabilizador e axudado duns tubos de extensión, puiden acadar estas tomas tan espectaculares e que ó mesmo tempo prodúcenme certo terror unha vez descuberto o verdadeiro rostro desta criatura que non pode deixar de lembrarme a un famoso alieníxena protagonista dunha das mellores sagas cinematográficas da ciencia ficción, alo menos pra min.

Nun primeiro intre pensei que estaba ante un mosquito tigre debido a esas cores tan particulares das que presume, pero co tempo decateime que o nome do mosquito tigre é Aedes albopictus e iso lévanos pensar nunhas raias brancas e negras.

Así que ó final, alimentando a miña curiosidade, casi prefiro decantarme por un mosquito máis común chamado Culex molestus e cuxo nome pode ser usado tamén pra facer chistes sinxelos e que provén á súa vez doutro nome aínda máis común: o Culex pipiens que de feito, nun primeiro intre foi chamado Culex pipiens molestus... supoño que a alguén lle pareceu máis explícito quitarlle-lo de Pipiens.

[ESPAÑOL]

No sé si a vosotros os sucede, pero como yo no soy biólogo y no tengo intención de parecerlo, me cuesta un montón identificar a las especies que fotografío. Sin embargo, no puedo evitar hacerlo.
 
Cuando este molesto mosquito me vino a hacer compañía y tratar de chuparme la sangre sin achicarse a pesar de mi clara superioridad como especie, no tardé en cogerle cierta simpatía al menos por lo valiente que me pareció.

 
Usando una bolsa llena de granos de arroz como estabilizador y ayudado de unos tubos de extensión, pude lograr estas tomas tan espectaculares y que al mismo tiempo me producen cierto terror una vez descubierto el verdadero rostro de esta criatura que no puede dejar de evocarme a un famoso alienígena protagonista de una de las mejores sagas cinematográficas de la ciencia ficción, al menos para mi.
 
En un primer momento pensé que estaba ante un mosquito tigre debido a eses colores tan particulares de las que presume, pero con el tiempo me di cuenta de que el nombre del mosquito tigre es Aedes albopictus y eso nos lleva a pensar en unas rayas blancas y negras.

 
Así que al final, alimentando mi curiosidad, casi prefiero decantarme por un mosquito más común llamado Culex molestus y cuyo nombre puede ser usado también para hacer chistes fáciles y que proviene a su vez de otro nombre todavía más común: el Culex pipiens que de hecho, en un primer momento fue llamado Culex pipiens molestus... supongo que a alguien le pareció más explícito quitarle lo de Pipiens.

Comentarios

Publicacións populares