O sapo dos meus contos / El sapo de mis cuentos

Publicación bilingüe (galego/español) 

Ir a versión en ESPAÑOL

[GALEGO]

BUFO BUFO

Un sapo común

Coñecido tamén coma sapo europeo e cuxo nome científico é Bufo bufo, trátase dun dos anfibios máis comúns aínda que difíciles de ver e menos aínda se non os estás a buscar, pois ten o costume de permanecer oculto durante todo o día saíndo no solpór cando precisa cazar pra alimentarse, xeralmente de invertebrados.

 
É bastante lento e torpe, o que facilita a súa observación e, por suposto, fotografalo. Cando tenta moverse de xeito máis apresurado faino mediante pequenos saltiños.

Non é pra nada parvo e sabe cando está a ser vixiado pero aínda que o susto ante a túa presencia non llo vai quitar ninguén, ó igual que ante calquera ameaza, permanecerá quedo tratando de camuflarse coa contorna e agardando a que por casualidade non te fixases nel, moi atento as túas reaccións. Se consegues relaxalo e que non sinta perigo, irache conducindo lentamente cara o seu refuxio que normalmente consistirá nun buraco que el mesmo escaravellou sobre o terreo.

A min encántame saír a fotografar pola noite xa que na máis absoluta escuridade e soedade amplifícase cada son e moitas veces é o que te axuda a curar certos prexuízos e medos infundados. Escoitar moverse as hervas baixo os meus pés fixo que pensase en demasiados perigos que remataron sendo este simpático amigo.


Protagonista de contos e lendas

Trátase dun ser vivo que na nosa cultura sofreu sempre da estigmatización de estar relacionado coa bruxería e co Diaño, así que non podemos presumir de telo tratado de xeito nin moito menos aceptábel e será tamén por elo que sentín moita empatía por el desde o mesmo instante no que notei a súa presenza.

Non son animais moi voluminosos, os machos adoitan chegar ós oito centímetros mentres cas femias poden chegar ós trece ou quince centímetros.

O sapo é o protagonista de moitos dos nosos contos infantís pero acontécelle algo semellante ó lobo, non son moitas as historias co deixan en bo lugar. A ficción foise cebando inxustamente con eles ó longo da Historia.

Buscando a Bufonidae

Se vos son sincero, o encontro co noso pequeno amigo foi bastante casual pois non estaba na procura da especie e moito menos facendo fotografía de fauna cando tiven a grandísima sorte de cruzarme no seu camiño.

Estaba a fotografar un faro na metade da noite e durante unha desas longas exposicións escoitei un son ó meu redor. Acendín a lanterna do meu móbil con moito coidado de non botar a perde-la exposición e busquei ata dar coa orixe do son.

Non podo chegar a imaxina-lo susto que levou cando o seu nocturno e escuro mundo de socato enchéuse de claridade... abondo coma pra causarlle unha inmerecida molestia.

A miña cámara principal estaba a fotografar sobre trípode un encadre moi concreto que quería traballar, así que o teléfono móbil volveu se-lo meu mellor aliado e grazas a que confío tanto nestes pequenos sensores puiden obter a miña instantánea mentres que o noso amigo Bufo regresaba á seguridade do seu fogar.

Teño que admitir que este tipo de encontros, lonxe de molestarme, encántanme. Sempre trato de seres moi coidadoso. Se te fixas ben no esquema de iluminación da foto trato de impedir que lle incida directamente nos ollos, pra nada a uso dun xeito frontal. Nunca lles faría unha foto co flash do meu dispositivo móbil xa que non deixa de ser unha fonte de luz contínua, moi lenta pró mundo animal. Pero a vantaxe de saír fotar polas noites é que as lámpadas non son ferramentas que precisamente deberan faltar na túa mochila.



[ESPAÑOL]

BUFO BUFO

Un sapo común

Conocido también como sapo europeo y cuyo nombre científico es Bufo bufo, se trata de uno de los anfibios más comunes aunque difíciles de ver y menos aún si no los estás buscando, pues tiene la costumbre de permanecer oculto durante todo el día saliendo al ponerse el sol cuando necesita cazar para alimentarse, generalmente de invertebrados.

Es bastante lento y torpe, lo que facilita su observación y, por supuesto, fotografiarle. Cuando intenta moverse de forma más apresurada lo hace mediante pequeños saltitos.

No es para nada tonto y sabe cuando está siendo vigilado pero aunque el susto ante tu presencia no se lo va a quitar nadie, al igual que ante cualquier amenazza, permanecerá inmóvil tratando de mimetizarse con el entorno y esperando a que por casualidad no te hubieses fijado en él, muy atento a tu reacción. Si consigues que se relaje y que no se sienta en peligro, te irá conduciendo lentamente hacia su refugio que normalmente consistirá en un agujero que él mismo escavó sobre el terreno.

A mi me encanta salir a fotografiar por la noche ya que en la más absoluta obscuridad y soledad se amplifica cada sonido y muchas veces es lo que te ayuda a curar ciertos prejuicios y miedos infundados. Escuchar moverse las hierbas bajo mis piés hizo que pensase en demasiados peligros que terminaron siendo este simpático amigo.


Protagonista de cuentos y leyendas

Se trata de un ser vivo que en nuestra cultura ha sufrido siempre la estigmatización de estar relacionado con la brujería y con el Demonio, así que no podemos presumir los seres humanos de haberlo tratado de forma ni mucho menos aceptable y será también por ello que sentí bastante empatía por él desde el mismo instante en el que noté su presencia.

No son animales muy voluminosos, los machos suelen llegar a los ocho centímetros mientras que las hembras pueden alcanzar los trece o quince centímetros.

El sapo es el protagonista de muchos de nuestros cuentos infantiles pero le sucede un poco lo que al lobo, no son muchas las historias que lo dejan en buen lugar. La ficción se fue cebando injustamente con ellos a lo largo de la Historia.

Buscando a Bufonidae

Si os soy sincero, el encuentro con nuestro pequeño amigo fue bastante casual pues no estaba en busca de la especie y mucho menos haciendo fotografía de fauna cuando tuve la grandísima suerte de cruzarme en su camino.
 
Estaba fotografiando un faro en mitad de la noche y durante una de esas largas exposiciones escuché un sonido a mi alrededor. Encendí la linterna de mi móvil con mucho cuidado de no estropear la exposicón y busqué hasta dar con el origen del sonido.
 
No puedo llegar ni a imaginar el susto que se llevó cuando de repente su nocturno y obscuro mundo se llenó de claridad... suficiente como para causarle una inmerecida molestia.
 
Mi cámara principal estaba fotografiando sobre trípode un encuadre muy concreto que quería trabajar, así que el teléfono móvil volvió a ser mi mejor aliado y gracias a que confío tanto en estos pequeños sensores pude obtener mi instantánea mientras que nuestro amigo Bufo regresaba a la seguridad de su hogar.
 
Debo admitir que este tipo de encuentros, lejos de molestarme, me encantan. Siempre trato de ser muy cuidadoso. Si te fijas bien en el esquema de iluminación de la foto trato de impedir que le incida directamente en los ojos, para nada la uso de forma frontal. Nunca les haría una foto con el flash de mi dispositivo móvil ya que no deja de ser una fuente de luz contínua, muy lenta para el mundo animal. Pero lo ventajoso de salir a fotografiar por las noches es que las linternas no son herramientas que te vayan a faltar en tu mochila.

Comentarios

Publicacións populares