Pequenas escoltas / Pequeñas escoltas

Publicación gilingüe (galego/español) 

Ir a versión en ESPAÑOL

[GALEGO]

Araneae eresoidea oecobiidae

Os ecóbidos son unha clase de arácnidos moi comúns e, sobretodo, moi pequenos. O seu tamaño non evitará os medos daqueles quenes padecemos esa inexplicábel, irracional e ilóxica fobia ou medo ante eses seres: a aracnofobia, xa que son totalmente inocuas prós seres humanos.

Esas pequechas arañiñas que temos no fogar

Non teñen un tamaño superior a uns dous milímetros e fabrican a súa arañeira en calquera fendedura que poidan atopar na vivenda.

Coma calquera outro arácnido, fan un gran servizo de control de pragas e témoslles moito que agradecir, así que pénsao mellor antes de rematar cun ser tan pequeniño e que ademais non che supón ningún tipo de molestia.


En canto notan a nosa presencia fuxen rapidamente e o seu pequeno tamaño facilítalles moito esa fuxida. É por elo que descubriremos realmente moitas menos das que poidamos ter pola casa.

Son moi rápidas camiñando e tamén tecendo un fío case invisíbel pra desprazarse e que poderían usar tamén durante a fuxida.

A sesión fotográfica

O descubrimento desta pequena na nosa casa foi posíbel grazas ó susto da nosa filla que estaba a estudar cando por algo que aínda non chego a comprender, á nosa amiga de oito patas non se lle ocorreu outra cousa mellor pra facer que baixar a explora-la habitación na que se atopaba.

A nosa filla é a mellor alarma que pode existir pra avisar da presenza dalgún ser vivo paseando polo noso fogar, forme parte ou non das nosas mascotas e, a meirande parte das miñas fotografías de insectos feitas na casa non sería posíbeis sen ela.

Unha vez recollida con moito mimo, non tiñamos moito tempo pra montar un set fotográfico, pois en dez minutiños eu tiña que saír zoando pró traballo.

Usamos dúas lámias de cartón pruma de cor branca; unha coma fondo e outra coma superficie, ámbalas dúas suxeitas con pinzas pra que o "estudio" non se nos viñese abaixo.

O primeiro que tiña a man era un antigo lente analóxico da marca Zenit, un Helios 44M6  que coloquei invertido con axuda dun aro adaptador  pra lentes de 58mm al 12-42mm dos que trae o kit da miña pequena Olympus OM-D E-M10 Mk III.
 
Colocar este lente diante dun angular produce un viñeteo bastante pronunciado, pero grazas a que o lente do kit é de focal variábel, puiden elexir unha distancia focal máis estándar e usar coma "lupa" ó Helios.

A iluminación foi moi sinxela. Primeiro probei cunha lanterna que tiña a man cun faz de luz regulábel, pero atopeime co problema de que ó ser de tipo LED producía parpadexo e algunhas zonas recogíanse en negro, o que impedía ademais subí-la velocidade pois ese efecto acentuábase... é o malo da luz contínua e polo que a min gústame tanto o uso do flash.

Amósoche ese efecto do que che falo a continuación porque a fotografía coido non merece perderse nos arquivos dun disco duro e nesta en cuestión ofrece unha sensación de abismo no camiño que toma a nosa amiguiña:


Así foi coma tiven que confiar no estabilizador do corpo da miña pequena Olympus xa que nin trípode tiña tempo de montar e perseguindo coma podía á pequena e veloz arañiña, tratando de asustala o menos posíbel, puiden obter algunha imaxe frontal aínda que cecais non coa nitidez que eu quixera.

Pode que noutra ocasión me colla con máis tempo pra gozar da sesión; pero mentres, aquí deixovos unhas cantas imaxes dese milimétrico ser que cando observas con certa magnificación chámate moito máis a atención.

Se por algo gozo da fotografía macro e de aproximación, é porque enaltece e dignifica ós seres máis pequeniños, o cal paréceme xusto tamén porque a meirande parte deles son seres magníficos.


[ESPAÑOL]

Araneae eresoidea oecobiidae

Los ecóbidos son unos arácnidos muy comunes en nuestras viviendas y sobre todo, muy pequeños. Su tamaño no evitará los miedos de aquellos quienes padecemos esa inexplicable, irracional e ilógica fobia o miedo ante esos seres: la aracnofobia, ya que son totalmente inocuas para los seres humanos.


Esas pequeñitas arañitas que tenemos en el hogar

No tienen un tamaño superior a unos dos milímetros y fabrican su tela en cualquier hendidura que puedan encontrar en la vivienda.
 
Como cualquier otro arácnido, realizan un gran servicio de control de plagas y les tenemos mucho que agradecer, así que piénsalo mejor antes de acabar con un ser tan pequeñito y que además no te supone ningún tipo de molestia.


En  cuanto notan nuestra presencia huyen rápidamente y su pequeño tamaño les facilita mucho esa huida. Es por ello que descubriremos realmente muchas menos de las que podamos tener por la casa.
 
Son muy rápidas caminando y también tejiendo un hilo casi invisible para desplazarse y que podrían utilizar también durante su fuga.


La sesión fotográfica

El descubrimiento de esta pequeña en nuestra casa fue posible gracias al susto de nuestra hija que estaba estudiando cuando por algo que aún no llego a comprender, a nuestra amiga de ocho patas no se le ocurrió otra cosa mejor para hacer que bajar a explorar la habitación en la que se encontraba.
 
Nuestra hija es la mejor alarma que puede existir para avisar de la presencia de algún ser vivo paseando por nuestra vivienda, forme parte de nuestras mascotas o no, y la mayoría de mis fotografías de insectos realizadas en casa no serían posibles sin ella.


Una vez recogida con mucho mimo, no disponíamos de demasiado tiempo para montar un set fotográfico, pues en diez minutillos yo tenía que salir pitando para el trabajo.
 
Usamos dos planchas de cartón pluma de color blanco; una como fondo y otra como superficie, ambas sujetas con pinzas para que el "estudio" no se nos viniese abajo.


Lo primero que tenía a mano era un antiguo objetivo analógico de la marca Zenit, un Helios 44M6 que coloqué invertido con ayuda de un aro adaptador para objetivos de 58mm al 12-42mm que trae el kit de mi pequeña Olympus OM-D E-M10 Mk III.
 
Colocar este objetivo delante de un angular produce viñeteo bastante pronunciado, pero gracias a que el objetivo de kit es de focal variable, pude elegir una distancia focal más estándar y usar como "lupa" al Helios.


La iluminación fue muy simple. Primero probé con una linterna que tenía a mano con un haz de luz regulable, pero me encontré con el problema de que al ser del tipo LED producía parpadeo y algunas zonas se recogían en negro, lo que impedía además subir la velocidad pues ese efecto se acentúa... es lo malo de la luz continua y por lo que a mi me gusta tanto el uso de flash.
 
Te muestro ese efecto del que te hablo a continuación porque la fotografía creo que no merece perderse en los archivos de un disco duro y en esa en cuestión ofrece una sensación de abismo en el camino que toma nuestra amiguita:


Así fue como tuve que confiar en el estabilizador del cuerpo de mi pequeña Olympus ya que ni trípode tenía tiempo de montar y persiguiendo como podía a la pequeña y rápida arañita, tratando de asustarla lo menos posible, pude obtener alguna imagen frontal aunque quizás no con la nitidez que hubiese deseado.

Puede que en otra ocasión me pille con más tiempo para disfrutar de la sesión; pero mientras, aquí os dejo unas cuantas imágenes de ese milimétrico ser que cuando ves con cierta magnificación te llama mucho más la atención.


Si por algo me gusta la fotografía macro y de aproximación, es porque engrandece y dignifica a los seres más pequeñitos, lo cual también me parece justo porque la mayoría de ellos son seres magníficos.

Comentarios

Publicacións populares