Un sapoconcho chinés con tres crestas / Una tortuga china con tres crestas

Publicación bilingüe (galego/español) 

Ir a versión en ESPAÑOL

 

[GALEGO]

Mauremys reevesii

A tartaruga chinesa crestada é unha especie moi peculiar e nesta publicación preséntoche a un destes exemplares.

 

 

A especie

Ten un nome científico algo complexo: Mauremys reevesii, aínda que non sempre foi así, noutro tempo chamábaselle Chinemys reevesii que ven sendo algo así coma tartaruga de reeves, tamén coñecida coma tartaruga chinesa crestada.

 
Trátase dun animal bastante máis listo do que nos puidese parecer e tamén moi tranquilo. Sería unha gran mascota se non estivese na Listaxe Vermella de animais protexidos, pois a súa especie vese ameazada por un serio risco de inminente extinción. Por elo foi que chegouse un día a un acordo internacional que prohibe a importanción deste pequeno animal; porén e por desgraza, este acordo non é respectado por tódolos países.
As femias desta especie son moito máis grandes cos machos e no caso deste exemplar, que é deste último xénero, coido está chegando xa o seu límite de envergadura.
Esta especie de sapoconcho acuático asiático atópase distribuído por augas do Xapón, Corea, Taiwán e China. Pero os humanos masacrámo-la súa poboación pra usala na fabricación de alimento e menciñas.Tamén fomos destruíndo o seu hábitat, o que dificulta aínda máis a súa supervivencia en estado salvaxe.
Se non sofren problemas de crecemento, a súa cuncha pode chegar a medir duns once a uns vintecatro centímetros de lonxitude.

A sesión de fotos

Estas fotos foron quitadas todas a man alzada e axudeime por tubos de extensión que foron acoplados entre o corpo e o lente pra poder reduci-la distancia mínima de enfoque. Fíxena dentro e fora do acuario, pero sempre nun ambiente limpo e controlado priorizando a protección do animal.

O truco pra unha sesión de fotos con este tipo de animal é, obviamente, gañarte a súa confianza a base de xogos. Non hai máis!

 Obviamente, o sapoconcho móvese e sobretodo cando non entende que estás a xogar con el, pudendo chegar a pórse moi tenso. É preciso ir con moito tino e ós poucos. Tes que armarte de paciencia pra obturar no mesmo intre no que se deteña e permaneza atenta ó teu seguinte movemento. Procuro facer que vaia seguindo a miña man, que vou pasándolle por diante e ó longo de todo o acuario, dun lado cara o outro e moi despaciño.
Ten o costume de xogar ou ben buscándote ou ben fuxíndote, así que non sempre quererá que interactúes con ela dirixindo ti o movemento. Sabes que deixa de sentir medo cando xa non se oculta e xusto cando pense que perdeches interese por ela, sorprendentemente tratará de chama-la túa atención dun xeito moi activo.
Cando chega ese intre, un dos xeitos de chama-la atención podería ser adoptando unha postura intimidatoria. Ergue o seu corpo sobre as súas patas asemellándose moito a un gorila. Sorprende moito a altura que é capaz de acadar. A primeira vez que me fixo tal cousa crin que por algo estaba molesta, pero pronto decateime de que non era así, que seguramente sexa unha posición agresiva pra cando se sinte ameazada, pero ese non era o caso. Tan só desexaba que seguise a xogar con ela.
Durante tódala sesión non tiven ningún intre de tensión con ela e dese xeito puiden troca-la dirección do xogo e agardar a que se achegase curiosa ó lente. Eses foron os mellores momentos pra obturar e agradézolle enormemente eses marabillosos agasallos e a súa xenerosidade.

Primeirísimos primeiros planos

Prá sesión de retrato na que vemos o seu olliño moito máis preto e na que se atopa no exterior do seu acuario, cambiei os tubos de extensión por un lente analóxico que uso coa miña vella Zenit 122: un Helios 44M6 que posto diante do meu lente kit de focal variábel na súa lonxitude máis estándar, amplifica coma unha lupa calquera suxeito co que se tope por diante.

Esta técnica obrígache a achegarte moitísimo; tanto que incluso no ollo da tartaruga poderás ver reflectido o lente. Con todo, non estivo exposta en ningún momento a estrés nin a nada que a tivese violentado. Sentíuse cómoda en todo momento.

Lembra que cando quitas fotos deste tipo debes ante todo agradecer ós modelos, sexan ou non humanos, o esforzo e a paciencia que teñen, pois a metade do éxito correspóndelles a eles.

O seu carácter tan sociábel foi garante do éxito nesta sesión e hai que recoñecer que fermosa tamén che é un pouco esta tartaruguiña.


Agardo que gozaras un chisco coas imaxes deste animaliño e anímote a deixar os teus comentarios, dúbidas ou suxestións ás que estarei encantado de dar resposta.

[ESPAÑOL]

Mauremys reevesii

La tortuga china crestada es una especie muy peculiar y en esta publicación te presento a uno de estos ejemplares.

 

 

La especie

Tiene un nombre científico algo complejo: Mauremys reevesii, aunque no siempre fue así, habiéndosele llamado Chinemys reevesii que viene siendo algo así como tortuga de reeves, también conocida como tortuga china crestada.

 
Se trata de un animal bastante más inteligente de lo que nos pudiese parecer y también muy tranquilo. Sería una gran mascota si no estuviese en la Lista Roja de animales protegidos, pues su especie se ve amenazada por un serio riesgo de inminente extinción. Por ello fue que se llegó en su día a un acuerdo internacional que prohibe la importación y exportanción de este pequeño animal; sin embargo y desgraciadamente, este acuerdo no es respetado por todos los países.

Las hembras de esta especie son mucho más grandes que los machos y en el caso de este ejemplar, que es de los últimos, creo que está llegando ya a su límite de envergadura.

Esta especie de tortuga acuática asiática se encuentra distribuida por aguas de Japón, Corea, Taiwán y China. Pero los humanos esquilmamos su pobración para usarla en la fabricación de alimento y medicinas. También fuimos destruyendo su hábitat, lo que dificulta aún más su supervivencia en estado salvaje.

Si no sufren problemas de crecimento su caparazón puede llegar a medir de once a unos veinticuatro centímetros de longitud.

La sesión de fotos

Estas fotos fueron todas quitadas a mano alzada y me he ayudado de tubos de extensión que fueron acoplados entre el cuerpo y el objetivo para poder reducir la distancia mínima de enfoque. La hice dentro y fuera del acuario, pero siempre en un ambiente limpio y controlado priorizando la protección del animal.

 El truco para una sesión de fotos con este tipo de animales es, obviamente, ganarte su confianza a base de juegos. ¡No hay más!

 
Obviamente, la tortuga se mueve y sobre todo cuando no entiende que estás jugando con ella, pudiendo llegar a ponerse tensa. Es necesario ir con mucho cuidado y muy poquito a poco. Tienes que armarte de paciencia para obturar en el mismo instante en el que se detenga y permanezca atenta a tu siguiente movimiento. Procuro hacer que vaya siguiendo mi mano, que voy pasándole por delante y a lo largo de todo el acuario, de un lado a otro y muy despacito.

Tiene la costumbre de jugar o bien buscándote o bien escapándote, así que no siempre querrá que interactúaes con ella dirigiendo tú el movimiento. Sabes que deja de sentir miedo cuando ya no se oculta y en cuanto crea que has perdido interés por ella, sorprendentemente tratará de llamar tu atención de forma muy activa.

Cuando llega ese momento, una de las formas de llamar la atención podría ser adoptando una postura intimidatoria. Levanta su cuerpo sobre sus patas y pareciéndose mucho a un gorila. Sorprende mucho la altura que es capaz de conseguir. La primera vez que me hizo eso creí que la había molestado de alguna forma, pero pronto me di cuenta de que no era así, que seguramente sea una posición agresiva para cuando se sintiese amenazada, pero no era el caso. Tan solo deseaba que continuase jugando con ella.

Durante toda la sesión no tuve ningún momento de tensión con ella y de esa forma pude cambiar la dirección del juego y esperar a que se acercase curiosa al objetivo. Esos fueron los mejores momentos para obturar y le agradezco enormemente esos maravillosos regalos y su gran generosidad.

Primerísimos primeros planos

Para la sesión de retrato en la que vemos su ojito mucho más de cerca y en la que se encuentra en el exterior de su acuario, cambié los tubos de extensión por un objetivo analógico que utilizo con mi vieja Zenit 122: un Helios 44M6 que colocado delante de mi lente kit de focal variable en su longitud más estándar, amplifica como una lupa cualquier sujeto con el que se tope delante.

Esta técnica te obliga a acercarte muchísimo; tanto que incluso en el ojo de la tortuga podrás ver reflejado el objetivo. De todas formas, no se le expuso en ningún momento a estrés ni nada que la hubiese violentado. Se sintió cómoda en todo momento.

Recuerda que cuando haces fotografías de este tipo debes ante todo agradecer al modelo, sea o no humano, el esfuerzo y la paciencia que tienen, pues la mitad del éxito les corresponde a ellos.

Su carácter es tan sociable fue garantía de éxito en esta sesión y hay que reconocer que hermosa, esta tortuga, también es un poco.


Espero que hayas disfrutado con las imágenes de este animalito y te animo a dejar tus comentarios, dudas o sugerencias que encantado te responderé.

Comentarios

Publicacións populares