Café con choiva / Café con lluvia

Publicación bilingüe (galego/español)

Ir a versión en ESPAÑOL

[GALEGO]

Un chega a acostumarse a todo, incluso a almorzar nos peores lugares... ó que non me dou acostumado é a pedir un café cortado longo e que che poñan un café con leite dobre en vaso (¿¡!?)
 
Falta profesionalización na hostelería e a sorte é que como tamén son capaz de tomalo, non lles protesto, aínda que a factura foi máis elevada, por suposto.
 
Pero o que máis me amola co feito de non entendelo pedido é o do vaso... en vaso? café en vaso? O café debe servirse en vaixela cónica! Todo o demais é coma tomar viño cunha tapiña con queixo.
 
Queredes saber como estaba? Bon, coido que logo dunha noite nun lugar ó que tiveras preferido non ter que ir, calquera cousa sabe ben aínda que remates de cepilla-los dentes co dentrífico máis mentolado do mundo. 😉

A foto fíxena co móbil porque gustábame moito o reflexo e o fermosa que quedaba a chuvia batendo no chan do patio interior e esas gotas esvarando polo cristal dos grandes ventanais.

Diante de min había un posto onde se depositan as bandexas de recollida e cada vez que un camareiro pasaba por alí reflectíase tamén e era precisamente o que máis me chamaba na escena. Agardei paciente a telo na posición onde quería e obturei unha única vez. Así é coma me gusta fotografar, a unha única obturación porque dáme a impresión de pasar así máis desapercibido e polo tanto non altero a escena.

O contraste cromático pareceume tamén interesante e cun estilo moi cinematográfico que por suposto, potenciei un chisco no procesado da imaxe, ao que pouco lle tiven que facer.

Pra destacar os reflexos e as cores tendín á subexposición, é se callar algo que marca en parte á miña fotografía. Pra elo recomendo, non caso de procesar, facelo ó revés durante a exposición e non perder información ó recoller un escenario máis luminoso.

Querer facelo nunha obturación aumenta a posibilidade de erro e ese meu modus operandi fixo que no momento do procesado me decatase que tiña luces queimadas na parte inferior do reflexo, baixo a cadeira, onde o que vemos sexa probabelmente unha luminaria do local.
 

Datos EXIF:
Oppo Find X3 Neo 5G
ISO 539; 5,59mm (23,5mm eq.); f1.8; 1/33s

[ESPAÑOL]

Uno llega a acostumbrarse a todo, incluso a desayunar en los peores lugares... a lo que no me doy acostumbrado es a pedir un café cortado largo y que te pongan un café con leche doble en vaso (¿¡!?)

 
Falta profesionalización en la hostelería y la suerte es que como también me gusta, no les protesto, aunque la factura haya sido más elevada, por supuesto.
 
Pero lo que más me fastidia que el hecho de non entender el pedido es lo del vaso... ¿en vaso? ¿café en vaso? ¡El café debe servirse en vajilla cónica! Todo lo demás es como tomar vino con una tapita de queso.
 
¿Queréis saber cómo estaba? Bueno, creo que después de una noche en un lugar al que hubieses preferido no tener que acudir, cualquier cosa sabe bien aunque acabes de cepillarte los dientes con el dentrífico más mentolado del mundo. 😉

La foto la hice con el móvil porque me gustaba mucho el reflejo y lo bonita que quedaba la lluvia golpeando el suelo del patio interior y esas gotas resvalando por el cristal de los grandes ventanales.
 
Delante mía había un puesto donde se depositan las bandejas de recogida y cada vez que un camarero pasaba por allí se reflejaba también y era precisamente lo que más me llamaba de la escena. Esperé paciente a tenerlo en la posición que quería y obturé una única vez. Así es como me gusta fotografiar, a una única obturación porque tengo la impresión de así pasar más desapercibido y por lo tanto no altero la escena.

El contraste cromático me parecío también interesante y con un estilo muy cinematográfico que por supuesto, potencié un poquito en el procesado de la imagen, al que poco le tuve que hacer.

Para destacar los reflejos y los colores tendí a la subexposición, es quizás algo que define mi fotografía. Para ello recomiendo, en el caso de procesar, hacerlo al revés durante la exposición y no perder información al recoger un escenario más luminoso.

Querer hacerlo en una obturación aumenta la posibilidad de error y ese modus operandi mío hizo que en el momento del procesado me diese cuenta de que tenía las luces quemadas en la parte inferior del reflejo, bajo la cadera, donde lo que vemos sea probablemente un foco del local.

Datos EXIF:
Oppo Find X3 Neo 5G
ISO 539; 5,59mm (23,5mm eq.); f1.8; 1/33s

Comentarios

Publicacións populares