Chinchando no amorodo / Chinchando en la fresita

Publicación bilingüe (galego/español) 

Ir a versión en ESPAÑOL

[GALEGO]

Dolycoris baccarum

En xeral, coñecemos a esta especie como chinche do amorodo. A cor cebrada das súas antenas a diferencia da chinche mediterránea ou Carpocoris mediterraneus.


Coñecendo cousiñas desta especie

Aliméntase do zume dos talos e tamén dos froitos, o que a converte nunha eterna inimiga dos labregos e por elo está vista coma unha praga.

Non lles gusta nada o frío e a pesar de que os adultos viven entre uns catro e seis meses de media, cando baixan as temperaturas hibernan en lugares coma fendas entre as paredes ou rochas, cortiza das árbores ou incluso baixo as pedras ata que as temperaturas volvan subir.


Así e todo, non sofren moitos problemas á hora de perpetuar a especie debido a que no seu ciclo vital poden chegar a poñer entre cinco e sete veces cunha media de trinta ovos en cada unha.

A día de hoxe podemos atopalas por Europa, Asia mailo Norte de África, en lugares onde non falten as hortas, os xardíns e os bosque preto da auga onde atopan con facilidade arbustos frutais.

Sinten moita atracción por froitas coma os amorodos e cando atacan unha plantación destinada ó consumo humano a deixan totalmente inservíbel ó quedares nela cantidades bastante importantes de cuspe que lle dan a froita un sabor moi desagradábel.

Coma mecanismo de defensa, expulsa unha cheirenta toxina que inclúe substancias químicas perigosas pró ser humano coma por exemplo, o cianuro, sendo por elo tan importante non inxerir froita sen tela lavado ben con anterioridade xa que nunca saberemos que poderiamos ter levado á boca.

Unha sesión cunha modelo excepcional

Prá sesión fotográfica usei o meu lente de focal máis longa en M43 que no meu caso é un 40-150mm cuxa distancia mínima de enfoque é de noventa centímetros, a cal puiden reducir grazas a un par de tubos de extensión de dez e dezaseis milímetros.

En canto din con este exemplar, o sol estaba nunha posición tan alta e o ceo tan despexado que non precisei máis axuda pra iluminar, nin sequera modificadores ou rebotadores. As exposicións fíxenas a man alzada, sen axuda de trípode. De tódolos xeitos, gústame moito expoñer así cando trato con fauna porque síntome con maior liberdade de movemento, moito máis cómodo.

Ve-lo insecto con esa cor vermella nunha zona de follas tan verdosa dicíame que o resultado sería moi agradábel e só tiña que agardar a que el soliño se colocase nunha posición onde poder sacar proveito a ese contraste cromático existente entre o fondo e o suxeito e que ademais era moi saturado grazas a luz ambiente que lle incidía cenitalmente.

Foron imaxes das que debo admitir que síntome bastante satisfeito porque entran perfectamente dentro desa moda de baixo custo e que eu levo practicando toda a miña vida... debe ser que iso do aforro económico ou a fotografía pra xente con ingresos modestos nunca se puido dar até agora... non sei! O que si sei é queentón eu debín ser un visionario... en fin!

Chámolle de baixo custe porque coma sempre, fotografei cun equipo de gama entrada: a miña querida e pequena Olympus OM-D Em-10 Mk III e o lente kit do que vos teño falado e que demostra unha vez máis que facer fotografía de aproximación non require tampouco de tanta parafernalia nin inversión económica.

Ata día de hoxe (e falo da publicación e non de cando preparei o documento) podo dicir que non teño ningún equipo nin óptica tecnoloxicamente preparada prá consecución de macrofotografía ou fotografía de aproximación e... se eu podo... ti tamén!

Fíxate que estou usando os tubos de extensión nun lente de focal variábel cando realmente o ideal sería empregalos nunha focal fixa.


Pero bon! Se algunha marca tivese interese en solucionarme ese problema xa sabe o que ten que facer, a min non se me esquecerá nunca botárlle-la culpa ó equipo co que quito as miñas fotiñas😉 

 

 

[ESPAÑOL]

Dolycoris baccarum

En general, conocemos a esta especie como chinche de la fresa. El color cebrado de sus antenas la distingue de la chinche mediterránea o Carpocoris mediterraneus.

Conociendo cositas de esta especie

Se alimenta del zumo de los tallos y también de los frutos, lo que la convierte en una eterna enemiga de los agricultores y por ello está considerada como una plaga.
 
No les gusta nada el frío y a pesar de que los adultos viven entre unos cuatro y seis meses de media, cuando bajan las temperaturas hibernan en lugares como grietas entre las paredes o rocas, cortezas de árboles o incluso bajo las piedras hasta que las temperaturas vuelvan a subir.

De todas formas, no sufren muchos problemas a la hora de perpetuar la especie debido a que en su ciclo vital pueden llegar a poner entre cinco y siete veces con una media de treinta huevos en cada una.
 
Hoy en día podemos encontrarlas por Europa, Asia y el Norte de África, en lugares donde no falten las huertas, los jardines y los bosques cercanos al agua donde encuentran con facilidad arbustos frutales.

Sienten mucha atracción por frutas como las fresas y cuando atacan una plantación destinada al consumo humano la dejan totalmente inservible al quedar en ellas cantidades bastante considerables de saliva que le dan a la fruta un sabor muy desagradable.
 
Como mecanismo de defensa, expulsa una maloliente toxina que incluye substancias químicas peligrosas para el ser humano como por ejemplo, el cianuro; siendo por ello tan importante no ingerir fruta sin haberla lavado bien con anterioridad ya que nunca sabremos qué podríamos haber llevado a la boca.

Una sesión con una modelo excepcional

Para la sesión fotográfica utilicé mi objetivo de focal más larga en M43 que en mi caso es un 40-150mm cuya distancia mínima de enfoque es de noventa centímetros la cual pude reducir gracias a un par de tubos de extensión de diez a dieciséis milímetros.
 
En cuanto topé con este ejemplar, el sol estaba en una posición tan alta y el cielo tan despejado que no necesité más ayuda para iluminar, ni siquiera modificadores o rebotadores. Las exposiciones las hice a mano alzada, sin ayuda de trípode. De todas formas, me gusta mucho exponer de esta forma cuando trato con fauna porque me siento con mayor libertad de movimiento, mucho más cómodo.

Ver el insecto con ese color rojo en una zona de hojas tan verdosa me decía que el resultado sería muy agradable y solamente tenía que esperar a que él solito se colocase en una posición en donde poder sacar provecho a ese contraste cromático existente entre el fondo y el sujeto y que además era muy saturado gracias a la luz natural que le incidía de esa forma tan cenital.
 
Fueron imágenes de las que debo admitir que me siento bastante satisfecho porque entran perfectamente dentro de esa moda del bajo coste y que yo llevo practicando toda mi vida... debe ser que eso del ahorro econoómico o la fotografía para gente con ingresos modestos nunca se pudo dar hasta ahora... ¡no sé! Lo que sí sé es que entonces yo he debido de ser un visionario... ¡en fin!
 
Le llamo de bajo coste porque como siempre, fotografié con un equipo de gama entrada: mi querida y pequeña Olympus OM-D Em-10 Mk III y el objetivo kit del que os tengo hablado y que demuestra una vez más que hacer fotografía de aproximación no requiere tampoco de tanta parafernalia ni inversión económica.

Hasta el día de hoy (y hablo de la publicación y no de cuando preparé el documento) puedo decir que no dispongo de ninún equipo ni óptica tecnológicamente preparada para la consecución de macrofotografía o fotografía de aproximación y... si yo puedo... ¡tú también! 

Fíjate que estoy utilizando los tubos de extensión en un objetivo de focal variable cuando realmente lo ideal sería utilizarlos en una focal fija.


¡Pero bueno! Si alguna marca tuviese interés en solucionarme es problema ya sabe lo que tiene que hacer, a mi no se me olvidará nunca echarle la culpa al equipo con el que quito mis fotos😉

Comentarios

Publicacións populares