Devorador de alfombras

Publicación bilingüe (galego/español)


[GALEGO]

Anthronus verbasci

Os anthrenus pertencen á familia dos coleópteros e son coñecidos normalmente coma escarabellos das alfombras.


 
As suas antenas rematan en forma de bóla, máis grande no caso dos machos. O seu corpo presenta uns debuxos tan chamativos coma atractivos.

Trátase dunha especie moi espallada xeograficamente e a podes atopar practicamente por todo o mundo, pero iso non a converte nalgo a temer pois a meirande parte delas son totalmente inofensivas. Porén, as que representan algún perigo acostuman ser bastante dañinas, coma é o caso do noso suxeito.
Ademais do nome de escarabello das alfombras tamén é coñecido coma o escarabello dos museos.

Este insecto aliméntase doutros pero non cazándoos senón que compórtase máis ben coma un carroñeiro, o que o converte nunha perigosa praga que pode causar danos na maior parte dos museos que conteñan coleccións de tipo etimolóxico.

 
Nos nosos fogares tamén pode producir serios danos se dan con fibras de tipo orgánico pra levar a boca. Falamos de materiais coma o coiro (que tamén poden atopar na cuberta dalgúns libros), la ou calquera outra prenda feita con tecido orgánico.

A súa reprodución dáse tan só unha vez ó ano; a finais da primavera, pero as postas dunha única femia poden proporcionar entre vinte e cen ovos polo que non sofren de moitos problemas á hora de conserva-la especie e de colonizar un ambiente.

 
Ó non afectarlles moito a humidade relativa, lévanse bastante ben cos interiores.

A sesión fotográfica

Prá sesión con este exemplar que atopei buscando alimento nunha das miñas cortinas (que pra decepción do meu modelo son sintéticas) comecei expoñendo coa luz natural que lle chegaba a contraluz e que eu reflectía axudado dun pequeno espelliño e rebotándoa tamén nun pequeno cachiño de cartón prúma de cor branca.

Ó non poder conseguir a claridade que desexaba pra resaltar as súas cores tomei a decisión de seguir cun flash, algo que en realidade non me gusta demasiado cando trato con seres vivos que non dan o seu consentimento pra ser fotografados. Aínda que normalmente non queda outra opción, o caso é ser rápido, usar a potencia mínima axeitada e remata-lo antes posíbel. Con todo, ó igual que cos humanos, debemos deixar de pensar que o flash lles produce danos, no meu caso non se trata diso. é simplemente unha cuestión de molestia.

En todo momento fotografei a man alzada pois a colocación dun trípode nesa zona non me resultaba en absoluto algo práctico.

Ó usar tubos de extensión tamén reducimos moito a profundidade de campo e con exemplares vivos e que poden chegar a moverse moi rápido prefiro traballar a pulso porque iso permíteme reaccionar con maior eficacia á hora de recupera-lo punto do foco.

Cando pasei á sesión con flash optei primeiro por colocar unha extensión que eu mesmo fabriquei cun tubo de patacas fritidas industriais. Deste xeito podería fotografar cunha luz moi difusa frontal. Unha vez obtido o detalle do insecto coloqueino nunha posición máis nadir pra poder rexistrar mellor a textura do terreo e o volume do insecto.

 

[ESPAÑOL]

Anthronus verbasci

Los anthrenus pertencen a la familia de los coleópteros y son conocidos normalmente com escarabajos de las alfombras.


 
Sus antenas terminan en forma de bola, más grande en el caso de los machos. Su cuerpo presenta unos dibujos tan llamativos como atractivos.

Se trata de una especie muy extendida geográficamente y la puedes encontrar prácticamente por todo el mundo, pero eso no la convierte en algo a temer pues la mayor parte de ellas son totalmente inofensivas. Sin embargo, las que representan algún peligro acostumbran a ser bastante dañinas, como sucede en el caso de nuestro sujeto.
Además del nombre de escarabajo de las alfombras también es conocido como el escarabajo de los museos.

Este insecto se alimenta de otros pero no cazándolos sinó que se comporta más bien como un carroñero, lo que lo convierte en una peligrosa plaga que puede causar daños en la mayor parte de los museos que contengan colecciones de tipo etimológico.

 
En nuestros hogares también puede producir daños importantes si se topan con fibras de tipo orgánico para llevarse a la boca. Hablamos de materiales como el cuero (que también pueden encontrar en la cubierta de algunos libros), lana o cualquier otra prenda confeccionada con tejido orgánico.

Su reproducción se da tan solo una vez al año; a finales de la primavera, pero las puestas de una única hembra pueden proporcionar entre veinte y cien huevos por lo que no sufren de muchos problemas a la hora de conservar la especie o de colonizar un ambiente.

 
Al no afectarles mucho la humedad relativa, se llevan bastante bien con los interiores.

La sesión fotográfica

Para la sesión con este ejemplar que encontré buscando alimento en una de mis cortinas (que para decepción de mi modelo son sintéticas) comencé exponiendo con la luz natural que le llegaba a contraluz y que yo reflejaba ayudado de un pequeño espejito rebotándola también en un pequeño trozo de cartón pluma de color blanco.

Al no poder conseguir la claridad que deseaba para resaltar sus colores tomé la decisión de continuar con un flash, algo que en realidad no me gusta demasiado cuando trato con seres vivos que no dan su consentimiento para ser fotografiados. Aunque normalmente no queda otra opción, el caso es ser rápido, utilizar la potencia mínima adecuada y terminar lo antes posible. De todas formas, al igual que con los humanos, debemos dejar de pensar que el flash les produce daños, en mi caso no se trata de eso. Es simplemente una cuestión de molestia.

En todo momento fotografié a mano alzada pues la colocación de un trípode en esa zona no me resultaba en absoluto práctico.

Al utilizar tubos de extensión también reducimos mucho la profundidad de campo y con ejemplares vivos y que pueden llegar a desplazarse muy rápido prefiero trabajar a pulso porque eso me permite reaccionar con mayor eficacia a la hora de recuperar el punto de enfoque.

Cuando pasé a la sesión con flash opté primero por colocar una extensión que yo mismo me fabriqué con un tubo de patatas fritas industriales. De esta forma podría fotografiar con una luz muy difusa frontal. Una vez obtenido el detalle del insecto lo coloqué en una posición más nadir para poder registrar mejor la textura del terreno y el volumen del insecto.

Comentarios

Publicacións populares