O inaceptábel ruído das OM-System / El inaceptable ruido de las OM-System

Publicación bilingüe (galego/español) 

Ir a versión en ESPAÑOL

[GALEGO] 

Hai algo que os usuarios de Olympus temos xa moi asumido por mor do noso "anano" sensor M43 (Micro Catro Tercios) e é que por mor ó seu menor tamaño en comparación coas estrelas da fotografía, debemos supoñer que xenera un ruído insoportábel até o punto de que podes quedarte xordo de ollalo... imos comprobalo!


ISO 200

Escollín unha escena escura pero con certo contraste tanto lumínico coma cromático e as fotos que aquíche subo son os JPG sacados directamente da cámara.

Nesta primeia imaxe (sempre referireime ás que están sobre o comentario), a rexistrei a 42mm de focal, cun diafragma a f/5.6 e cunha sensibilidade nativa de ISO 200. Pra unha correcta exposición completei o triánguo cunha velocidade lenta de 2,5 segundos. Imos pasar agora a ver outras exposicións da mesma escena.


ISO 3200

O encadre non foi cambiado en ningún intre pois estabilicei a cámara sobre un trípode pra evitar no posíbel a trepidación ou o cambio da luz por culpa da perspectiva.

Pra poder comparar mellor, usei sempre a mesma apertura de diafragma e tamén a mesma lonxitude focal, variando só a sensibilidade ISO (obxectivo do experimento) e a velocidade pra compensa-la exposición que sempre sexa a mesma.

Nesta segunda foto quedou en 1/6 segundos, 42mm, f/5.6 e ISO 3200.


ISO 6400

Nesta terceira imaxe subín xa a sensibilidade a  ISO 6400 que é un valor no que supostamente queda inutilizada calquera imaxe captada por unha cámara que use este pequeno sensor de Olympus ou OM System que se chama agora. Pra conseguir a mesma exposición tiven que acurtar a obturación a 1/13 segundos e, coma dicía, respectei a mesma distancia focal e apertura de diafragma.


ISO 12800

Nesta cuarta toma, pasei xa a elexir unha sensibilidade ISO de 12800 non sen antes aclarar que a partir da anterior de 6400; é dicir, desde ISO 8000, estamos afalar xa dunha extensión. Pra acada-la mesma exposición das anteriores, a velocidade a tiven que mudar a 1/25 segundos. O resto dos parámetros seguen sendo os mesmos.


ISO 25600
A primeira imaxe foi tomada o 24/01/2022 ás 19:21:07h e a última o 24/01/2022 ás 19:23:06h; é dicir, entre unha e outra tan só pasaran dous minutos.
 
A cuestión do ruído é no fondo moi subxectivo e cada un sabe e decide onde pón o límite daquelo que considera aceptábel. Persoalmente, a min non me parece molesto ata 6400 e, se me apuras, aínda che podería soportar o de 12800.

E agora vouche contar o mellor de todo. Coma dicía, o que vedes é a saída directa da cámara que pasei ó móbil a través da aplicación nativa de conectividade de OM System, OI.Share. As imaxes non están procesadas nin se lles aplicou redución algunha de ruído.

E outra cousa! A camara usada é a que teño, a OM-D Em-10 Mk III, que tampouco é a máis moderna (a miña data do 2017) e o lente usado é o que ven no propio kit: o Olympus Digital 14-42mm 1:3.5-5.6 EZ ED MSC na súa versión extensíbel e electrónica chamada Pancake. Como ben sabes, se xa os lentes de focal variábel non son os mellores á hora de obter nitidez, nas súas focais máis longas é onde menos se pode obter... e ademais, estamos a falar do máis económico, o que entregan coma acompañante de kit, é dicir, o lente que moitos chamades pisapapeis e por algo coido que así o considerades (eu xamais. pois aínda lles dou o seu uso).
 
Como? Pensabas que che ía facer unha proba coa gama máis alta da marca? Pois xa ves que non, nin de gama alta nin sequera de última xeneración, con tecnoloxía máis avanzada e mellorada (incluíndo a xestión do ruído).

E unha cousa máis pero non por elo menos importante, a min OM System nin me coñece nin me patrocina nada, aínda que llo tivese pedido pra facer unha proba coido que nin sequera se tivesen molestado en cederme equipo pra elo e a miña pretensión non é caerlles mellor a partir do de agora porque seguramente no futuro tamén le dea algún pau.

O que pretendo é facerche ver que a nivel usuario afeccionado, estanche enganando de xeito abusivo pra que deixe-lo teu orzamento en cámaras que se ben non vou dubidar que xestionen mellor o ruído dixxital, quizais a ti non che compense semellante inversión. Pode que incluso non sexas moi afeccionado á fotografía nocturna ou á de interiores. Pode que non fagas vodas e cousas desas a nivel profesional. Con todo, de facelo deberías usar flashes e iluminacións de apoio e iso axuda tamén a xenerar menos ruído. Porque o mellor xeito de controla-lo ruído que fai a túa cámara é expoñendo correctamente.

É por elo que quero amosarche como fotografía unha cámara de iniciación da marca, de xeneración caseque descatalogada e así poderás facerte unha idea do que levarás sen ter que pensar que as fotos veñen dunha web interesada en venderche equipo; é dicir, se as imaxes son ou non reais.


[ESPAÑOL] 

Hay algo que los usuarios de Olympus tenemos ya muy asumido por culpa de nuestro "enano" sensor M43 (Micro Cuatro Tercios) y es que debido a su menor tamaño en comparación con las estrellas de la fotografía, debemos suponer que genera un ruido insoportable hasta el punto de que te puedes quedar sordo de mirarlo... ¡vamos a comprobarlo!


ISO 200

He escogido una escena oscura pero con cierto contraste tanto lumínico como cromático y las fotos que aquí te subo son los JPG sacados directamente de la cámara.
 
En esta primera imagen (siempre me referiré a las que están sobre el comentario), la registré a 42mm de focal, con un diafragma a f/5.6 y con una sensibilidad nativa de ISO 200. Para una correcta exposición completé el triángulo con una exposición de 2,5 segundos. Vamos a pasar ahora a ver otras exposiciones de la misma escena.

ISO 3200

El encuadre no ha sido cambiado en ningún momento pues estabilicé la cámara sobre un trípode para evitar en lo posible la trepidación o el cambio de luz por culpa de la perspectiva.
 
Para poder comparar mejor, utilicé siempre la misma apertura de diafragma y también la misma longitud focal, variando únicamente la sensibilidad ISO (objetivo del experimento) y la velocidad para compensar la exposición y que siempre sea la misma.
 
En esta segunda fotografía quedó en 1/6 segundos, 42mm, f/5.6 e ISO 3200.

ISO 6400

En esta tercera imagen subí ya la sensibilidad a ISO 6400 que es un valor en el que supuestamente queda inutilizada cualquier imagen captada por una cámara que utilice ese pequeño sensor de Olympus o como se llama ahora: OM System. Para conseguir la misma exposición tuve que acortar la obturación a 1/13 segundos y, como decía, respeté la misma distancia focal y apertura de diafragma.

ISO 12800

En esta cuarta toma, pasé ya a elegir una sensibilidad ISO de 12800 no sin antes aclarar que a partir de la anterior de 6400; es decir, desde ISO 8000, estamos hablando ya de una extensión. Para conseguir la misma exposición de las anteriores, la velocidad la tuve que cambiar a 1/25 segundos. El resto de los parámetros siguen siendo los mismos.

ISO 25600
La primera imagen fue tomada el 24/01/2022 a las 19:21:07h y la última el 24/01/2022 a las 19:23:06h; es decir, entre una y otra tan solo habían pasado dos minutos.
 
La cuestión del ruido es en el fondo muy subjetivo y cada uno sabe y decide donde pone el límite de aquello que considera aceptable. Personalmente, a mi no me parece molesto hasta 6400 y, si me apuras, aún te podría soportar el de 12800.

Y ahora te voy a contar lo mejor de todo. Como decía, lo que ves es la salida directa de cámara que pasé al móvil a través de la aplicación nativa de conectividad de OM-System, OI.Share. Las imágenes no están procesadas ni se les ha aplicado reducción alguna de ruido.
 
¡Y otra cosa! La cámara utilizada es la que tengo, la OM-D Em-10 Mk III, que tampoco es la más moderna (la mía data del 2017) y el objetivo utilizado es el que viene en el kit: el Olympus Digital 14-42mm 1:3.5-5.6 EZ ED MSC en su versión extensible y electrónica denominada Pancake. Como bien sabes, si ya los objetivos de focal variable no son los mejores a la hora de obtener nitidez, en su focal más larga, es donde menos se puede obtener... y además, estamos hablando del más económico, el que entregan como acompañante de kit, es decir, el objetivo que muchos llamáis pisapapeles y por algo creo que así lo consideráis (yo jamás, pues le doy su uso).

¿Cómo? ¿Te creías que iba a realizar un aprueba con la gama más alta de la marca? Pues ya véis que no, ni de gama alta ni siquiera de última generación, con tecnología más avanzada y mejorada (incluyendo la gestión del ruido).

Verás, a mi OM-System ni me conoce ni me patrocina nada, aunque se lo hubiese pedido para hacer una prueba creo que ni siquiera se habrían molestado en cederme equipo para ello y mi pretensión no es caerles mejor a partir de ahora porque seguramente en el futuro también le dea algún palo.

Lo que pretendo es hacerte ver que a nivel usuario aficionado, te están engañando de forma abusiva para que dejes tu presupuesto en cámaras que si bien no voy a dudar que gestionen mejor el ruido digital, quizás a ti no te compense semejante inversión. Puede que incluso no seas muy aficionado a la fotografía nocturna o a la de interiores. Puede que no hagas bodas y cosas de esas a nivel profesional. De todas formas, de hacerlo deberías utilizar flashes e iluminaciones de apoyo y eso ayuda también a que se genere menos ruido. Porque la mejor forma de controlar el ruido que hace tu cámara es exponiendo correctamente.
 
Es por ello que quiero mostrarte cómo fotografía una cámara de iniciación de la marca, de generación casi descatalogada y así te puedes hacer una idea de lo que te vas a llevar sin tener que pensar que las fotos vienen de una web interesada en venderte equipo; es decir, si las imágenes son o no reales.


Comentarios

Publicacións populares