Picadura de libélula

Publicación bilingüe (galego/español) 

Ver versión en ESPAÑOL

[GALEGO]

Anisoptera

A natureza é moi sabia e non da puntada sen fío. Crea especies que serven de inspiración ós seres humanos durante a súa evolución tecnolóxica.


Coas ás listas pra engalar

O que máis me chama a atención das libélulas é o sua tremenda semellanza cos avións xa que as súas ás están sempre despregadas e listas pra engalar. Sonche unha gran obra de enxeñería aeronáutica da natureza.

Atópanse xeralmente preto das zonas acuáticas e son grandes depredadoras aínda que non hai que preocuparse pois non pican ós seres humanos e porén podemos estarlles moi agradecidos polo servizo que nos fan controlando as poboacións de insectos coma poden se-los mosquitos; cuxas picaduras, ademais de molestas, si que poden chegar a transmitirnos doenzas moi importantes.

Confúndense moitas veces coas señoriñas ou cos cabaliños do diaño (Zygoptera) que si poden pregar as súas ás ó longo do abdome cando descansan ou pousanse nalgures.


A picadura dunha libélula

Coma che dicía, a libélula non ataca ó ser humano, pero no caso de que sinta algunha boa ameaza podería tratar usar a súa picadura coma defensa propia de considerar que a súa vida puidese estar en serio perigo. O instinto de supervivencia é algo que incluso os humanos levamos no noso ADN e que pódenos axudar a facer cousas realmente extraordinarias e dignas dos máis fantásticos superheroes de banda deseñada.


 
Pois ben, as libélulas con tamaños normais nin sequera poderían atravesar a nosa pel chegado o caso e polo tanto debo insistir en que non debes temelas nin preocuparte por elo. Con todo, se o exemplar fose moi grande podería ter algo de éxito e entón simplemente notarás algo de dor pero non chegará a introducirche ningún veleno que te puidese afectar negativamente.

[ESPAÑOL]

Anisoptera

La naturaleza es muy sabia y no da puntada sin hilo. Crea especies que sirven de inspiración a los seres humanos durante su evolución tecnológica.


Con las alas listas para despegar

Lo que más me llama la atención de las libélulas es su tremendo parecido con los aviones ya que sus alas están siempre desplegadas y listas para despegar. Son una gran obra de ingeniería aeronáutica de la naturaleza.

Se encuentran generalmente cerca de las zonas acuáticas y son grandes depredadoras aunque no hay que preocuparse pues no pican a los seres humanos y sin embargo les podemos estar muy agradecidos por el servicio que nos prestan controlando las poblaciones de insectos como pueden ser los mosquitos; cuyas picaduras, además de molestas, sí que pueden llegar a transmitirnos enfermedades muy importantes.


Se confunden muchas veces con las señoritas o con los caballitos del diablo (Zygoptera) que sí pueden plegar sus alas a lo largo del abdomen cuando descansan o se posan en algún sitio.


La picadura de una libélula

Como te decía, la libélula no ataca al ser humano, pero en el caso de que sienta alguna buena amenaza podría tratar de usar su picadura como defensa propia de considerar que su vida pudiese estar en serio peligro. El instinto de supervivencia es algo que incluso los humanos llevamos en nuestro ADN y que nos puede ayudar a hacer cosas realmente extraordinarias y dignas de los más fantásticos superhéroes de cómic.

 
Pues bien, las libélulas con tamaños normales ni siquiera podrían atravesar nuestra piel llegado el caso y por lo tanto debo insistir en que no debes temerlas ni preocuparte por ello. De todas formas, si el ejemplar fuese muy grande podría tener algo de éxito y entonces simplemente notarás algo de dolor pero no te llegará a inocular ningún veneno que te pudiese afectar negativamente.






Comentarios

Publicacións populares