Lexislación e fotografía urbana / Legislación y fotografía urbana

Publicación bilingüe (galego/español).


[GALEGO]

Un dos nosos maiores medos cando saímos á rúa pra rexistrar intres que implican a xente que non coñecemos e que nos poderían asemellar máis ou menos íntimos, é saber a ciencia certa se estamos a infrinxir algunha lei.

"Son coma un vaqueiro cunha bala e non cunha ametralladora na procura dese instante decisivo". (Fan Ho)

Que é o que nos di a Lei?

A resposta a esta pregunta é relativamente sinxela: NON podemos fotografar a ningunha persoa sen o seu consentimento e moito menos cando esa persoa descoñece que é o que estamos a fotografar.

Dito isto, o mellor que podemos face-los fotógrafos urbanos é quedarmos na casiña.

Non se pode fotografar ás persoas sen un consentimento.

Iso é o que parece desde un primer intre, pro imos matizar certos puntos que a pesares de evitar incumplimentos da lexislación vixente deberiamos ter en conta á hora de traballar con documentación gráfica.

De cando é a Lei e que é o que contempla?

A lei que regula o dereito á imaxe e ó honor é moi dura e co tempo endurécese cada vez máis.

En España seguirmos rexíndonos por unha lexislación redactada no ano 1982 na que non veñen contempladas as novas tecnoloxías. Por aquel entón, non había ninguén expoñendo aínda con cámaras de móbiles.

Todo o que vos vou comentar nesta publicación fai referencia á lexislación que coñezo: á española. Teñamos presente que tanto no futuro coma no caso doutros países, os artigos que mencionen poderían variar dun xeito notábel.

Antes de seguir adiante convenche coma lector que revises se non existen trocos na lexislación que poderían contradecir ou completar certas opinións ofrecidas aquí por min. Recoméndoche que accedas ó que no BOE (Boletín Oficial do Estado, do Goberno de España) publícase ó respecto. Podes facelo directamente desde aquí onde ademais atoparás os textos orixinais e as súas actualizacións co paso do tempo, no caso de recibilas. 

Sobre da captación de imaxes

Resumindo moito o que di a lexislación, coma che comentaba de entrada, basicamente non poderemos quitar ningunha fotografía na que saia unha persoa sen obter previamente un consentimento da mesma.

No artigo 7.5, que ven sendo o máis polémico de todos e o que máis nos afecta coma fotógrafos, tanto sexas afeccionado coma profesional, dínos que o mero acto de face-la foto xa infrinxe a lei sen importar en absoluto se nos atopamos nun espazo público ou privado.


A captación, reprodución ou publicación por fotografía, filme, ou calquera outro procedemento, da imaxe dunha persoa en lugares ou momentos da súa vida privada ou fóra deles, agás os casos previstos no artigo oitavo, dous
BOE, Lei Orgánica 1/1982, do 3 de maio, da protección civil do dereito ó honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. (Capítulo II, artigo sétimo, punto 5).

Unha cuestión de interpretación

Ante o artigo anterior pouco podemos facer; porén, a partires do punto oitavo vaisenos aportando algo de esperanza ó falarmos de certas excepcións en situacións moi particulares.

Hai que aclarar que no caso de chegar a enfrentarmos a unha demanda, todo quedará finalmente a expensas da interpretación que faga o xuíz que instrúa o caso en particular.

Neste oitavo punto cítansenos algúns supostos onde si que poderíamos fotografar e, entre eles, escenas de interese histórico, cultural ou científico, antes as que poderiamos non estar infrinxindo ningunha lei e, quero insistir na palabra "poderiamos" porque coma dicía, nun último caso sería o xuíz quen tomase a derradeira palabra e decidise sobre o noso futuro.

Imos estudar que é o que nos conta exactamente o punto 8.2: 

Dous. En particular, o dereito á propia imaxe non impedirá:

a) A súa captación, reprodución ou publicación por calquera medio cando se trate de persoas que exerzan un cargo público ou unha profesión de notoriedade ou proxección pública e a imaxe sexa recollida nun acto público ou en lugares abertos ó público.

b) O uso da caricatura de ditas persoas, dacordo co uso social.

c) A información gráfica sobre un suceso ou acaecimento público cando a imaxe dunha persoa determiñada apareza coma meramente accesoria.

As excepcións contempladas nos paragrafos a) e b) non serán de aplicación respecto das autoridades ou persoas que desempeñen funcións que pola súa natureza precisen do anonimato da persoa que as exerza.

BOE, Lei Orgánica 1/1982, do 3 de maio, da protección civil do dereito ó honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. (Capítulo II, artigo oitavo).

Ven sendo neste artigo no que se basean os xornalistas gráficos pra poder desempeña-las súas funcións. De centrármonos neste artigo poderemos xa expoñer incluíndo ás persoas sempre e cando non sexan cargos ou personalidades públicas e cando ese interese fotografado sexa pra informar ou documentar unha situación de interese xeral.

Poderemos ademais chegar a fotografar nun acto público a xente anónima mentres non teñan un peso relevante na fotografía; é dicir, que non sexan os protagonistas. Isto é ó que refire a lei no punto c) cando fala de persoas meramente accesorias.

En resumidas contas, o que o fotógrafo urbano debe facer é fotografía urbana e non da xente, no mesmo intre no que estemos centrando a atención nunha persoa a convertemos en obxecto da fotografía e deixará de ser accesoria. 


A decisión dos xuíces

Atopámonos ante unha complexa situación no caso de ter chegado á sala dun xulgado e o arbitrio poderá levarnos a resultados tan sorprendentes coma inesperados.

Será moi difícil poder facer unha valoración desde un punto de vista obxectivo e xusto. 

Sexamos razoábeis... Se a meirande parte das persoas que quitan fotos non se preocupan pola súa formación... por que teriamos que esixírllela a un xuíz?

A persoa designada pra elo, debería ter certos coñecementos pra entender mellor a motivación do autor pra quitar a foto demandada. sobretodo no que se refire a Arte e Composición.

Pra poder facer unha valoración correcta sobre unha obra fotográfica, a autoridade designada debería ter coñecementos e cultura fotográfica, de pintura... e, por suposto que os hai, non quero dicir con isto que ningún xuíz posúa estas capacidades. O que está claro é que non se trata dunha preparación esixíbel e na miña humilde opinión é algo que debería mudar. Debería existir unha especialización pra este tipo de litixios ó igual que acontece co resto de xurisprudencias.

 

O consentimento expreso

Moitos fotógrafos urbanos pensan que ó non existires na lexislación ningún punto que diga que o consentimento expreso teña que dárse tamén por escrito, coa simple ollada a cámara do suxeito pódese entender que ofrece un consentimento implícito.

Isto non é exactamente así e debemos telo sempre presente. Volvemos ó punto das interpretacións.

Esa interpretación lixeira a fará quen pretenda aferrarse a cun cravo ardendo e quen así se defenda nos xulgados terá as de perder con absoluta claridade pois ningún xuíz te poderá dá-la razón.

A ollada podería ser considerada un consentimento... mais en ningún caso será de por vida.

Neste punto temos unha explicación ben sinxela. Do mesmo xeito que acontece cos temas de cesión de dereitos de imaxe con persoas que foron retratadas dun xeito voluntario e, incluso con contratos asinados de por medio, calquera consentimento sobre o uso da imaxe dunha persoa é inmediatamente revogábel.

Polo tanto, calquera persoa que che tivese dado consentimento poderacho retirar en canto se arrepinta delo e ante iso non hai nada que se poida facer. Chegarás ó xulgado e o xuíz dirache que non importa o consentimento que che dera no seu día, tanto fose implícito coma explícito; no intre da vista resultará obvio que xa non o posúes. Por iso mesmo, aínda que se trate doutra disciplina totalmente distinta, é moi recomendábel o uso de contratos pra a captación de retratos sen esquecer especificar neles mediante cláusulas o que implicaría unha revogación dos permisos de imaxe de dárse o caso, incluíndo incluso algún tipo de compensación. Imaxinade que unha modelo retírache un permiso e xa se tivese posto en marcha a campaña. De non existir ningunha cláusula que o diga, teríanse que retirar tódalas imaxes coa conseguinte pérdida económica que poida supoñer.

O xeito de comportarse na rúa

Na miña opinión e penso que na da meirande parte dos fotógrafos urbanos, pois así mo ensinaron hai moitos anos e dese xeito o aprendín, debemos ser ante todo naturais, iso si! Sexamos sempre completamente conscientes de que incumplimos leis pro co convencimento de que esas leis nin están actualizadas nin van en consonancia cos tempos actuais.

O fotógrafo urbano non é un delincuente, non está a facer nada malo... dici-lo contrario será sempre prexulgar.

Temos que metermos ben na cabeza que non estamos a facerlle dano a ninguén, pro pra elo, temos primeiro que marcarmos uns límites éticos baseados nuns mínimos de responsabilidade e; sobretodo, tratar de sentir moita EMPATÍA... así, con maiúsculas. 

Fotografar a menores de idade

Por poñervos un exemplo, eu teño por costume non fotografar nunca en lugares onde frecuenten menores de idade. As miñas liñas vermellas impídenme sequera aparecer cunha cámara nun parque infantil ou nun colexio, evitando así moitos problemas.

Protexer ós menores de idade é unha prioridade, non vale ningunha excusa que xustifique o contrario.

Se por algún motivo fose o caso un día de atoparme cunha escena que si ou si coido que paga a pena ser rexistrada nunha instantánea, pedirí o permiso dos tutores legais do menor que aparecese no cadro.

Porén, iso provocaría xa de por si un efecto de coñecemento previo e tivese perdido a esencia da fotografía urbana pra entrar xa no que considero fotografía de retrato. Pro, no caso de ter chegado a este extremo, non esquezas que entón, o consentimento por escrito terá que ser asinado por todos e cada un dos titores legais do menor.

As situacións ridículas

Xamais busquei nin procuro imaxes que poidan deixar en evidencia a ninguén. A empatía cara os demais é absolutamente imprescindíbel nesta disciplina.

Cando fotografía na rúa estoume a retratar a min mesmo.

A máxima a seguir é ben sinxela e coñecida por todos: Non lle fagas ós demais aquelo que non che gustaría que che fixesen a ti. Por desgraza, esta máxima non é tomada en conta por algúns personaxes que nas súas ansias de coleccionar "gústame" nas redes sociais non dubidan precisamente neso mesmo, en atopar o ridículo amosando situacións comprometidas e en lugares onde as persoas son moito máis vulnerábeis e amósanse dun xeito distinto e moitas veces distendido do cotiá (praias e piscinas, por exemplo, onde ademais preséntanse con menos roupa). Este tipo de fotógrafos son os que dan mala sona e producen rexeitamento por parte dos peóns e conseguiron que se poñan á defensiva en canto alguén achega unha cámara ó ollo.


Que facer se che descubren fotografando?

De pillarte quitando unha foto volvemos ó mesmo: actúa con naturalidade. O que nunca falla é o sorriso, non perda-lo sorriso ante ningunha situación ou palabras que che poidan dicir. Ten en conta que a persoa puido sentir que invadiche-la súa intimidade e as súas primeiras palabras poderían ser máis bruscas do que ela mesma quixera.

Estivemos durante moito tempo convivindo cunha pandemia que obrigounos levar máscaras e podemos chegar a pensar que o sorriso é máis difícil de amosar nese tipo de situacións. Porén, as persoas temos unha extraordinaria facilidade pra sentir, intuír e interpretar os máis pequenos xestos da faciana. Os ollos, por exemplo, falarán da túa actitude. O teu sorriso será capaz de traspasar o tecido e os filtros de calquera máscara. É un arma tan potente que atravesa incluso aquelo que non consegue facer un virus tan terríbel coma o recentemente vivido.
 
Se cando fotografías na rúa o fas dun xeito amábel e tranquilo é probábel que ninguén se che achegue sequera. Polo contrario, se pérde-los nervos e actúas coma se fixeras algo malo, vanche interrogar e o farán coa mesma actitude e desconfianza que percibiron en ti.
Amólame moito ver fotografías de xente desfavorecida sen ningunha xustificación.

Se alguén se te achegase a preguntar polo que estás a facer, simplemente limítate a explicarllo sen medo, non estás a facer nada malo. Comenta a túa visión da imaxe, da escena. Amosa a foto incluso antes de que cha pidan e se logo rematan por pedirche que a borres, non o dubides porque están no seu dereito. A eliminas e punto, sen complicarse en absoluto. Non paga a pena e a outra persoa sempre terá a razón.

Ningunha fotografía que vaias eliminar será irrepetíbel. Se non a fixeches ti, outro fotógrafo a fará. Partindo desta premisa, en verdade pensas que paga a pena chegar ó xulgado por elo? Xa terás unha nova oportunidade de expoñer algo semellante.

Que facer cando alguén se molesta por unha das túas publicacións


Pode pasar tamén que no intre da exposición ninguén che tivese dito nada ou no se che esixise borra-la foto.
 
Moitas fotografías urbanas, a meirande parte delas, chegan a publicarse en bitácoras e redes sociais sen consentimento das persoas que aparecen nelas, sendo en realidade algo normal e cotiá. O que non é de recibo é quitar unha foto e ir preguntando logo á persoa retratada. Iso só consegue rompe-lo ritmo da sesión e ademais chamaría tanto a atención que o resto de peóns teríanche perfectamente localizado e fichado; tomaríanche por unha ameaza. Quen será esa persoa que vai por ahí cunha cámara de fotos e pra colvo ten a xeta de interrompe-la xente pra contarlles algunha milonga?

Normalmente a xente non se atopa a si mesma e ben sendo o normal que sexan outros quenes lle avisen de que os viron nunha imaxe. Moitos sentiranse orgullosos e gustaralles aparecer no teu porfolio dependendo de coma sexa e do contido que adoites publicar así como da tónica que segas que podería ter un ton máis serio ou máis satírico. Haberá incluso quen se moleste en contactarte e eu estou convencido de que sería algo moi fermoso agradecerllo mandándolles unha copia da súa fotografía. Quedar ben sae barato e a curto prazo tráeche moitos beneficios.
Todo aquel que se identifique nas miñas publicacións ten garantida unha copia da foto, así que se estás interesado, búscate e encantarame saber que un día che puiden fotografar.

Pro, a pesar delo, tamén temos que contemplar o caso contrario no que a persoa identificada poida sentirse incómoda ou incluso que nunca he tivese dito nada ou non che pedira nunca eliminar a fotografía.

Prefiro borrar unha foto a pensar que alguén poida sentirse molesto ó identificarse nela. Trato de que a xente quira aparecer nas miñas imaxes porque iso será o que ó remate da miña vida quede aquí de min.

O normal sería que cho tivesen comunicado antes. Levar unha demanda deste tipo a un xulgado ten un custo demasiado elevado e ó igual que ti non poderás coñecer con garanta o resultado, a outra parte tampouco. Precisamente, a túa mellor defensa será que a outra parte non che tivese feito chegar as súas impresións ou queixa. Entón, o máis probábel será que che obriguen a eliminar a imaxe e retirala dos sitios onde fose publicada e xa, todo quedará niso.

Mais no caso de que alguén se puxera en contacto contigo e che comunicase que se sinte molesto coa imaxe, o máis razoábel será sempre eliminala de todos aqueles lugares nos que tivese aparecido exposta. Unha vez feito iso, é probábel que xa non teña que demandarte en cuxo caso obrará o teu favor o feito de tela retirado de seguido pois existirá pola túa banda unha clara intención de colaboración e se o acompañases dun escrito ofrecendo as túas desculpas é realmente raro que a cousa vaia a máis. Pro chegado a este punto tamén podería ser que o descoñecemento das partes poida propiciar que aínda que o fotógrafo poña todo o seu bo facer e voluntariedade por resolver o conflito, as ansias que moitos peóns teñen por crer que se lles van pagar unhas compensacións que chegarían ser case unha pensión prós restos, pode levalos a continua-lo proceso de demanda. Logo xa se darán cun canto nos dentes... a non ser que che toque un xuíz que decida o contrario.

Con todo, se sabes que o fotografado se sinte indignado, cho avisa e a ti dáche absolutamente igual e prefires seguir adiante coa exposición da imaxe pública desa persoa, deberás prepararte pro peor. As cantidades esixidas polos xulgados nestas demandas son de cuantías verdadeiramente importantes e, se foi por pura cabezonería, en parte teralo ben merecido. Este tipo de actitudes por parte dalgúns fotógrafos que terminan desgrazadamente en sentencias onde se esixe unha compensación económica tan elevada, son carne de cañón na prensa e propicia precisamente a existencia de xente que insista en demandar... pero ollo! son casos excepcionais e moi distintos entre si.

 

Conclusións:

Legalmente non podes fotografar persoas na rúa aínda que te atopes nun espazo público e aberto.

Polo contrario, non estás a facer dano a ninguén. Non fas nada malo, Isto resulta moi paradoxal se o confrontamos coa lexislación. Prohíbesenos algo que non dana a ninguén.

Trata de fotografar a rúa e, por conseguinte, xente na rúa tamén. Cando te centras na persoa tes que saber que deixas de fotografa-la rúa pra entrar no terreo do retrato e hai quen fala entón dunha disciplina á que chaman retrato de rúa mais a min non me deixa de parecer un retrato feito en exteriores. Porén, o xénero que naceu coma street photography consistía niso precisamente, facer retratos consentidos e posados na rúa e polo tanto, xente na rúa tamén. A min por iso cóstame tanto usar a denominación de street ou rúa preferindo o termo de fotografía urbana.


Mais as leis estan ben, deben ser así, non son perfectas pro tampouco malas e están aí pra axudarmos. Eu en ningún momento pensei nin direi xamais o contrario nin ésta é unha publicación que teña coma obxectivo que chas saltes, simplemente que as coñezas.

O único que a min me amola de todo isto é a tremenda hipocrisía que se mostra en certas ocasións, coma por exemplo que ergas un teléfono móbil e poidas facer tódalas fotos que che veña en gaña pro se o intentas cunha cámara fotográfica máis alá dunha compacta non tarda en aparecer alguén pra tentar impedircho.

Así que a pesares de tódalas restricións e complicacións, non pérda-las gañas de saíres fotografar á rúa pois é un medio sumamente interesante e importante pra documenta-la vida da túa época e, quen sabe? igual che podería chegar a ser de moita utilidade no futuro.

 

De novo grazas por agasallarme co teu tempo lendo algo tan extenso e agardo fose do teu interese e che axudase nalgo a ter clara a situación da figura legal cando practicas fotografía nas rúas do teu barrio. Calquera cousa que quixeras dicirme encantarame lela nos comentarios.
Grazas e saudiños
😉😊


[ESPAÑOL]

Uno de nuestros mayores miedos cuando salimos a la calle para registrar momentos que implican a gente que no conocemos y que nos puedan parecer más o menos íntimos, es saber a ciencia cierta si estamos infringiendo alguna ley.

"Soy como un vaquero con una bala y no con una ametralladora en la busca de ese instante decisivo". (Fan Ho)

¿Qué nos dice la Ley?

La respuesta a esta pregunta es relativamente sencilla: NO podemos fotografiar a ninguna persona sin su consentimiento y mucho menos cuando esa persona desconoce que es lo que estamos fotografiando.
 
Dicho esto, lo mejor que podemos hacer los fotógrafos urbanos es quedarnos en casita.
No se puede fotografiar a las personas sin un consentimiento.
Eso parece desde un primer momento, pero vamos a matizar ciertos puntos que a pesar de evitar inclumplimientos de la legislación vigente deberíamos tener en cuenta a la hora de trabajar con documentación gráfica.

¿De cuándo es la Ley y qué es lo que contempla?

La ley que regula el derecho a la imagen y al honor es muy dura y con el tiempo se endurece cada vez más.
 
En España continuamos rigiéndonos por una legislación redactada en el año 1982 en la que no vienen contempladas las nuevas tecnologías. Por aquel entonces, no había nadie exponiendo aún con cámaras de móviles.
Todo lo que os voy a comentar en esta publicación hace referencia a la legislación que conozco: a la española. Tengamos presente que tanto en el futuro como en el caso de otros países, los artículos que mencione podrían variar de forma notable. 

Antes de continuar te conviene como lector que revises si no existen cambios en la legislación que podrían contradecir o completar ciertas opiniones ofrecidas aquí por mi. Te recomiendo que accedas a lo que en el BOE (Boletín Oficial del Estado, del Gobierno de España) se publica al respecto. Puedes hacerlo directamente desde aquí en donde además encontrarás los textos originales y sus actualizaciones con el paso del tiempo, en caso de recibirlas. 

Sobre la captación de imágenes

Resumiendo bastante lo que dice la legislación, como te comentaba de entrada, básicamente no podremos quitar ninguna fotografía en la que salga una persona sin haber obtenido antes un consentmiento previo de esa persona.
 
En el artículo 7.5, que es el más polémico de todos y el que más nos afecta como fotógafos, seas aficionado o profesional, dice que el mero acto de hacer la fotografía ya infrige la ley no importando en absoluto si nos encontramos en un espacio público o privado.

La captación, reproducción o publicación por fotografía, filme, o cualquier otro procedimiento, de la imagen de una persona en lugares o momentos de su vida privada o fuera de ellos, salvo los casos previstos en el artículo octavo, dos
BOE, Ley Orgánica 1/1982, de 3 de mayo, de la protección civil del dereito al honor, a la intimidad personal y familiar y a la propia imagen. (Capítulo II, artículo séptimo, punto 5).

Una cuestión de interpretación

Ante el artículo anterior poco podemos hacer; sin embargo, a partir del punto octavo se nos va aportando algo de esperanza al hablarnos de ciertas excepciones en situaciones muy particulares.

Hay que aclarar que en el caso de llegar a enfrentarnos ante una demanda, todo quedará finalmente a expensas de la interpretación que haga el juez que instruya el caso en particular.

En este octavo punto se nos citan algunos supuesto donde sí que podríamos fotografiar y, entre ellos, escenas de interés histórico, cultural o científico, ante las que podríamos no estar infringiendo ninguna ley y, quiero insistir en la palabra "podríamos" porque como decía, en un último caso sería el juez quién tomase la ultima palabra y decidiese nuestro futuro.

Vamos a estudiar qué es lo que nos dice exactamente el punto 8.2:

Dos. En particular, el derecho a la propia imagen no impedirá:

a) Su captación, reproducción o publicación por cualquier medio cuando se trate de personas que ejerzan un cargo público o una profesión de notoriedad o proyección pública y la imagen se capte durante un acto público o en lugares abiertos al público.

b) La utilización de la caricatura de dichas personas, de acuerdo con el uso social.

c) La información gráfica sobre un suceso o acaecimiento público cuando la imagen de una persona determinada aparezca como meramente accesoria.

Las excepciones contempladas en los párrafos a) y b) no serán de aplicación respecto de las autoridades o personas que desempeñen funciones que por su naturaleza necesiten el anonimato de la persona que las ejerza.

BOE, Ley Orgánica 1/1982, de 3 de mayo, de la protección civil del derecho al honor, a la intimidad personal y familiar y a la propia imagen. (Capítulo II, artículo octavo).

Viene siendo en este artículo en el que se basan los periodistas gráficos para poder hacer desempeño de sus funciones. Si nos centramos en este artículo podremos ya exponer incluyendo a las personas siempre y cuando sean cargos o personalidades públicas y cuando ese interés fotografiado sea para informar o documentar una situación de interés general. 

Podremos además llegar a fotografiar en un acto público a gente anónima mientras no tengan un peso relevante en la fotografía; es decir, que no sean protagonistas. Esto es a lo que se refiere la ley en el punto c) cuando habla de personas meramente accesorias.

En resumidas cuentas, lo que el fotógrafo urbano debe hacer es fotografía urbana y no de la gente, en el mismo instante en el que nos centremos en una persona y la convertimos en objeto de la fotografía ya deja de ser accesoria.


La decisión de los jueces

Nos encontramos ante una complicada situación en caso de haber llegado a la sala de un juzgado y el arbitrio nos puede llevar a resultados tan sorprendentes como inesperados.
 
Será muy difícil poder hacer una valoración desde un punto de vista objetivo y justo.
Seamos razonables... si la mayor parte de las personas que quitan fotos no se preocupan por su formación... ¿por qué se la tendríamos que exigir a un juez?

 La persona designada para ello, debería tener ciertos conocimientos para comprender mejor los motivos que llevaron al autor a quitar la foto demandada, sobre todo en lo que se refiere a Arte y Composición.

Para poder realizar una valoración correcta sobre una obra fotográfica, la autoridad designada debería tener conocimientos y cultura fotográfica, de pintura... y, por supuesto que los hay, no quiero decir con esto que ningún juez posea estas capacidades. Lo que está claro es que no se trata de una preparación exigible y en mi humilde opinión es algo que debería cambiar. Debería existir una especialización para este tipo de litigios al igual que sucede con el resto de jurisprudencias.

 

El consentimiento expreso

Muchos fotógrafos urbanos están convencidos de que al no existir en la legislación ningún punto en el que se indique que el consentimiento expreso tenga que darse también por escrito, con la simple mirada a cámara del sujeto se puede entender que ofrece un consentimiento implícito. 

Esto no es exactamente así y debemos tenerlo siempre presente. Volvemos al punto de las interpretaciones.
 
Esa interpretación ligera la realizará quien pretenda aferrarse a un clavo ardiendo y quien así se defienda en los juzgados tendrá las de perder con absoluta claridad pues ningún juez te podrá dar la razón.
La mirada podría ser considerada un consentimiento... pero en ningún caso sería vitalicio.
En este punto tenemos fácil explicación. Del mismo modo que sucede con los temas de cesión de derechos de imagen con personas que han sido retratadas de forma voluntaria e, incluso con contratos firmados, cualquier consentimiento sobre el uso de la imagen de una persona es inmediatamente revocable.

Por lo tanto, cualquier persona que te hubiese dado su consentimiento te lo podrá retirar en cuanto se arrepienta de ello y ante eso no hay nada que hacer. Llegarás al juzgado y el juez te dirá que no importa el consentimiento que te hubiese dado en su momento, tanto fuese implícito como explícito; en el momento de la vista resultará obvio que ya no lo tienes. Por eso mismo, aunque se trate de otra disciplina totalmente distinta, es muy recomendable el uso de contratos para la realización de retratos sin olvidarse de especificar mediante cláusulas lo que implicaría una revocación de permisos de imagen si se diese el caso, incluyendo incluso algún tipo de compensación. Imaginaos que una modelo te retira un permiso y ya se ha puesto en marcha una campaña. Si no existe ninguna cláusula que lo indique, se tendrán que retirar todas las imágenes con la consiguiente pérdida económica que suponga.

La forma de comportarse en la calle

En mi opinión y pienso que en la de la mayor parte de los fotógrafos urbanos, pues así me lo enseñaron hace muchos años y de esa forma lo aprendí, debemos ser ante todo naturales, ¡eso sí! Seamos siempre completamente conscientes de que incumplimos leyes pero convencidos de que esas leyes ni están actualizadas ni van en consonancia con los tiempos actuales.
El fotógrafo urbano no es un delincuente, no está haciendo nada malo... decir lo contrario será siempre prejuzgar.
Debemos meternos bien en la cabeza que no estamos haciendo daño a nadie, pero para ello, tenemos primero que marcarnos unos límites éticos basados en unos mínimos de responsabilidad y; sobre todo, tratar de sentir mucha EMPATÍA... así, con mayúsculas.

Fotografiar a menores de edad

Por poneros un ejemplo, yo tengo por costumbre no fotografiar nunca en lugares donde frecuenten menores de edad. Mis líneas rojas me impiden siquiera aparecer con una cámara en un parque infantil o en un colegio, evitando así bastantes problemas.
Proteger a los menores de edad es una prioridad, no vale ninguna excusa que justifique lo contrario.
Si por algún motivo se diese el caso un día de encontrarme con una escena que sí o sí creo que vale la pena ser registrada en una instantánea, pediría el permiso de los tutores legales del menor que apareciese en el encuadre.

Sin embargo, eso provocaría ya de por si un efecto de conocimiento previo y se hubiese perdido la esencia de la fotografía urbana para entrar ya en lo que considero fotografía de retrato. Pero, en el caso de haber llegado a ese extremo, no olvides que entonces, el consentimiento por escrito deberá estar firmado por todos y  cada uno de los tutores legales del menor.

Las situaciones ridículas

Nunca busco ni he buscado imágenes que pudiesen dejar en evidencia a nadie. La empatía hacia los demás es absolutamente imprescindible en esta disciplina.

Cuando fotografío en la calle me estoy retratando a mi mismo.

La máxima a seguir es bien simple y conocida por todos: No le hagas a los demás lo que no te gusta que hagan contigo. Por desgracia, esta máxima no es tomada en cuenta por algunos personajes que en su afán de coleccionar "me gusta" en  las redes sociales no dudan precisamente de eso mismo, de encontrar el ridículo mostrando situaciones comprometidas y en lugares en donde las personas son mucho más vulnerables y se muestran de una forma distinta y muchas veces más distendida a lo habitual (playas y piscinas, por ejemplo, donde además se presentan con menos ropa). Este tipo de fotógrafos son los que generan mala fama y producen rechazo por parte de los peatones y han conseguido que se pongan a la defensiva en cuanto alguien acerca una cámara al ojo.

¿Qué hacer si te descubren fotografiando?

Si te pillasen quitando una foto volvemos a lo mismo: actúa con naturalidad. Lo que nunca falla es la sonrisa, no pierdas la sonrisa ante ninguna situación o palabras que te puedan decir. Ten en cuenta que la persona pudo sentir que habías invadido su intimidad y sus primeras palabras podrían ser más bruscas de lo que ella misma quisiera.
 
Estuvimos durante mucho tiempo conviviendo con una pandemia que nos obligó a llevar mascarillas y podremos llegar a pensar que la sonrisa es más difícil de mostrar en ese tipo de situaciones. Sin embargo, las personas tenemos una extraordinaria facilidad para sentir, intuir e interpretar los más mínimos gestos del rostro. Los ojos, por ejemplo, hablarán de tu actitud. Tu sonrisa será capaz de traspasar el tejido y los filtros de cualquier mascarilla. Es un arma tan potente que atraviesa incluso aquello que no logrará hacer un virus tan dañino y terrible como el recientemente vivido.
 
Si cuando fotografías en la calle lo haces de una forma amable y tranquila es probable que nadie se te llegue a acercar. Por el contrario, si pierdes los nervios y actuas como si hubieses hecho algo malo, te van a interrogar y lo harán con la misma actitud y desconfianza que han percibido en ti.
Me molesta mucho ver fotografías de gente desfavorecida sin ninguna justificación.
Si alguien se te acerca a prenguntar por lo que estás haciendo, simplemente limítate a explicárselo sin miedo, no haces nada malo. Comenta tu visión de la imagen, de la escena. Muestra la foto incluso antes de que te la pidan y si después de todo te solicitan que la borres, no lo dudes porque están en su derecho. La eliminas y punto, sin complicarse en absoluto. No vale la pena y la otra persona siempre tendrá la razón.

Ninguna fotografía que vayas a eliminar será irrepetible. Si no la hiciste tú, otro fotógrafo la hará. Partiendo de esta premisa, ¿de verdad crees que vale la pena llegar a la sala de un juzgado por ello? Ya tendrás oportunidad algún día de exponer una escena parecida.

Qué hacer cuando alguien se molesta por una de tus publicaciones


Puede suceder también que en el momento de la exposición nadie te hubiese dicho nada o no se te exigiese eliminar la foto.

Muchas fotografías urbanas, la mayor parte de ellas, llegan a publicarse en blogs y redes sociales sin consentimiento de las personas que aparecen en ellas, siendo en realidad algo normal y habitual. Lo que no es de recibo es quitar una foto e ir preguntando depués a la persona retratada. Eso solamente conseguiría romper el ritmo de la sesión y además llamaría tanto la atención que el resto de transeúntes te tendrían perfectamente localizado y fichado; te tomarán por una amenaza. ¿Quién es esa persona que va por ahí con una cámara de fotos y para colmo tiene la desfachatez de interrumpir a la gente para contarles alguna milonga?

Normalmente la gente no se encuentra a sí misma y viene siendo lo más habitual que sean otros los que les avisen de que los vieron en una imagen. Muchos se sentirán orgullosos y les gustará aparecer en tu porfolio dependiendo de como sea y del contenido que suelas publicar así como de la tónica que sigas que podría tener un tono más serio o más satírico. Habrá incluso quien se moleste en contactarte y yo estoy convencido de que sería algo muy hermoso agradecérselo enviándoles una copia de su fotografía. Quedar bien sale barato y a corto plazo reporta muchos beneficios.
 
Todo aquel que se identifique en mis publicaciones, tiene garantizada una copia de la foto, así que si estás interesado, búscate y me encantará saber que un día te he podido fotografiar.

Pero, a pesar de ello, también tenemos que contemplar el caso contrario en el que a persona identificada se pueda sentir incómoda e incluso que nunca te hubiese dicho nada o no te haya pedido nunca eliminar la fotografía.

Prefiero borrar una foto a pensar que alguien se pueda sentir molesto al identificarse en ella. Trato de que la gente quiera aparecer en mis imágenes porque eso será lo que al final de mi vida se quede aquí de mi.
Lo normal sería que te lo hubiesen comunicado antes. Llevar una demanda de este tipo a un juzgado tiene un coste demasiado elevado y al igual que tu no podrás conocer con garantía el resultado, la otra parte tampoco. Precisamente, tu mejor defensa será que la otra parte no te hubiese hecho llegar sus impresiones o queja. Entonces, lo más probable será que te obliguen a eliminar la imagen y retirarla de los lugares donde hubiese sido publicada y ya, todo quedará en eso.

Pero en el caso de que alguien se hubiese puesto en contacto contigo y te hubiese comunicado que se siente molesto con la imagen, lo más razonable será siempre eliminarla de todos aquellos lugares en los que hubiese aparecido expuesta. Una vez hecho eso, es probable que ya no tenga que demandarte y en cuyo caso obrará a tu favor el hecho de haberla retirado enseguida pues existirá por tu parte una clara intención de colaboración y si lo hubieses acompañado de un escrito ofreciendo tus disculpas es realmente dificil que la cosa vaya a más. Pero llegado a este punto también podría ser que el desconocimiento de las partes puede propiciar que aunque el fotógrafo ponga todo su buen hacer y voluntariedad por resolver el conflicto, las ansias que muchos transeuntes tienen por creer que se les van a pagar unas compensaciones que equivaldrían casi a una pensión vitalicia, los puede llevar a continuar con el proceso de demanda. Luego ya se darán con un canto en los dientes... a no ser que te toque un juez que decida lo contrario.

De todas formas, si sabes que el fotografiado se siente indignado, te lo avisa y a ti te da absolutamente igual y prefieres seguir adelante con la exposición de la imagen pública de esa persona, has de prepararte para lo peor. Las cantidades exigidas por los juzgados en estas demandas son de cuantías verdaderamente importantes y, si ha sido por pura cabezonería, en parte lo tendrás bien merecido. Este tipo de actitudes por parte de algún fotógrafo que termina desgraciadamente en sentencias donde se exige una compensación económica tan elevada, son carne de cañón en la prensa y propicia precisamente el que haya gente que insista en la demanda... ¡pero ojo! son casos excepcionales y muy distintos entre si.

 

Conclusiones:

Legalmente no puedes fotografiar personas en la calle aunque te encuentres en un espacio público y abierto.
 
Por el contrario, no estás haciendo daño a nadie. No haces nada malo. Esto resulta muy paradójico si lo confrontamos con la legislación. Se nos prohibe algo que no daña a nadie.

Trata de fotografiar la calle y, por ende, gente en la calle también. Cuando te centras en la persona debes saber que dejas de fotografiar la calle para entrar en el terreno del retrato y hay quien habla entonces de una disciplina al que llaman retrato de calle pero a mi no me deja de parecer un retrato realizado en exteriores. Sin embargo, el genero que nació como street photography consistía precisamente en ello, hacer retratos consentidos y posados en la calle y consiguientemente, gente en la calle también. A mi por eso me cuesta utilizar el término de street, calle o callejera; prefieriendo el término de fotografía urbana.

Pero las leyes están bien, deben ser así, no son perfectas pero tampoco malas y están ahí para ayudarnos. Yo en ningún momento opiné ni diré jamás lo contrario ni esta es una publicación que tenga como objetivo que te las saltes, simplemente que las conozcas.
 
Lo único que a mi me molesta de todo esto es la tremenda hipocresía que se muestra en ciertas ocasiones, como por ejemplo que levantes un teléfono móvil y puedas hacer todas las fotos que te venga en gana pero si lo intentas con una cámara fotográfica más allá de las compactas, no tarda en aparecer alguien para intentar impedírtelo.
 
Así que a pesar de todas las restricciones y complicaciones, no pierdas las ganas de salir a fotografiar a la calle pues es un medio sumamente interesante e importante para documentar la vida de tu época y ¿quién sabe? igual te podría llegar a ser de mucha utilidad en el futuro.
 

De nuevo gracias por regalarme tu tiempo leyendo algo tan extenso y espero haya sido de tu interés y te haya ayudado en algo a tener clara la situación de la figura legal cuando practicas fotografía en las calles de tu barrio. Cualquier cosa que quieras decirme me encantará leerla en los comentarios. Gracias, saludiños 😉😊

Comentarios

Publicacións populares