Coma un río de sangue / Como un río de sangre

Publicación bilingüe (galego/español)

Ir a versión en ESPAÑOL

[GALEGO]


Cando temos pouco tempo pra fotar hai que tratar de aproveitalo e gozalo ó máximo. Así foi coma chegamos tentar fotografía nocturna neste lugar que podería non ter nada especial, pero eu son dos que coidan que coma fotógrafos temos ese poder de converte-la fealdade en beleza se así quixeramos e non precisamente a base de retoques.

Unha nota: igual o título pódeche parecer algo enganoso neste intre, pero se rematas de ler esta publicación chegaras a comprendelo.


O lugar escollido, non planificado (desgraciadamente e coma xa ven sendo costume en min) foi a arboreda que ademais fai de merendeiro no miradoiro que hai na base do Monte do Viso (Santiago de Compostela) onde podes gozar dunhas boas vistas cara Cidade da Cultura, alo menos mentres non medren as árbores plantadas de xeito moi intelixente entre o miradoiro e a zona a contemplar desde o mesmo. Igual que aconteceu noutros miradoiros compostelanos dos que igual vos falo algún día, algunha das fotos que conseguín quitar xa desde este lugar, nuns aniños serán xa imposíbeis. E é que gobérnanos xente moi intelixente.

Estabamos case en Lúa Nova e ademais a visibilidade esde día, 30 de xaneiro de 2022 non se agardaba até as sete da mañá. Con todo, non se trataba dunha noite escura de todo, posíbelmente por mor da contaminación lumínica producida pola propia Cidade da Cultura e pola cidade de Santiago de Compostela. Cabe comentar, pra sermos xustos, que tampouco estamos na cidade con máis contaminación lumínica deste país e neste aspecto coido que temos bastante sorte.

Desde ese mesmo lugar tiña quitado estoutra foto, e coma os humanos somos os únicos que caemos na mesma pedra dúas veces pois decidinme a repetir experiencia un pouquiño máis cedo que nese outro día. Na foto de Cidade da Cultura igual pensades que eu tiña iluminado algo, mais non! O primeiro plano foi iluminado polos faros dos vehículos de parelliñas que viñan pasar un ratiño íntimo e con boas vistas pola noite sen contar con que un toliño cunha cámara fotográfica podería vir facer este tipo de cousas... facer fotos pola noite? a quen se lle conte!

Así é coma estaba no pasado 30 de xaneiro a noite. Fixádevos que cara Cidade da Cultura non se vían nin as estrelas por mor da luminosidade e tamén da nubosidade. A foto anterior, igual ca meirande parte das que aparecen nesta publicaciòn, foron quitadas co móbil e non foron editadas en ningún momento, só pretenden ser imaxes documentais da sesión.

Só quedaba tentar facer algo distinto e ocorreuseme este cadro que pensei podería gañar coas trazas das estrelas que ademais víanse con claridade cara esa orientación que era moito máis escura.

Era unha velada fría e comezamos expoñendo controlando a cámara co móbil, unha vez colocado o trípode e axustada a exposición. Foi ilumina-lo escenario e logo agardar a que as estrelas pintasen o resto. A seguinte foto quitouma Patty Inostroza co seu móbil e nesa pódese ver como imos controlando a evolución da exposición co móbil que teño posto enriba, mentres aproveitamos pra ver unha peli no teléfono que temos embaixo. Aproveito pra comentarche que encántame o cine e que se queres que incluamos as nosas opinións sobre as películas que vemos, mo podes dicir a través dos comentarios.

Na foto do interior do coche podes pensar claramente que teño o frontal encendido, pero non. Iso forma parte da maxia da iluminación da fotografía nocturna e de pintar con luz. Esa iluminación provén dunha linterna MiniMaglite LED posta embaixo e que foi acendida precisamente pra quita-la foto. Ó reflectirse a luz no frontal produce esa sensación de estar prendido. Tomo nota delo porque así entenderás coma é que se "acenden" os faros dun vehículo na disciplina do lightpainting.


Pero volvamos ó noso! Non podía ser todo tan fermos e pasados vinte minutos de exposición chegou a primeira parella nunha furgoneta. Aí foi onde me decatei que o control remoto do móbil non e quizais o mellor sistema pra este tipo de fotografía, pois cando quixen deter a exposición non fun quen... perdera a conexión xusto no intre no que máis a precisaba. E a furgo arruinoume a foto por completo... vinte minutos perdidos en tan so un segundo.



Fíxate na foto anterior, quitada tamén co móbil... Cando a furgoneta chegou e a pesar de que o aparcadoiro é un pouco máis adiante, xusto a uns metros á esquerda do escenario elexido, por algún motivo que aínda non chego a comprender, a condutora (falo en fiminino porque era unha moza aínda que nese intre eu non o sabía... pero igual podería ser un mozo perfectamente so que quero ser fiel á verdade e realidade dos feitos) xirou xusto diante da cámara e dirixiuse directamente cara a árbore que eu estaba a fotografar. Non lle debeu gustar moito quedarse alí porque entón decidiu cambiar de posición e manobrando cara atrás foi chocar coa árbore que queda á dereita do meu suxeito. Alí quedaron... apagaron as luces e din por feito que pensaban quedarse alí.
 
Entón, e sen pensar sequera se na furgoneta podería existir algún tipo de perigo, quizáis porque xa teño algunha saída nocturna e experiencias semellantes, decidín achegarme a falar con eles.
Aquí  debo deixar claro e advertir de que o que eu fixen foi nese intre unha temeridade absurda e a desaconsello totalmente pois poderíame ter metido nunha boa lea e a miña integridade física ou incluso a miña vida ter corrido un grande e innecesario risco. No fondo sei que tiven moita sorte. Nese intre só amosei ser un total e estúpido inconsciente. Non me imitedes, al menos niso non!

A sorte foi que acheime ante unha parella en busca dun rincón íntimo e aínda que non chegaron a comprender moi ben que puidese estar quitando fotos en total escuridade, tratei de explicarlles que a min pouco me importaba o que viñesen facer e lles deixei claro ademais que non tiña ningún dereito a pedirlles nada, pero que me facían un favor moi grande se buscaban outro sitio e indiqueilles onde estaba o aparcadoiro, que é moi grande, tranquilo e con moi boas vistas. Non se opuxeron e con total amabilidade preguntáronme primeiro se poderían estar ó meu carón e aí tívenlles que volver explicar que non me importaba, pero que bastaba acender unha luz ou un faro do vehículo pra estropearme media hora de traballo. En parte incrédulos, foron moi amábeis e remataron indo cara o lugar que eu lles amosara, non sen antes rasca-los baixos da furgoneta coa rocha que hai xusto á dereita do meu suxeito, baixo a mesa das merendas.

Consello: Pola noite, meterse co coche nun lugar escuro e descoñecido pode producir serios danos materiais no teu vehículo, independientemente da destreza e experiencia que teñas ó volante.

Con todo, a noite non detivo nese intre o ir e vir dos vehículos e pronto comezou o baile de parellas obrigándome a deter as exposicións cada dous por tres e casi imposibilitando a culminación do traballo. Algunha delas, cando chegaba ó meu carón, freaba abrindo os ollos coma pratos ó atoparse nun lugar afastado e co que contaban con certa intimidade a un tipo vestido de negro e cun frontal na cabeza e un trípode sostendo unha cámara fotográfica.

 

Porén, debo admitir que certos destrozos na exposición déronme unha idea curiosa e en parte propiciada por ese adaxio que nos di que se non podes co teu inimigo o mellor será que te lle unas.

Así foi coma nun primeiro momento ocorréuseme "Río de sangue", iluminada en parte coas luces de freado dalgún vehículo.

Logo, cando cheguei ve-la imaxe en grande no meu ordenador, o que crin que podería servirme coma "beira do río", o trociño de asfalto, ó final rematou por desagradarme e na foto final optei por eliminar esa zona en lugar de coller un programa informático e retoca-la imaxe... cousa que quizáis un día me pare a facer e se queres animarme a elo tamén mo podes dicir a través dos comentarios.

O que si teño claro é que se podo rematar a foto na propia cámara, non o farei logo en procesado pois o resultado final tivese sido o resultado de usa-los tiradores básicos proporcionados por calquera ferramenta de revelado dixital. O retoque máis drástico pode ser cecais a eliminación do lixo que aparece á esquerda e que fixen co quitamanchas, pois iso paréceme totalmente lícito e entra dentro dos meus límites á hora de retocar e cambiar cousas... aínda que  o vin e sabía que entraba no cadro cando estaba expoñendo e podería ter usado as miñas propias mans pra retiralo dalí, non dispoñía de lubas e decidín que non era o meu traballo, que esa pequena proporción da imaxe a podería arranxar en procesado sen sentir un conflito interno que me producise un trauma. Podedes ver tamén unas estrañas iluminacións horizontais que posibelmente foron producidas por unha persoa que cruzou cun chaleque reflectinte e que coido viña estudar precisamente o fenómeno que acontecía na base do monto porque igual que eu vin luces no cumio, que poderían vir doutros fotógrafos, eles tamén tiñan que ve-las miñas... pero eles ficarían alí mentres eu pensaba marcharme enseguida do lugar e os deixaría facer-las súas exposicóns con total tranquilidade durante o resto da noite... Asegúrovos que peor lles ía ir co tema dos faros dos coches. Cando non me dixeron nada, supoño que eu era o menor dos seus problemas e simplemente sentiron curiosidade.

E ata aquí a experiencia que vos traio hoxe! Se queredes deixar algún comentario, tendes algúnha dúbida ou calquera outra cousa que vos veña á cabeza, estarei encantado de ofrecervos resposta. Se vos gustan este tipo de publicacións ou queredes coñecer máis datos sobre a exposición, poderemos incluso facer unha nova entrada adicada a explicar coma facer este tipo de fotografías.

Grazas! Unha aperta 😀

 

[ESPAÑOL]


Cuando tenemos poco tiempo para fotar hay que tratar de aprovecharlo y disfrutarlo al máximo. Así fue como llegamos a intentar fotografía nocturna en este lugar que podría no tener nada especial, pero yo soy de los que creen que como fotógrafos tenemos ese poder de convertir la fealdad en belleza si así quisiéramos y no precisamente a base de retoques.

Una nota: igual el título te puede parecer algo engañoso en este momento, pero si terminas de leer esta publicación llegarás a entenderlo.


El lugar escogido, no planificado (desgraciadamente y como es costumbre en mi) fue la arboreda que además hace de merendero en el mirador que hay en la base del Monte do Viso (Santiago de Compostela) donde puedes disfrutar de unas buenas vistas hacia Cidade da Cultura, al menos mientras no crezcan los árboles plantados de forma muy inteligente entre el mirador y la zona a contemplar desde el mismo. Igual que ha sucedido en otros miradores compostelanos de los que igual os hablo algún día, alguna de las fotos que conseguí quitar ya desde este lugar, en unos años serán imposibles. Y es que nos gobierna gente muy inteligente.

Casi estábamos en Luna Nueva y además la visibilidad ese día, 30 de enero de 2022 no se esperaba hasta las siete de la mañana. De todas formas, no se trataba de una noche oscura del todo, posiblemente por culpa de la contaminación lumínica producida por la propia Cidade da Cultura y por la ciudad de Santiago de Compostela. Cabe comentar, para ser justos, que tampoco estamos en la ciudad con más contaminación lumínica de este país y en este aspecto creo que tenemos bastante suerte.


Desde ese mismo lugar había quitado esta otra foto, y como los humanos somos los únicos que caemos en la misma piedra dos veces pues me decidí a repetir experiencia un poquito más temprano que en ese otro día. En la foto de Cidade da Cultura igual pensais que yo había iluminado algo, ¡pero no! El primer plano había sido iluminado por los faros de los vehículos de parejitas que venían a pasar un ratito íntimo y con buenas vistas por la noche sin contar con que un loquillo con una cámara fotográfica podría venir a hacer este tipo de cosas... ¿hacer fotos por la noche? ¡a quién se le cuente!

Así es como estaba el pasado 30 de enero la noche. Fijáos que hacia Cidade da cultura no se veían ni las estrellas por culpa de la luminosidad y también de la nubosidad. La foto anterior, igual que la mayoría de las que aparecen en esta publicación, fueron quitadas con el móvil y no han sido editadas en ningún momento, solamente pretenden ser imágenes documentales de la sesión.


Sólamente quedaba intentar hacer algo distinto y se me ocurrió este encuadre que pensé podría ganar con las trazas de estrellas que además se veían con claridad hacia esa orientación que era mucho más oscura. 

Era una velada fría y comenzamos exponiendo controlando la cámara con el móvil, una vez colocado el trípode y ajustada la exposición. Fue iluminar el escenario y luego esperar a que las estrellas pintasen el resto. La siguiente foto me la quitó Patty Inostroza con su móvil y en ella se puede ver como vamos controlando la evolución de la exposicón en el móvil que tengo situado encima, mientras aprovechamos para ver una peli en el móvil que tenemos debajo. Aprovecho para comentarte que me encanta el cine y que si quieres que incluyamos nuestras opiniones sobre las películas que vemos, puedes decírnoslo a través de os comentarios. 

En la foto del interior del coche puedes pensar claramente que tengo el frontal encendido, pero no. Eso forma parte de la magia de la iluminación de la fotografía nocturna y de pintar con luz. Esa iluminación proviene de una linterna MiniMaglite LED situada debajo y que fue encendida precisamente para quitar la foto. Al reflejarse la luz en el frontal produce esa sensación de estar encendido. Toma nota de ello porque así entenderás como se "encienden" los faros de un vehículo en la disciplina del lightpainting.


¡Pero volvamos a lo nuestro! No podía ser todo tan hermoso y pasados veinte minutos de exposición llegó la primera pareja en una furgoneta. Ahí me di cuenta de que el control remoto del móvil no es quizás el mejor sistema para este tipo de fotografía, pues cuando quise detener la exposición no fui capaz... había perdido la conexión justo en el momento en que más la necesitaba. Y la furgo me arruinó la foto por completo... veinte minutos perdidos en tan solo un segundo.




Fíjate en la foto anterior, quitada también con el móvil... Cuando la furgoneta llegó y a pesar de que el aparcamiento es un poco más adelante, justo a unos metros a la izquierda del escenario elegido, por algún motivo que todavía no llego a comprender, la conductora (hablo en femenino porque era una moza aunque en ese momento yo no lo sabía... pero igual podría ser un chico perfectamente, sólo quiero ser fiel a la verdad y realidad de los hechos) giró justo delante de la cámara y se dirigió directamente hacia el árbol que yo estaba fotografiando. No le debió gustar mucho quedarse ahí porque entonces decidió cambiar de posición y maniobrando hacia atrás fue a chocar con el árbol que queda a la derecha de mi sujeto. Allí quedaron... apagaron las luces y di por hecho que pensaban quedarse allí.

Entonces, y sin pensar siquiera en si en la furgoneta podría existir algún tipo de peligro, quizás porque ya tengo alguna salida nocturna y experiencias semejantes, decidí acercarme a hablar con ellos.

Aquí  debo dejar claro y advertir que lo que yo hice fue en ese momento una temeridad absurda y la desaconsejo totalmente pues me podría haber metido en un buen lío y mi integredidad física o incluso mi vida haber corrido un gran e innecesario riesgo. En el fondo sé que tuve mucha suerte. En ese momento solamente desmostré ser un total y estúpido incosnciente. No me imitéis, ¡al menos en eso, no!

La suerte fue que se trataba de una pareja en busca de un rincón íntimo y aunque no llegaron a entender muy bien que pudiese estar haciendo fotos en total obscuridad, traté de explicarles que a mi poco me importaba lo que viniesen a hacer y les dejé claro además que yo no tenía ningún derecho a pedirles nada, pero que me harían un grandísimo favor si buscaban otro lugar y les indiqué donde estaba el aparcamiento, que es muy grande, tranquilo y con muy buenas vistas. No se opusieron y con total amabilidad me preguntaron primero si podrían estar a mi lado y ahí les tuve que volver a explicar que no me importaba, pero que bastaba que encendiesen una luz o un faro de su vehículo para estropearme media hora de trabajo. En parte incrédulos, fueron muy amables y terminaron yendo hacia el lugar que yo les había mostrado, no sin antes racar los bajos de la furgoneta con el pedrusco que hay justo a la derecha de mi sujeto, bajo la mesa de meriendas.

Moraleja: Por la noche, meterse con el coche en un lugar obscuro y desconocido puede producir serios daños materiales en tu vehículo, independientemente de la destreza y experiencia que tengas al volante.

De todas formas, la noche no detuvo en ese momento el ir y venir de los vehículos y pronto comenzó el baile de parejas obligándome a detener las exposicións cada dos por tres y casi imposibilitando la culminación del trabajo. Alguna de ellas, cuando llegaba a mi lado, frenaba abriendo los ojos como platos al encontrarse en un lugar apartado y con el que contaban con cierta intimidad a un tipo vestido de negro, con un frontal en la cabeza y un trípode sosteniendo una cámara fotográfica.



Sin embargo, debo admitir que ciertos destrozos en la exposición me dieron una idea curiosa y en parte propiciada por esa sentencia que nos dice que si no puedes con tu enemigo lo mejor será que te le unas.

Así fue como en un primer momento se me ocurrió "Río de sangre", iluminada en parte con las luces de frenado de algún vehículo.

Después, cuando llegué a ver la imagen en grande en mi ordenador lo que creí podría servirme como "orilla del río", el trocito de asfalto, al final terminó por desagradarme y en la foto final opté por eliminar esa zona en lugar de coger un programa informático y retocar la imagen... cosa que quizás un día me detenga a hacer y si quieres animarme a ello también me lo puedes decir a través de los comentarios.

Lo que sí tengo claro es que si puedo terminar la foto en la propia cámara, no lo haré luego en procesado pues el resultado final hubiese sido el resultado de usar los tiradores básicos proporcionados por cualquier herramienta de revelado digital. El retoque más drástico puede ser quizás la eliminación de la basura que aparece a la izquierda y que hice con el quitamanchas, pues eso me parece totalmente lícito y entra dentro de mis límites a la hora de retocar y cambiar cosas... aunque lo vi y sabía que entraba en el encuadre cuando estaba exponiendo y podría haber usado mis propias manos para retirarlo de allí, no disponía de guantes y decidí que no era mi trabajo, que esa pequeña proporción de la imagen la podría arreglar en procesado sin sentir un conflicto interno que me produjese ningún trauma. Podéis ver también unas extrañas iluminaciones horizontales que posiblemente fueron producidas por una persona que cruzó con un chaleco reflectante y que creo venía a estudiar precisamente que era lo que sucedía en la base del monte porque igual que yo vi luces en la cima, que podían venir de otros fotógrafos, ellos también tenían que ver las mías... pero ellos quedarían allí mientras yo pensaba marcharme enseguida del lugar y los iba a dejar hacer sus exposiciones con total tranquilidad durante el resto de la noche... Os aseguro que peor les iba a ir con el tema de los faros de los coches. Cuando no me dijeron nada, supongo que yo era el menor de sus problemas y simplemente sintieron curiosidad.


¡Y hasta aquí la experiencia que os traigo hoy! Si queréis dejar algún comentario, tenéis alguna duda o cualquier otra cosa que os venga a la cabeza, estaré encantado de ofreceros respuesta. Y si os gustan este tipo de publicaciones o queréis conocer más datos sobre la exposición, podremos incluso hacer una nueva entrada dedicada a explicar cómo hacer este tipo de fotografías.

¡Gracias! Un abrazo 😀

 

Comentarios

Publicacións populares