Zumiño ás Torres Hejduk / Zumito a las Torres Hejduk

Publicación bilingüe (galego/español)

Ir a versión en ESPAÑOL

[GALEGO]


Se vos amoso unha imaxe das Torres Hejduk seguramente a poderedes recoñecer rapidamente xa que trátase dun monumento icónico dunha contorna que cos anos vai expoñéndose xeograficamente chamada Cidade da Cultura.

A fotografía que hoxe vos achego foi unha das primeiras que captei coa miña pequena réflex de iniciación e á que teño moito agarimo pois era unha sinxela proba da miña nova Nikon D3400 e nunca cheguei a pensar rexistrar unha imaxe aproveitábel e moito menos nocturna nese mesmo día.

A torre ese día mudaba de cor desde un branco nuclear ata o vermello máis intenso e ó principio adiqueime a fotografala tratando de recolle-las dúas cores levando a conta temporal mentalmente entre una cor e a outra.

Cando me veu a idea á cabeza dunha longa exposición decateime de que non levaba trípode comigo e que podería chegar a ser algo difícil. Porén, decidin seguir probando o lente que viña co kit, de focal variábel (moi rápido, por certo, á hora de enfocar) e que normalmente lle chaman pisapapeis. Estabilicei apoiándome nos bambáns que por aquel entón tiñan instalados xusto ó carón das torres e fun probando velocidades e movementos do anel de control da distancia focal ata obter na mesma toma o cambio de cores.

Obviamente, os datos EXIF non nos amosan o percorrido da lente, por iso a distancia focal non é de gran consideración aínda que vola deixo igual por se vos interesa coñece-lo punto xusto onde os datos quedaron rexistrados: ISO 100; 36mm; f/6.3, 1,3 segundos. Xa sei que non é unha fotografía perfecta e que seguramente a tivese mellorado moitísimo co tempo pero, sinceramente, ó final e por moito que me achegue a un dos meus lugares favoritos en Compostela, nunca me sentín tentado a facelo por ese afecto que lle teño. Trátase dunha imaxe nocturna pictórica baseada na irradiación e agardo que vos guste.

Se vos gustan este tipo de publicacións non dubidedes en facermo saber a través dos comentarios e iso animarame a seguir adiante, tamén podedes deixar calquera suxestión ou consulta que estarei encantado de responder. 

 

[ESPAÑOL]


Si os muestro una imagen de las Torres Hejduk seguramente la podréis reconocer rápidamente ya que se trata de un monumento icónico de un entorno que con los años va expandiéndose geográficamente llamado Cidade da Cultura.

La fotografía que hoy os acerco fue una de las primeras que capté con mi pequeña réflex de iniciación y a la que le tengo mucho cariño pues era una simple prueba de mi nueva Nikon D3400 y nunca llegué a pensar registrar una imagen aprovechable y mucho menos nocturna ese mismo día.

La torre ese día cambiaba de color desde un blanco nuclear hasta el rojo más intenso y al principio me dediqué a fotografiarla trantando de recoger los dos colores llevando la cuenta temporal mentalmente entre un color y el otro.

Cuando me vino la idea a la cabeza de una larga exposición me di cuenta de que no llevaba trípode conmigo y que podría a llegar a sera algo difícil. Sin embargo, decidí seguir probando el objetivo que venía con el kit, de focal variable (muy rápido, por cierto, a la hora de enfocar) y que normalmente le llaman pisapapeles. Estabilicé apoyándome en los columpios que por aquel entonces se erigían justo al lado de las torres y fui probando velocidades y movimientos con el anillo de control de la distancia focal hasta obtener en la misma toma el cambio de colores.

Obviamente, los datos EXIF no nos muestran el recorrido de la lente, por eso la distancia focal no es de gran consideración aunque os la dejo igual por si os interesa conocer el punto justo en donde los datos quedaron registrados: ISO 100; 36mm; f/6.3; 1,3 segundos. Ya sé que no es una fotografía perfecta y que seguramente la hubiese podido mejorar muchísimo con el tiempo pero, sinceramente, al final y por mucho que me acerque a uno de mis lugares favoritos en Compostela, nunca me sentí tentado a hacerlo por ese afecto que le tengo. Se trata de una imagen nocturna pictórica basada en la irradiación y espero que os guste. 

Si os gustan este tipo de publicaciones no dudéis en hacérmelo saber a través de los comentarios y eso me animará a seguir adelante, también podéis dejar cualquier sugerencia o consulta que estaré encantado de responder.

Comentarios

Publicacións populares