Casualidades vs. intuición

Publicación bilngüe (galego/español)

[GALEGO]

Na rúa hai moitas variábeis que co tempo imos interiorizando. Pra min é moi importante chegar a coñecer ben a contorna pois iso axuda a facilitar certas composicións e atopar dun xeito máis sinxelo as coincidencias de cor ou calquera outra cousa que poida supoñer certa sorpresa ante o lugar que estamos a visitar.

Pero tamén debemos saber que moitos fotógrafos tiran de retoque pra acadar certas concordancias por software e pode facer que o espectador non crea na existencia de tal cando observa unha foto procesada de máis coma esta que vos traio hoxe.

Aclarar que o que vos comparto baixo estas liñas e ata novo aviso son as imaxes pasadas directamente desde a cámara do meu móbil, sen ningún outro procesado co que fago na miña cámra pra obtelas tan cal, tanto en RAW coma JPG. Por iso igual máis adiante, cando lle faga un revelado a algunha (pois todavía as manteño en repouso) ese resultado podería variar.

 
A tarde púxose marabillosa e coma Patty nos conta na súa publicación Puestas de sol desde el Pazo de Raxoi estabamos a fixarmos nun espectacular contraste no ceo do que poucos parecían decatarse, pois acababa de caer unha importante chuvia e a xente todavía levaba os seus paraugas.


Porén, tras Raxoi estábase a formar algo do que aqueles que o descubrían eran aqueles que nos vían ollar cara alí... por certo... teño que atopar un paraugas de cabeza pero algo máis grande co da señora porque pode ser un perfecto mans libres pra fotar na rúa chovendo e sen ter unha cámara selada. Tamén aclarar que aínda que vos poida parecer que o ceo quedou queimado, xusto dese lado tiñámolo sol e eu sabía que un sinxelo revelado podería solucionalo... de feito déixovos embaixo destas liñas un moi rápido pensado pra esta publicación... revelado que obviamente repetirei con tranquilidade se decido traballa-la foto no futuro:


A que cambia o cuento? Pero iso non se consegue se na cámara non  deixas un bo arquivo co que logo traballar... a non ser que xa te metas no terreo da ilustración dixital que a min non me disgusta e tampouco síntome coma o seu inimigo aínda que non a practique 🤔 pero pode que o día que me poña a elo, namore dese fluxo de traballo... nunca direi que non!

Pero volvendo á foto principal, o certo é que estaba compoñendo cara esta zona e fixándome nas cálidas lámpadas e no ben que se integraban co solpór.

Logo de ter traballado un tempo nelo, xireime pra seguir coa escalinata e coa Fachada do Obradoiro pois tamén dispón dunha lámpada interesante.

Faltábame un ceo con esa potencia que tira cara o outro lado pero aínda así gústame este tipo de fotos con xente facéndose retratos que é algo típico dese lugar e a parella que baixaba de azul coincidía en tonalidade co ceo. Por certo, sabedes quen está a fotar baixo a lámpada? Si! Patty!! 😂😂 Coa miña foto xa temos un "detrás das cámaras" da súa publicación 😂😂

Outra anécdota! Porque nas rúas sempre as hai. A parella de azul fixouse na miña pequena Olympus prateada (porque en prata, o certo é que chama a atención) e detívose falar comigo porque lle pareceu unha cámara clásica... Xa non che digo nada se me chegan ver coa Zenit 122!! 😂😃


Bon... vaiamos rematando ou farásenos de noite 😬😉


O caso foi que por sorte, porque a sorte tamén inflúe, pasou un home facendo deporte... coma adoito eu máis ou menos! 😂😂 e cheguei decatarme xusto a tempo desa coincidencia de cores que andaba a buscar xusto no abrigo do home que se achegaba.

Cachis! Que mala sorte non telo pillado tamén do outro lado!

 
Foi unha foto que apeteceume procesar dun xeito distinto e moi inmediato collendo o arquivo JPG pasado directamente desde a cámara e importándoo no Snapseed, unha app de Google que podes atopar de balde na súa tenda pra retoque fotográfico dixital. Tamén atopar na tenda de iOS. Con ela fixen esta imaxe que non me disgusta aínda que se afasta bastante do meu fluxo de traballo procesando en Lightroom. Con todo, de cando e vez hai que saír da rutina pra non perder ese puntiño de diversión e novidade. Adoita ser algo refrescante.

Aínda que non me disgusta o encadre, xa postos a saír do habitual, por que non probar tamén cambiando o formato? Porque adoitamos vivir prisioneiros dos formatos que nos impoñen os fabricantes das nosas cámaras... ou peor aínda... dos que nos veñen impostos por certas redes sociais. Así que tamén apeteceume reencadrar.

Posibelmente o procesado desta foto cambie co tempo, pero polo de agora a min non me disgusta demasiado.
 
E a ti que che parece? Gústache? Apetéceche que sega a comentar o que hai detrás dalgunhas fotos que fago? Se é así podes comentar aquelo que che pareza e con gusto dareiche resposta.


[ESPAÑOL]

En la calle hay muchas variables que con el tiempo vamos interiorizando. Para mi es muy importante llegar a conocer bien el entorno pues eso ayuda a facilitar ciertas composiciones y encontrar de una forma más sencilla las coincidencias de color o cualquier otra cosa que pueda suponer cierta sorpresa ante el lugar que estamos visitando.

Pero también debemos saber que muchos fotógrafos tiran de retoque para conseguir ciertas concordancias por software y puede hacer que el espectador no crea en la existencia de tal cuando observa una foto procesada de más como esta que os traigo hoy.

Aclarar que lo que os comparto bajo estas líneas y hasta nuevo aviso son las imágenes pasadas directamente desde la cámara de mi móvil, sin ningún otro procesado con el que hago en mi cámara para obtenerlas tal cual, tanto en formato RAW como JPG. Por eso igual más adelante, cuando le haga un revelado a alguna (pues todavía las mantengo en reposo) ese resultado podría variar.

La tarde se puso maravillosa y como Patty nos cuenta en su publicación Puestas de sol desde el Pazo de Raxoi estábamos a fijarnos en un espectacular contraste en el cielo del que pocos parecían darse cuenta, pues acababa de caer un importante aguacero y la gente todavía portaba sus paraguas.

Sin embargo, tras Raxoi se estaba formando algo que los que lo descubrían eran aquellos que nos veían mirar hacia allí.... por cierto... tengo que encontrar un paraguas de cabeza pero algo más grande que el de esta señora porque puede ser un perfecto manos libres para fotar en la calle lloviendo y sin tener una cámara sellada. También aclarar que aunque os pueda parecer que el cielo quedó quemado, justo de ese lado teníamos el sol y yo sabía que un simple revelado podría solucionarlo... de hecho os dejo debajo de estas líneas uno muy rápido pensado para esta publicación... revelado que obviamente repetiré con tranqilidad si decido trabajar en el futuro la foto:

¿A que cambia el cuento? Pero eso no se consigue si en cámara no dejas un buen archivo con el que luego trabajar... a no ser que ya te metas en el terreno de la ilustración digital que a mi no me disgusta y tampoco me siento como su enemigo aunque no lo practique🤔  pero puede que el día que me ponga a ello, me enamore de ese flujo de trabajo... ¡nunca diré que no!

Pero volviendo a la foto principal, lo cierto es que estaba componiendo hacia esta zona fijándome en las cálidas farolas y en lo bien que se integraban con la puesta de sol. 
 
Tras haber trabajado un tiempo en eso me giré para seguir con la escalinata y la Fachada do Obradoiro pues también dispone de una farola interesante.


Me faltaba un cielo con esa potencia que tenía en el otro lado, pero aún así me gustaba este tipo de fotos con gente haciéndose fotos que es algo típico de este lugar y la pareja que bajaba de azul y cuyas prendas coincidían en color con el cielo. Por cierto, ¿sabéis quién está fotando bajo la farola? ¡Exacto! Es Patty😂😂 Con mi foto ya tenemos un "detrás de las cámaras" de su publicación 😂😂

¡Otra anécdota! Porque en las calles siempre las hay. La pareja de azul se fijó en mi pequeña Olympus plateada (porque en plata, la verdad es que llama la atención) y se detuvo a hablar conmigo porque le pareció una cámara clásica... ¡¡Ya no digo nada si me llegan a ver con la Zenit 122!!😂😃

Bueno... vayamos rematando o se nos hará de noche 😬😉

O caso foi que por sorte, porque a sorte tamén inflúe, pasou un home facendo deporte... coma min
El caso fue que per suerte, porque la suerte también influye, pasó un hombre haciendo deporte... ¡más o menos como suelo hacer yo! 😂😂 y llegué a darme cuenta justo a tiempo de esa coincidencia de colores de la cazadora que estaba buscando...

¡Cachis! ¡Qué mala suerte no haberlo pillado también del otro lado!

 
Fue una foto que me apeteció procesar de una forma distinta y muy imediata cogiendo el archivo JPG pasado directamente desde la cámara e importándolo a Snapseed, una app de Google totalmente gratuita para retoque fotográfico digital que podéis encontrar disponible tanto para Android como para iOS y con la que hice esta imagen que no me disgusta aunque se aleja bastante de mi flujo de trabajo procesando en Lightroom. De todas formas, de vez en cuando hay que salir de la rutina para no perder ese puntito de diversión y novedad. Suele ser algo refrescante.

Aunqe no me disgusta el encuadre, ya puestos a salir de lo habitual, ¿por qué no probar también cambiando el formato? Porque solemos vivir prisioneros de los formatos que nos imponen los fabricantes de nuestras cámaras... o peor aún... de los que nos imponen ciertas redes sociales. Así que también me apeteció reencuadrar.

Posiblemente el procesado de esta foto cambie con el tiempo, pero por ahora a mi no me disgusta demasiado.
 
¿Y a ti qué te parece? ¿Te gusta? ¿Te apetece que siga comentando lo que hay detrás de algunas fotos que hago? Si es así puedes comentar aquello que te apetezca y con gusto te responderé.

Comentarios

Publicacións populares