O fado dunha foto con FreePrints / El destino de una foto con FreePrints

Publicación bilingüe (galego/español)
 

[GALEGO]

Hai unhas semanas, o amigo Gonzalo Lozano (que xa sabedes que é o responsábel dun Podcast con fantásticas entrevistas chamado Fotógrafo Aprendiz que podes tamén atopar en YouTube) faloume dunha app que usa pra imprimir fotos habitualmente e que me decidín a probar porque o sistema sorprendeume e pareceume tamén moi atractivo. O venres 25 recibín as miñas primeiras copias e hoxe cóntoche coma me foi.

 Pra facerlle xustiza prégoche que remates de le-la publicación antes de prexulga-la calidade da impresión polas imaxes que che vou amosar porque argallei unha pequena trampa que vai qudar ó descuberto ó remate e ademais por un motivo que coñecerás se te-la paciencia de completala, ademáis dun pequeno agasallo. 


FreePrints, a app de impresión que lle devolve o destino final á fotografía dixital.

Sexamos sinceiros! Dede a chegada da fotografía dixital e o aumento da calidade das cámaras dos teléfonos móbiles, quitamos moitas fotos e a meirande parte delas morren esquecidas nun disco duro sen chegar cumplir o ciclo vital pró que estaban destinadas.

Eu sonche un auténtico convencido de que ese destino final é o papel. Ese ciclo do que falo non debería rematar até o intre da impresión.

O que acontece tamén é que pra que saia rentábel debemos xuntarmos cun mínimo de 100 a 500 fotos e iso fai que as vaiamos acumulando e logo a edición tampouco será demasiado apetecíbel.


Que che parecería imprimir 45 fotos ó mes a tamaño de 10x15cm (2:3) por uns 7€? E sen desprazamentos?

 
Pois iso é FreePrints, unha app pra dispositivos móbiles (a atoparás tanto pra iOS coma pra Android) desde a que pedi-las túas fotos que recibirás por correo ordinario pagando simplemente os gastos de envío que prometen non superar os 6,99€. Por elo podes pedir 45 fotos gratis ó mes cun máximo anual de 500.
 
Cando mudas o tamaño de impresión, pides algún servizo extra ou calquera outra cousa que modifique a impresión fora de elexir brillo ou mate (eu prefiro mate, por certo) págase a maiores. Pero non sei ti, eu por 6,99€ non atopei tenda que me imprima 45 fotos.


E que tal de calidade?

Bon, dicirche que FreePrints, no mesmo intre no que te rexistras na app, agasállate con 10 fotos sen ter que pagar nin os gastos de envío. Así foi como eu a probei, pra comproba-la calidade antes de gastar os meus cartos e tamén descubrir que sen desconto, se pido 10 fotos (sempre que non consumise o cupo de balde), pagaría 1,99€ que era o que marcaría a factura por ese pedido en concreto.
 
Eu tamén quixen probar ó mesmo tempo a app de impresión do álbum fotográfico que é iso que vedes ó lado das fotos e que coma agasallo de benvida dánce a opción de facelo en tapa dura en lugar de branda. O sistema de álbum é o mesmo, tes 1 álbum ó mes de balde pagando 7,99€ en concepto de gastos de envío. O tamaño do álbum de balde é de 15x20cm e a min pareceume interesante probalo tamén. Fixen un pequeno vídeo pra que se poida ver:




Nas fotos viches distinta cor fronte ó álbum e uns marcos raros... todo ten unha explicación. Pra imprimir a 10x15cm convén ten preparadas as imaxes nunha proporción 2:3 e eu adoito emprega-lo formato 4:5 ou 4:3. Como tratábase dunha proba, simplemente mandei as mesmas fotos que tiña subido a RRSS pra saber como é que se comportaban no caso de imprimir unha foto feita co móbil (o máis normais dos casos en usuarios afeccionados) e por iso antes amoseiche tamén un móbil pra que puideses compara-lo resultado da mesma foto tanto na pantalla coma no papel dun arquivo JPG configurado cunha saída pra pantallas, tal e coma salería de non facer nada máis ca enviar desde o móbil a túa foto.


Porén, co álbum xa enviei as fotos pensandas e cunha saída configurada pra impresión e por iso podemos notar xa certa diferencia. Tamén dicir que podes crear mesturas e imprimir máis dunha foto por páxina. Maquetar e crea-lo teu álbum é algo realmente sinxelo e intuitivo.
 
Polo tanto, a calidade é igual que cando leva-lo teu arquivo a calquera outra tenda que se atope dentro da media de calidade (chamémoslle) aceptábel, e a impresión faise en papel Fujifilm ou Kodak. Así que a relación calidade/prezo é do máis competitivo. Dáte conta que estamos a falar de impresións a 10x15cm. Eu, sinceramente, quedei satisfeito coa proba e penso seguir imprimindo aínda que quixera aclarar que pra outros traballos coma grandes formatos ou papeis especiais, teño outros proveedores cos que sempre quedei contento pero non poden ofrecerme este prezo neste tipo de impresións e con respecto ás callidades, nese tamaño apenas vas nota-la diferenza.
 

E canto tardan?

Pra que te fagas unha idea dos tempos de entrega direche que fixen ámbolos dous pedidos o día 16 de marzo e a pesar das folgas de transporte e de que veñén desde a Alemania, tiña as miñas copias o venres 25 de marzo... porque si, veñen desd Alemania, líches ben.
 
Antes de encargar, estiven a ler opinións de usuarios. Parece ser que a algúns retrasouselles ou pode que incluso se lles perdese o seu envío (cousa que acontece tamén nas mellores familias) pero tamén lin que non poñen problemas nin reparos en volver a enviar, así que o servizo de atención ó cliente non parede de todo malo e, de feito, escríbenche en español. Eu cheguei pensar que a impresión e envíos facíano desde España. Con todo, en canto a atención o cliente, de ter algún inconvinte fareicho saber igual que che fago partícipe disto.


O de pedir esas copais cun marco en lugar de aproveita-lo tamaño completo de 10x15 foi polo seguinte: tiña un marco que encher cun tamaño especial e pra nada estandarizado, así que ía ter que usa-la guillotina e deste xeito non afectaba á composición, pois a ollo de bo cubeiro, calculei que ó retirarlle-los marcos atinaría co tamaño e xa ves que foi xustiño... tanto que aínda tiven que rebaixarlle un milímetro no lado curto.
 
Quixera comentarvos tamén que a app, ademais de dar a elexir o acabado brillo ou mate xusto antes de confirma-lo pedido, tamén inclúe a opción de deixar un bordo branco. Recoméndovos que así o configuredes. Eu, que fixen pedidos tanto con coma sen marco, recoñezo que respéctanse mellor as proporcións co marco branco. E nisto eu son moi quisquilloso pois tendo a apurar moito os encadres con puntos de ancoraxe moi extremos e que caracterizan bastante o meu estilo.
 
Preséntovos o resultado do experimento:

Conclusións:


45 fotos impresas ó mes (que non obrigan a facer pedido, non hai compromiso nin pagamento recurrente) sae nun máximo de 6,99€. Isto fai que o ciclo da foto sexa completado e que teña-las túas lembranzas en papel tal e coma faciamos antes, enchendo latas de galletas. Isto, por outra banda, obrígache a escoller (ou editar, coma lle dicímo-los fotógrafos, que non procesar) xa que non é un número excesivo nin tampouco curto. É o máis semellante ó que antes era levar dous carretes de fotos ó mes.
 
Este sistema farache colle-lo costume de novo a imprimir regularmente, eu fágoo cada mes. Doutro xeito o  único que fas é acumular e cando queres imprimir terás que dispoñer de orzamento pra elo, mentres que deste xeito é moito máis cómodo tanto o pedir e recibir coma os pagamentos.
 
Este sistema hará que cojas costumbre de imprimir a menudo, yo lo hago cada mes. De otra forma lo único que haces es acumular y cuando quieres imprimir tendrás que disponer de presupuesto para ello, mientras que de esta forma es mucho más cómodo tanto el pedir y recibir, como los pagos.

E agora o agasallo que vos comentaba


Vaia por diante que esta publicación non está nin patrocinada nin forma parte de ningunha afiliación a esa ferramenta. Tampouco teño relación ningunha con esa empresa, familiares ou contactos. Porén, dicir que esta xente premia o feito de convidar ós coñecidos e amigos a formar parte da carteira de clientes por medio dun código. No meu caso, o código de promoción é: fbfp99z7030 Isto quere dicir que se entras por primeira vez con este código gañarás 5 fotos máis de balde pra ti e outras 5 pra min. Logo ti tamén poderás usar o teu código de invitación pra seguir gañando privilexios. É dicir, que usa-lo meu código será un beneficio pra ámbolos dous e non suporá ningún gasto adicional nin nada que che afecte a ti negativamente.

Grazas pola visita e por aguantarme de novo. Xa sabes que pra calquera aclaración, consulta ou suxestión, están os comentarios a túa disposición e eu feliz de respondelos.



[ESPAÑOL]

Hace unas semanas, el amigo Gonzalo Lozano (que ya sabéis que es el responsable de un Podcast con fantásticas entrevistas llamado Fotógrafo Aprendiz que también puedes encontrar en YouTube) me habló de una app que usa para imprimir fotos de forma habitual y que me decidí finalmente a probar porque el sistema me sorprendió y me pareció también muy atractivo. El viernes 25 recibí mis primeras copias y hoy te cuento como me fue.

Para hacerle justicia te ruego termines de leer la publicación antes de prejuzgar la calidad de la impresión por las imágenes que te voy mostrando porque hice una pequeña trampa que va a quedar al descubierto al final y además por un motivo que conocerás si tienes la pacienca de completarla, además de un pequeño regalo.


FreePrints, la app de impresión que le devuelve el destino final a la fotografía digital.

¡Seamos sinceros! Desde la llegada de la fotografía digital y el aumento de calidad de las cámaras de los teléfonos móviles, quitamos muchas fotos y la mayor parte de ellas mueren olvidadas en un disco duro sin llegar a cumplir el ciclo vital para el que estaban destinadas.

Yo soy un auténtico convencido de que ese destino final es el papel. Ese ciclo del que hablo no debería rematar hasta el momento de la impresión.

Lo que sucede también es que para que salga rentable debemos juntarnos con un mínimo de 100 a 500 fotos y eso hace que las vayamos acumulando y luego la edición tampoco sea demasiado apetecible.


¿Qué te parecería imprimir 45 fotos al mes a tamaño 10x15cm (2:3) por unos 7€? ¡Y sin desplazamientos!

 
Pues eso es FreePrints, una app para dispositivos móviles (la encuentras tanto para iOS como para Android) desde la que pedir tus fotos que recibirás por correo ordinario pagando simplemente los gastos de envío que prometen no superar los 6,99€. Por ello puedes pedir 45 fotos gratis al mes con un máximo anual de 500.
 
Cuando cambias el tamaño de impresión, solicitas algún servicio extra o cualquier otra cosa que modifique la impresión fuera de elegir brillo o mate (yo prefiero mate, por cierto) se paga a mayores. Pero no se a ti, yo por 6,99€ no encontré tienda que me imprima 45 fotos.


¿Y qué tal de calidad? 


Bueno, decirte que FreePrints, en el mismo momento en el que te registras en la app, te regala 10 fotos sin tener que pagar ni los gastos de envío. Así fue como yo la probé, para comprobar la calidad antes de gastar mi dinero y también descubrir que sin descuento, si pido 10 fotos (siempre que no consumiese el cupo gratuito), pagaría 1,99€ que era lo que marcaría la factura por este pedido en concreto.

Yo también quise probar al mismo tiempo la app de impresión de álbum fotográfico que es eso que véis al lado de las fotos y que como regalo de bienvenida te dan la opción de hacerlo en tapa dura en lugar de blanda. El sistema de álbum es el mismo, tienes 1 álbum al mes gratis pagando 7,99€ en concepto de gastos de envío. El tamaño del álbum gratuito es de 15x20cm y a mi me pareció interesante probarlo también. Hice un pequeño vídeo para que se pueda ver:




En las fotos has visto distinto color frente al álbum y unos marcos extraños... todo tiene una explicación. Para imprimir a 10x15cm conviene tener preparadas las imágenes a una proporción 2:3 y yo acostumbro a usar el formato 4:5 o 4:3. Como se trataba de una prueba, simplemente envié las mismas fotos que había mandado a Instagram para saber como se comportaban en caso de imprimir una foto hecha con el móvil, (el supuesto más normal en usuarios aficionados) y por eso antes te mostré también un móvil para que pudieses comparar el resultado de la misma foto en la pantalla y en el papel de un archivo JPEG configurado con salida para pantalla, tal y como saldría de no hacer absolutamente nada más que enviar desde el móvil tu foto.


Sin embargo, con el álbum ya envié las fotos pensadas y con una salida configurada para impresión y por eso se puede notar cierta diferencia. También decir que puedes crear mezclas e imprimir más de una foto por página. Maquetar y crear tu álbum es realmente sencillo e intuitivo.
Por lo tanto, la calidad es igual que cuando llevas tu archivo a cualquier otra tienda que se encuentre dentro de la media de calidad (llamémosle) aceptable, y la impresión se hace en papel Fujifilm o Kodak. Así que la relación calidad/precio es de lo más competitivo. Date cuenta de que estamos hablando de impresiones a 10x15cm. Yo, sinceramente, quedé satisfecho con la prueba y pienso seguir imprimiendo. Aunque aclaro que para otros trabajos, como grandes formatos o papeles especiales, tengo otros proveedores con los que siempre quedo muy satisfecho pero no pueden ofrecerme este precio en este tipo de impresiones y con respecto a las calidades, en ese tamaño apenas vas a notar la diferencia.

¿Y cuánto tardan?


Para que te hagas una idea de los tiempos de entrega te diré que hice ambos pedidos el día 16 de marzo y a pesar de las huelgas de transporte y de que vienen desde Alemania, tenía mis copias el viernes 25 de marzo... porque sí, vienen desde Alemania, has leido bien.

Antes de encargar, estuve leyendo opiniones de usuarios. Parece ser que a algunos se les retrasó o puede que incluso se les perdiese es envío (cosa que sucede también en las mejores familias) pero también he leído que no ponen problemas ni reparos en volver a enviar, así que el servicio de atención al cliente no parece malo del todo y, de hecho, te escriben en español. Yo llegué a pensar que la impresión y envíos se realizaban desde España. De todas formas, en cuanto a atención al cliente, de tener algún inconveniente te lo haré saber igual que te hago partícipe de esto.


Lo de pedir esas copias con marco en lugar de aprovechar el tamaño completo de 10x15cm fue por lo siguiente: tenía un marco que llenar con un tamaño especial y para nada estandarizado, así que iba a tener que usar la guillotina y de esta forma no afectaba a la composición, pues a ojo de buen cubero, calculé que al quitar los marcos acertaria con el tamaño y ya ves que ha ido justito... tanto que aún tuve que rebajarle un milímetro en el lado corto. 

Quisiera comentaros también que la app, además de dar a elegir el acabado brillo o mate justo antes de confirmar el pedido, también incluye la opción de dejar un borde blanco. Os recomiendo que así lo configuréis. Yo, que he realizado pedidos tanto con como sin él, reconozco que se respetan mejor las proporciones con el marco blanco. Y en esto yo soy muy quisquilloso pues tiendo a apurar mucho los encuadres con puntos de anclaje muy extremos y que caracterizan bastante mi estilo.
 
Os presento el resultado de tal experimento:

Conclusiones:


45 fotos impresas al mes (que no obligan a hacer pedido, no hay compromiso ni es un gasto recurrente) sale en un máximo de 6,99€. Esto hace que el ciclo de la foto se cierre y que tengas tus recuerdos en papel tal y como hacíamos antes, llenando latas de galletas. Esto, por otro lado, te obliga a escoger (o editar, que decimos en nuestro argot), ya que no es un número ni excesivo ni tampoco corto. Es lo más parecido a lo que antes era llevar dos carretes de fotos al mes.
 
Este sistema hará que cojas costumbre de imprimir a menudo, yo lo hago cada mes. De otra forma lo único que haces es acumular y cuando quieres imprimir tendrás que disponer de presupuesto para ello, mientras que de esta forma es mucho más cómodo tanto el pedir y recibir, como los pagos.

Y ahora el regalo que os comentaba.


Vaya por delante que esta publicación no está ni patrocinada ni forma parte de ninguna afiliación a esa aplicación. Tampoco tengo relación alguna con esa empresa, familiares o contactos.  Sin embargo, decir que esta gente premia el hecho de invitar a los conocidos y amigos a formar parte de la cartera de clientes a través de un código. En mi caso, el código de promoción es: fbfp99z7030  Esto quiere decir que si entras por primera vez con este código obtendrás 5 fotos más gratis para ti y otras 5 para mi. Después tú también podrás utilizar tu código de invitación para seguir ganando privilegios. Es decir, que usar mi código será un beneficio para ambos y no supondrá ningún gasto adicional ni nada que te afecte a ti negativamente.

Gracias por la visita y por aguantarme de nuevo. Ya sabes que para cualquier aclaración, consulta o sugerencia, están los comentarios a tu disposición y yo feliz de responderlos.

Comentarios

Publicacións populares