A calima que trocou unha paisaxe
O Milladoiro (Ames), 15 de marzo de 2022
Anxo Dafonte, 2022 |
Unha escena que podería parecer insólita. Galiza cúbrese dunha densa calima procedente da Nai Terra África nun acontecemento atmosférico pouco habitual. No que levo de vida non lembro cousa igual... e haberá mocidade (coma a miña propia filla) que isto igual non o vivira nunca... con todo... SI LEMBRO algo aínda moito peor...
Corrubedo (A Coruña), 9 de agosto de 2006
Igual non son as fotos de mellor calidade que se poden amosar, pero naqueles tempos era o que había se temos en conta tanto a data coma de que tratábase dunha pracenteira xornada de praia.
Pero non, o ceo non se tinguía nesa tonalidade nin pola calima nin polo solpór.
O sol esa tarde atopábase bastante alto, pero unha densa capa de fume e cinza escurecía o ceo e dáballe ese aspecto distópico e post-apocalíptico.
Así que ben pensado, aínda que molesto, é preferíbel uns días de calima a meses de terrorismo forestas coma os que sofreron os montes galegos durante os incendios do 2006 e cuxa procedencia era máis humana ca natural. Iso si que fixo dano e hoxe case que o temos borrado da memoria.
Aqueles tempos foron horríbeis, o que máis mailo que menos eramos aterrados espectadores daquela catástrofe e decatabámonos do febles que somos e da falla que fai educarse e prepararse para loitar con este tipo de atentados.
Aqueles tempos foron horríbeis, o que máis mailo que menos eramos aterrados espectadores daquela catástrofe e decatabámonos do febles que somos e da falla que fai educarse e prepararse para loitar con este tipo de atentados.
De cando en vez é preciso lembrar catástrofes porque igual algunha pode ser aticipada e con elo evitar certos danos ou se cabe e é posíbel, evitalas por completo.
De aí a importancia de facerte Cortalumes tal e coma te pediamos neste vídeo publicitario (fixádevos en quen sae no minuto 1'19"... sóavos esa cara?)😂😂
E lembrando estas imaxes só podo pensar e desexar que
NUNCA MÁIS!
E ti? viviches os incendios do 2006? Coma é que os lembras? Podes deixarme se queres as túas impresións nos comentarios e deste xeito abrimos debate sobre esta catástrofe.
Comentarios
Publicar un comentario
Déjame aquí tu comentario.