Un serán de fotos na Coruña / Una tarde de fotos en Coruña

Publicación bilingüe (galego/español)

Ir a versión en ESPAÑOL

 

[GALEGO]

Sábado, cinco de marzo.


O plan era sinxelo. Pola mañá visita-la exposición de Peter Lindbergh no Porto da Coruña e xa pola tarde saír fotar un pouquiño a ver con que volvíamos a casa.
 
A xornada remataría dun xeito espectacular pero coma iso é outra historia que ademais prefiro que primeiro nola conte un amigo co que estivemos, eu hoxe simplemente quixéravos amosar as fotiñas que me gustaron da sesión urbana e os motivos que leváronme a premer o obturador nese intre e non noutro.
 




Ó saír da Expo de Lindbergh, que che recomendo sen dúbida algunha, fomos xantar pra enche-lo bandullo simplemente porque é xusto e necesario. No restaurante elexido na Rúa Real, xa me chamou a atención a luz que atravesaba o dourado líquido da cervexa local.




Estas primeiras imaxes, obviamente son de apoio e documentais, en exclusiva pra esta publicación, pero non por elo carentes de intención. Nesta das cervexas hai un elemento nun punto de ancoraxe que agardo serva pra mandar unha mensaxe decorada pola luz, por suposto. Se queres, deixame nos comentarios o que pensas que estou a dicir con ela.



Antes de saír do local e sen deixar de camiñar, aínda tiven tempo de encadrar esta escena que tamén conseguíu atraparme por esa luz e polos marcos que me pareceron fantásticos... e de aquí de novo prá rúa.
 
Iso si! A partires deste punto e agás dunha imaxe, amosareivos a miña selección de foto urbana xa con intención de practicar esta disciplina e tamén que os meus acompañantes puidesen ve-lo meu xeito de traballar e poder sentirse seguros e cómodos facendo este tipo de fotos.


Comezamos cunha imaxe sen xente pero moi representativa das nosas rúas máis antergas. Un vestixio do nacemento das grandes cidades e desgrazadamente, un recuncho uxado coma urinario público.
 
Agochada entre angostas rúas forradas de andamiaxes, este calexón sen saída presentaba unhas cores moi chamativas. Abandoado, onde a humidade dos ouríns mesturado coa chuvia dan paso ó verdín do musgo que medra sen freo colonizándoo todo. Unha porta con gran presencia ó fondo e unhas interesantes lámpadas que posibelmente lle dan un plus a atmosfera nocturna do lugar.



Comezámo-lo percorrido ó carón da estatua de Pardo Bazán fronte a galería de arte Quiosco Afonso. Alí xa aproveitei algunha vez os chorros de auga da súa foto pra xogar con Tarzán durante a feria anual de banda deseñada "Viñetas desde o Atlántico" que amoso no Porfolio "URBS".

Enmarquei un dos chorros baixo a estatua mentres agardaba a chegada dunha parella da que me chamou a atención a roupa dela, con esa tonalidade azul e amarela que coincidía coa contorna. A combinación caligráfica é moi potente en calquera imaxe e aínda que non ten nada que ver co que pensaba facer esa señora, a mensaxe que trato de lanzar evoca unha entrada nunha sala de xogos. A farola con forma de bóla potencia esa metáfora que ademais tamén é coherente en canto á cor.
 
Pero, onde queda o home? non acabo de dicir que era unha parella? Pois si! Era unha parella, pero ese día a sorte estaba do meu lado e puiden ocultalo por completo detrás da estatua pois subiuse ás escaleiras cun paso lixeiramente máis lento ca súa acompañante. Foi sorte porque de tapar algo a bóla, posíbelmente tivese descartado a foto.



O noso paseo seguiu xa na zona do porto deportivo pois non dispoñíamos de moito temp pra gozar de cada lugar. É certo que nas rúas dunha grande cidade como é A Coruña poden acontecer moitas cousas, o paseo marítimo non ía ser menos. Atopar una Panteira Rosa vestida coa equipaxe deportiva veume xenial pra amosar a fermosura do día e do espazo. Esa protección de obra de cor verde que vemos no fondo equilibra a potencia do maxenta sobre o fondo azul. A paleta de cor compleméntase co vermello e culmina con esa parte de amarelo obtendo unha compensación visual perfecta pra un suxeito tan impactante.


Se á imaxe lle retiramos toda esa compensación, a foto funcionaría tamén, pero aínda que estas amosando a contorna, o centro de atención non se move. Son fotos distintas e depende moito do que pretendas amosar (con ou sen paisaxe). Crédeme se vos digo que cun suxeito tan interesante hai unha serie moito máis extensa, que non debemos confundir en fotografía dixital coas follas de contacto que antes tiñamos fotando con película. Se queredes ver follas de contactos de verdade e con grande interese, recoméndovos a lectura de "Magnum Contact Sheets" (Kristen Lubben, Blume 2016), un interesantísimo libro que non debe faltar na vosa estantería.
 


Durante o paseo polo porto atopámonos con xente practicando a pesca en tódalas esquinas. Supoño que é un xeito de relaxarse e que o farán cunha pretensión meramente deportiva... e non pra comer ou vender...  🤔

O caso é que a este pescador estívenlle dando voltas e teño tamén unha serie bastante máis extensa do que acostumo, pero estas cores son as que realmente me namoraron da foto. Témo-los aparellos nun punto óptimo de ancoraxe onde unha potente mancha vermella fai de fulcro e un par de ambigüidades na parte dereita que as considero útiles pra abrí-lo encadre e a min, persoalmente, non me molestan nin me quitan o sono.




Pero fotografar na rúa pra min non é buscar só cousas con reflexos, sombras e máis clichés. Sinto a responsabilidade de documentar aquelo que acontece e facelo dun xeito claro. O paseo marítimo está cheo de afeccionados á pesca e unha única foto non lles faría xustiza. Nesta outra trato de encaixonalo pra crear esa tensión dun lugar que é máis reducido do que a priori poida asemellar.



O amarelo e azul é unha combinación de cores marabillosa, é moi difícil facer algo con ela que non teña certo impacto. Por desgraza, estos días está tristemente de moda e xa están tardando os loucos con soños imperialistas e pintas de miñoca en deter a barbarie e despropósito que comezaron.


 
Continuamo-lo percorrido polo Parrote e pra poder aproveitar esa zona con mellores perspectivas decidín observalo desde o alto. Dese xeito puiden primeiro obter unha vista con profundidade e o porto ó fondo.

As tonalidades frías axudan non só co contraste tonal, senón tamén coa profundidade e aproveitei as liñas e texturas que estaban alí pra min, pois foi quita-la foto e erguerse de onde estaba sentado. Certo tamén que me viu fotografando e igual temeu por algo moito máis explícito. O feito de levar-la camisa vermella tamén lle da un plus á foto e por iso tratei de captar tamén a herba verde que medra no chan.



Un pouco máis adiante conseguín esta instantánea dun ciclista ó que vin vir de lonxe e puiden adeviñar a traxectoria. Antes de chegar, tiña claro o encadre e localizadas esas sombras nas que vexo unha pareidolia cun xesto moi específico. Se ti tamén o viches, pódesmo deixar nos comentarios.

Quedaba colocar ó ciclista nun lugar onde a composición fose coidada e coma non podía deixar de ollo o cadro formado no chan que o tiña xusto nun punto óptimo de ancoraxe, as oportunidades quedaban certamente limitadas... pero por sorte... todo saíu coma eu quería. Porque a sorte tamén a debemos ter presente na rúa.


Xa de volta pola Avenida do Montoto, chamoume a atención esta señora pola súa gran presencia. Case aparece coma silueta e iso permíteme oculta-la súa identidade, ese raio de luz que lle caía no bolso pareceume un agasallo do momento e pra colmo e a pesar do gran número de transeúntes puiden quitar esta fotiña onde só vemos outro peón no lado oposto que ademais de dar profundidade, funciona de escala e empodera á señora, o cal era a miña intención. E por que esa señora e non outra? Pois primeiro chamoume a atención a súa roupa que quedaba perfectamente integrada na contorna... e logo, o seu xesto, esa señora nese intre non me deixaba a máis pequena dúbida de que era A Xefa.



Por desgraza, aquí remata a selección de fotos que me valen pra amosar, pero realmente non podo estar máis feliz porque considero a tarde moi pero que moi produtiva, pois xa pasar de tres fotos pra min é un éxito rotundo.

A foto coa que pecho foi propiciado ó adiantar pola Avenida da mariña a dúas señoras das cales unha chamoume poderosamente a atención pola súa gran presencia.

Seguín a camiñar sen fotar ata que atopei esta marquesiña de autobús bastante suxa e con restos de pegamento e incluso de pósters e publicidade. Unicamente tiven que agardar a que pasasen as mulleres sen ergue-la cámara, porque a parada tiña xente sentada e podíanse ter sentido incómodos. Aproveitando que ía acompañado por David e Patty, tan só tiven que "entreterme" a falar con eles ó lado da marquesiña pra obturar xusto desde o outro lado aproveitando o reflexo das árbores que tiña detrás e debuxalos sobre a mucller con maior impacto. A porquería do cristal dáballe ese toque onírico e grunge (coma dirían os modernis). Xa ves que non hai necesidade de usar filtros de Instagram ou Snapseed pra elo 😉

E aquí remato con esta crónica da miña tarde fotando urbanas pola coruñesa zona do Parrote. 

Se quixeras contarme se che gustou algunha foto, sobretodo falar do estilo desta publicación ou calquera outra cousa que che veña á cabeza, podes facelo a través dos comentarios ós que estarei encantado de dar resposta antes o despois 😄

Agárdote noutra volta! Unha aperta e moi agradecido pola túa visita. 

 

[ESPAÑOL]

Sábado, cinco de marzo.


El plan era muy simple. Por la mañana visitar la exposición de Peter Lindbergh en el Porto da Coruña y ya por la tarde salir a fotar un poquito a ver con qué nos volvíamos a casa.
 
La jornada remataría de un modo espectacular pero como eso es otra historia que además prefiero que primero os la cuente un amigo con el que estuvimos, yo hoy simplemente os quiero mostrar las fotitos que me gustaron de la sesión urbana y los motivos que me llevaron a pulsar el obturador en ese momento y no en otro.




Al salir de la Expo de Lindbergh, que recomiendo encarecídamente, fuimos a comer para llenar el estómago simplemente porque es justo y necesario. En el restaurante elegido en la Rúa Real, ya me empezó a llamar la atención la luz que atravesaba el dorado líquido de la cerveza local.



Estas primeras imágenes, obviamente son de apoyo y documentales, en exclusiva para esta publicación, pero no por ello carentes de una intención. En esta de las cervezas hay un elemento en un punto de anclaje que espero sirva para enviar un mensaje decorada por la luz, por supuesto. Si quieres, déjame en los comentarios qué crees que te estoy diciendo con ella.



Antes de salir del local y sin dejar de caminar, aún tuve tiempo de encuadrar esta escena que también logró atraparme por esa luz y unos marcos fantásticos... y de aquí de nuevo a la calle.

¡Ahora sí! A partir de este punto y a excepción de una imagen, os mostraré mi selección de foto urbana ya con intención de practicar esta disciplina y también que mis acompañantes viesen mi forma de trabajar y pueden sentirse seguros y cómodos haciendo este tipo de fotos.


Comenzamos con una imagen sin gente pero muy representativa de nuestras calles más antiguas. Un vestigio del nacimiento de las grandes ciudades y desgraciadamente, un rincón usado como urinario público.
 
Escondida entre angostas calles forradas de andamiajes, este callejón sin salida presentaba unos colores muy llamativos. Abandonado, donde la humedad de los orines mezclado con la lluvia dan paso al verdín del musgo que crece a sus anchas colonizándolo todo. Una puerta con gran presencia al fondo y unas interesantes farolas que posiblemente le dan un plus a la atmósfera nocturna del lugar.



Comenzamos recorrido al lado de la estatua de Parzo Bazán frente a la galería de arte Quiosco Afonso. Allí ya he aprvechado alguna vez los chorros de agua de su fuente para jugar con Tarzán durante la feria anual de cómics "Viñetas desde o Atlántico" que muestro en el Porfolio "URBS".

Enmarqué uno de los chorros bajo la estatua mientras observaba la llegada de una pareja de la que me llamó la atención la ropa de ella, con esa tonalidad azul y amarilla que coincide con el entorno. La combinación caligráfica es muy potente en cualquier imágen y aunque no tiene nada que ver con lo que pensaba hacer esa señora, el mensaje que trato de lanzar evoca la entrada a una sala de juegos. La farola en forma de bola potencia esa metáfora que además también es coherente en cuanto a color.
 
Pero, ¿dónde está el hombre? ¿no acabo de decir que era una pareja? ¡Pues sí! Era una pareja, pero ese día estaba la suerte de mi lado y lo pude ocultar por completo detrás de la estatua pues subió las escaleras con un paso ligéramente más lento que su acompañante. Fue suerte porque de tapar algo la bola, posiblemente hubiese descartado la foto.



Nuestro paseo continuó ya en la zona del puerto deportivo pues no disponíamos de mucho tiempo para deleitarnos en cada lugar. Es cierto que en las calles de una gran ciudad como A Coruña pueden suceder muchas cosas, el paseo marítimo no iba a ser menos. Encontrar una Pantera Rosa vestida con el equipaje deportivo me vino genial para mostar la hermosura del día y el lugar. Esa protección de obra de color verde que vemos al fondo equilibra la potencia del magenta sobre el fondo azul. La paleta de color se complementa con el rojo y culmina con esa parte de amarillo obteniendo una compensación visual perfecta para un sujeto tan impactante.


Si le retiramos a la imagen toda esa compensación, la foto funcionaría también, pero aunque estás mostrando el entorno, el centro de atención no se mueve. Son fotos distintas y depende mucho de lo que pretendas mostrar (con o sin paisaje). Creedme si os digo que con un sujeto tan interesante hay una serie mucho más extensa, que no debemos confundir en fotografía digital con las hojas de contacto que obteníamos fotando con película. Si queréis ver hojas de contactos de verdad y con gran interés, os recomiendo la lectura de "Magnum Contact Sheets" (Kristen Lubben, Blume 2016), un interesantísimo libro que no debe faltar en vuestra estantería.


Durante el paseo por el puerto nos encontramos con gente practicando la pesca en todas las esquinas. Me imagino que es una forma de relajarse y que lo harán con una pretensión meramente deportiva... y no para comer o vender...  🤔

El caso es que a este pescador le estuve dando vueltas y tengo también una serie bastante más extensa de lo que acostumbro, pero estos colores son los que realmente me han enamorado de la foto. Tenemos los aparejos en un punto óptimo de anclaje donde una potente mancha roja hace de fulcro y un par de ambigüedades en la parte derecha las considero útiles para abrir el encuadre y a mi, personalmente, no me molestan ni que quitan el sueño.



Pero fotografiar en la calle para mi no es buscar solamente cosas con reflejos, sombras, y más clichés. Siento la responsabilidad de documentar aquello que sucede y hacerlo de una forma clara. El paseo marítimo está lleno de aficionados a la pesa y una única foto no les haría justicia. En esta otra trato de encajonarlo para crear esa tensión de un lugar que es más reducido de lo que a priori pueda parecer.



El amarillo y azul es una combinación de colores maravillosa, es muy difícil hacer algo con ella que no tenga cierto impacto. Por desgracia, estos días está tristemente de moda y ya están tardando los locos con sueños imperialistas y pintas de miñoca para detener la barbarie y despropósito que han comenzado.

 
Continuamos el recorrido por el Parrote y para poder aprovechar esa zona con mejores perspectivas decidí observarlo desde el alto. De esa forma pude primero obtener una vista con profundidad y el puerto al fondo.
 
Las tonalidades frías ayudan no solamente con el contraste tonal, sino también con la profundidad y aproveché las líneas y texturas para acentuar ese mensaje. Por suerte, encontramos en el primer plano a una única persona que estaba llí para mi, pues fue quitar la foto y levantarse de donde estaba sentado. Cierto que también me vió fotografiando e igual temió por algo mucho más explícito. El hecho de llevar la camiseta roja también le da un plus a la foto y por eso traté de captar también la hierba verde que crece en el suelo.



Un poco más adelante conseguí esta instantánea de un ciclista al que vi venir de lejos y pude adivinar su dirección. Antes de llegar, tenía claro el encuadre y localizadas esas sombras en las que veo una pareidolia con un gesto muy específico. Si tu también lo has visto, me lo puedes dejar en los comentarios.
 
Quedaba colocar al ciclista en un lugar donde la composiciónfuese cuidadday como no podía dejar de ojo al cuadrado formado en el suelo que lo tenía justo en un punto óptimo de anclaje, las oportunidades quedaban ciertamente limitadas... pero por suerte... todo salió como quería. Porque la suerte también la debemos tener presente en la calle.


Ya de vuelta por la Avenida do Montoto, me llamó la atención esta señora por su gran presencia. Casi aparece como silueta y eso me permite ocultar su identidad, ese rayo de luz que le caía en el bolso me pareció un regalo del momento y para colmo y a pesar del gran número de transeúntes pude quitar esta fotiña donde solamente vemos a otro peatón en el lado opuesto que además de dar profundidad, funciona de escala que empodera a la señora, lo cual era mi intención. ¿Y por qué esa señora y no otra, te preguntarás? Pues primero me llamó la atención su vestuario que quedaba perfectamente integrado en el entorno... y luego, su gesto, esa señora en ese momento no me cabía la menor duda de que era La Jefa.



Por desgracia, aquí termina la selección de fotos que me valen para mostrar, pero realmente no puedo estar más feliz porque considero la tarde muy pero que muy productiva, pues ya pasar de tres fotos para mi es un éxito rotundo.

La foto con la que cierro fue propiciada al adelantar por la Avenida da Mariña a dos señoras de las cuales una me llamó poderosamente la atención por su gran presencia.

Seguí caminando sin fotar hasta que encontré esta marquesina de bus bastante sucia y con restos de pegamento e incluso de pósters y publicidad. Únicamente tuve que esperar a que pasasen las mujeres sin levantar la cámara, porque en la parada había gente sentada y se podían haber incomodado. Aprovechando que iba acompañado de David y Patty, tan solo tuve que "entretenerme" a hablar con ellos al lado de la marquesina para obturar justo desde el otro lado aprovechando el reflejo de los árboles que tenía detrás y dibujarlos sobre la mujer con mayor impacto. La suciedad del cristal le daba ese toque onírico y grunge (como dirían los modernis). Ya ves que no hay necesidad de utilizar filtros de Instagram o Snapseed para ello 😉

Y aquí termino con esta crónica de mi tarde fotando urbanas por la coruñesa zona del Parrote.

Si quisieras contarme si te gustó alguna foto, sobre todo el estilo de esta publicación o cualquier otra cosa que te venga a la cabeza, puedes hacerlo a través de los comentarios a los que estaré encantado de dar respuesta antes o después 😄

¡Aquí te espero! Un abrazo y muy agradecido por tu visita. 

Comentarios

  1. Vaya vaya, pese a que nos vimos ese día, ¡no habíamos hablado de lo que os había cundido!

    Veo que tuvisteis una salida bastante completa, y eso que no has contado todo lo que aconteció después :p

    Me gusta mucho el trabajo obtenido este día. Seguid así y veréis que las salidas merecen la pena.

    ¡Un abrazo!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Cualquier salida merece la pena. Yo la verdad tenía intuición de que algo habría pero me has debido traer suerte porque realmente al final me gustaron más de lo esperado y habitual en una salida, a pesar de estar fotando y comentando lo que hago, porque eso te saca de lo que estás haciendo.

      Yo creo que también estoy acostumbrado a lugares pequeños con pocos habitantes y meterme en una gran ciudad siempre hace que me llamen más rápido la atención las cosas.

      Con lo de la noche aún no me he puesto a revisarlo, algo habrá, porque tiene que haber para contarle al mundo qué cosas sucedieron 😉 y hasta aquí puedo decir.

      Un abrazo, Gonzalo. Gracias por todo.

      Eliminar

Publicar un comentario

Déjame aquí tu comentario.

Publicacións populares