A miña experiencia coa EM-10 de Olympus mailo servizo técnico de OM System / Mi experiencia con la EM-10 de Olympus y el servicio técnico de OM-System

Publicación bilingüe (galego/español)

Ver versión en ESPAÑOL​

[GALEGO]

Un lente de construción feble

Olympus M. ZUIKO DIGITAL 14-42mm EZ ED MSC 1:3.5-5.6 ø37

Este lente é o famoso pancake que gústanos tanto levar ós fotógrafos na rúa porque non chama nada a atención ó te-la particularidade de enconllerse cando está en repouso e estirarse cando lle toca traballar. Deste xeito, cando léva-la cámara colgada do pescozo non parece ter un lente profesional xa que ocupa máis ou menos un centímetro. 

O malo deste lente é que esa función retráctil é totalmente automática e electrónica. Ese funcionamento, ó non ser mecánico, corre o risco de avariarse frecuentemente.

Lendo sobre este problema, decateime de que non son un caso illado senón que trátase dalgo moi común. O malo (e bon ó tempo) é que non adoita chegar ó remate da garantía oficial, así que non dubides en envialo ó servizo técnico de sufrir este mesmo problema.

O caso aquí é que por moi bonito e aptetecíbel que sexa, ese lente non é dos que precisamente pague a pena mercar. Adoitase adxuntar coma kit xunto con algún corpo de cámara pero tamén podémolo atopar á venda por separado. Se che ven no paquete non hai problema, aproveitao, pero se tes ocasión de poder elexir outro, recoméndoche calquera lente variábel que dispoña do mesmo rango de focais pero que sexa mecánico porque vaiche durar moito máis.

Unha cámara de iniciación á altura de moitas avanzadas

Olympus OM-D EM-10 Mk III

Pouco teño que dicir da miña pequena Olympus do que non falen as imaxes que publico habitualmente. Agora ben, OM System, a través do seu representante máis visíbel veunos comentar que non pensan continuar ofrecendo esta gama e en parte podo entendelo.
 
Este equipo de iniciacion pode diferenciarse quizáis dun máis avanzado ou profesional da marca en canto a que ten guía de uso, que son esas típicas guías que certas cámaras fotográficas fan pensando que o usuario acaba de merca-la súa primeira cámara sen ningún tipo de coñecementos, por iso chamámoslle de iniciación.  Coma no resto das marcas, poden acceder a un auténtico cursiño práctico de exposición fotográfica en vivo desde o propo sistema que guía ó usuario automatizando a configuración e cunha pequena explicación sobre o motivo das configuracións elexidas.

Unha cousa que se lle atribúe negativamente ás cámaras MFT (Micro Catro Tercios polas súas siglas en ingles e que persoalmente adoito chamar M43 e así o atoparás nesta bitácora cando me refiro a elas) é o ruído dixital que xeneran a sensibilidades de ISO altas.

Pois ben, non o vou discutir pero eu non noto que a miña Em-19 vaia peor ca miña Nikon D3400 coa que tamén quito fotos e a pesares de que esta última dispón xa dun sensor de ISO invariante (coma é o caso das Nikon e Sony fabricadas a partires do 2017 e que comparten esta tecnoloxía implementada por Sony, que é o fabricante dos sensores pra Nikon). En realidade, os resultados na miña Nikon aceptábeis en canto a ruído de luminancia teñen un límite con boa luz en ISO 3200, mentres que nas mesmas condicións, a Em-10 pode chegar sen problemas a ISO 6400, a pesar de que moitos insistan en asegurar que non pode superar de ISO 800... pero bon... as lendas negras sempren terán que existir pra desprestixiar ó competidor.

En canto ó resto de prestacións, supera con creces a calquera cámara da gama D3000 de Nikon e case diría, tras coñecer como van as da gama D7000 que por aí pode andar a excepción do selado... O que si teño claro é que polo menos está ó mesmo nivel cas D5000.

Outra cousa que din destas cámaras é que non podemos facer fotografías nocturnas coa Vía Láctea, por exemplo. Pois se ben non é tan sinxelo coma cos sensores de maior tamaño, eu podo dicirvos que cunha OM-D Em-10 Mk III, xunto cun Star Tracker podes facer ata ceo profundo sen problema. Chegado a este punto, algún vaime dicir que iso é trampa... pode... pero polo que vas gastar mercando unha OM-1 (a máis cara e alta de gama de OM System), os lentes axeitados e un Star Tracker de calidade, non mercas unha cámara Full Frame (coma moito poderás merca-lo só o corpo, sen lente sequera)... Así que xa me contarás!

Recoméndovos pasar polo perfil de Marc Sendra Martorell que fai fotos deste tipo cunha Em-10 Mk II, aínda con máis anos e tecnoloxía máis antiga cas actuais... e logo se vos atrevedes, dicídelle a el que con Olympus non se pode facer unha Vía Láctea.
 
En xeral estou moi contento coa miña Olympus, o que boto en falla é a falta de estanqueidade e iso é o único que me fai arrepentir de non ter mercado unha Em-5 ou superior, polo resto... nada que botarlle en cara agás dalgunha peza como a cuberta do compartimento da batería que se me caeu por mor do desgaste de uso e na tenda de Olympus non o teñen dispoñíbel pra ese modelo (que costa menos de 10€). O problema solucioneino mercando unha funda de pel do tipo clásico moi chula por 42€ que me garante non perde-la batería que teña posta e tamén a protexe de paso contra golpes e rabuñadas (algo que realmente nunca me preocupou moito)... pero en fin... Co tempo chegaron unhas cubertas pero xa prós novos modelos, adapteina cun pouco de lima de unllas e vai tirando. Xunto coa funda retro vai que chuta!

O que si vos digo é que ó igual que acontece con algunha outra marca coma Sony, a Olympus e agora non creo que iso cambie con OM System, gústalle moito o feito de seres un ecosistema con pouca posibilidade de accesorios compatíbeis, alo menos na gama de iniciación coa que tiven moito problema á hora de atoparlle tubos de extensión e flashes que funcionasen ben. Nin remotos nin hostias! Hai que mirar moi ben o que se merca porque non todo irá como agardas. Agora ben, o que funciona, faino ás mil marabillas.

Os fallos que atopei.

Coma vos contaba, mercar accesorios compatíbeis non é nada sinxelo e non sei se debido a iso ou a que, a zapata do flash deixou de funcionar. Tamén, de cando en vez perdo conexión co lente tendo que sacalo e volver a conectalo pra poder recuperala.
 
En canto ó lente de kit co que comecei a publicación, tamén optei por envialo ó SAT que está en Coimbra (Portugal) pero por separado, pra poder ter unha certa opinión dun servizo que goza de boa sona e non basearme nunha única experiencia.

Comezo enviando o lente

Na primeira experiencia tiven algún contratempo co servizo de mensaxería que chegoume dicir que o paquete fora rexeitado no destina cando aínda non fora enviado desde orixe, tardou uns días en pórse en camiño e supoño que puido ser porque repiten códigos de localizadores, o caso foi que en tres semanas exactas, con festivos de por medio, tiña o lente na casa arranxado e limpo. 

O envío da cámara

O que máis medo me daba era a cámara... sinceramente, costoume moito desfacerme dela, pero o asunto era que ata deixara de ter visíbel o menú de sincronización do flash e iso non era bo sinal. Tiña que aproveita-lo período de garantía pra que ma puxesen a punto.
 
Así que madei a Coimbra a cámara e prá miña sorpresa, ó día seguinte estaba no SAT.
 
Alí tardou un pouquiño en volver xa que de novo pasaron tres semanas desque a mandei ata que a tiven na casa, pero supoño que a reparación tamén resultou máis complexa.
 
O asunto é que todo está listo e reparado, funcionando sen problemas e ademais con seis meses de ampliación de garanta polas reparacións feitas.

As miñas conclusións sobre o SAT de OM System

Admito que, sobretodo na primeira ocasión, estaba un chisquiño mosqueado co tema do envío e moi desconfiado... supoño que iso está escrito a lume no meu ADN galego; pero o feito é que o SAT de OM System ten boa sona pero quedei convencido de que xusta e merecida.
 
Preocúpame un pouco o feito de que os equipos se rompan antes de chegado o límite da garantía, pero tamén recoñezo que trátase de equipos de iniciación e tecnoloxías moi complexas nos tempos de lanzamento ó mercado. Falamos de cámaras sen espello e lentes adicados con tecnoloxías anteriores ó 2017 cando tódalas marcas estaban en paños menores. Xa entón, Olympus ofrecía unhas ferramentas que hoxe en día son punteiras noutras marcas... así que nin tan mal.

No meu primeiro enfado, case tiña decidido continuar camiño con Nikon, pero en canto me chegou e de novo tiven nas miñas mans a miña pequena compañeira e ve-lo comportamento tan virtuoso que ten e o ben que nos podemos levar e compenetrar, confío que os seus fallos vaianse solucionando co tempo e estou seguro de que a pesar de seguir fotografando con tecnoloxía que moitos dirían obsoleta, teño unha cámara de codearse con calquera das gamas que se din "altas" de moitas outras marcas e que parecen ás veces que son únicas e inimitábeis.

E isto é o que vos quería contar... resumindo:

Por norma xeral, enviar calquera equipo ó SAT de OM System pode terche un plazo de devolución dunhas tres semanas e dito servizo funciona perfectamente e dun xeito admirábel.

Desde aquí o meu agradecemento. O máis probábel é que se un día actualizo o meu equipo sega coa marca e por descontado, vivindo en Galiza, cunha cámara que sexa estanca e coma vos dicía, xa se pode dispoñer dela desde a gama Em-5 que hoxe pódese atopar por menos de mil euros.



[ESPAÑOL]

Un objetivo de construcción débil

Olympus M. ZUIKO DIGITAL 14-42mm EZ ED MSC 1:3.5-5.6 ø37

Este objetivo es el famoso pancake que a los fotógrafos tanto nos gusta llevar en la calle porque no llama nada la atención al tener la particularidad de encogerse cuando está en reposo y extenderse cuando le toca trabajar. De esta forma, cuando llevas la cámara colgada del cuello no parece tener un objetivo profesional ya que ocupa más o menos un centímetro.

Lo malo de este objetivo es que esa función retráctil es totalmente automática y electrónica. Al no ser ese funcionamiento algo mecánico, corre el riesgo de averiarse con frecuencia.

Leyendo sobre este problema que me surgió, me di cuenta de que no soy un caso aislado sino que se trata de algo muy común. Lo malo (y lo bueno al mismo tiempo) es que no suele llegar a la expiración de la garantía oficial, así que no dudes en mandarlo al servicio técnico si sufres de este mismo problema.

El caso aquí es que por muy bonito y apetecible que sea, ese objetivo no es de los que precisamente vale la pena comprar. Se suele enviar como kit junto con algún cuerpo de cámara pero también se puede encontrar a la venta por separado. Si te viene en el paquete no hay problema, aprovéchalo, pero si tienes la ocasión de poder elegir otro, no dudes en que cualquier objetivo con ese rango de focales que sea mecánico te va a durar mucho más.

Una cámara de iniciación a la altura de muchas avanzadas

Olympus OM-D EM-10 Mk III

Poco tengo que decir de mi pequeña Olympus de la que no hablen las imágenes que publico de forma habitual. Ahora bien, OM System, a través de su representante más visible nos vino a decir que no piensan continuar ofreciendo esta gama y en parte puedo entenderlo.

Este equipo de iniciación puede diferenciarse quizás de uno más avanzado o profesional de la marca en cuanto a que tiene guía de uso, que son esas típicas guías que ciertas cámara fotográficas hacen pensando en el usuario que acaba de adquirir su primera cámara sin ningún tipo de conocimientos. Como en el resto de las marcas, pueden acceder a un auténtico cursillo práctico de exposición fotográfica en vivo desde el propio sistema que guía al usuario automatizando la configuración y con una breve explicación acerca del motivo de las configuraciones.

Una cosa que se le atribuye negativamente a las cámaras MFT (Micro Cuatro Tercios por sus siglas en inglés y que personalmente suelo denominar M43 y así te lo vas a encontrar en este blog cuando me refiero a ello) es el ruido digital que generan a sensibilidades de ISO altas.

Pues bien, no lo voy a discutir pero y no noto que mi Em-10 vaya peor que mi Nikon D3400 con la que también fotografío y a pesar de que esta última dispone ya de un sensor de ISO invariante (como es el caso de las Nikon y Sony fabricadas a partir de 2017 y que comparten esa tecnología, implementada por Sony, que es el fabricante de los sensores para Nikon). En realidad, los resultados en mi Nikon aceptables en cuanto a ruido de luminancia tienen un límite con buena luz en ISO 3200, mientras que en las mismas condiciones, la Em-10 puede llegar sin problemas a ISO 6400, a pesar de que muchos se empeñen en asegurar que no pasa de ISO 800... pero bueno... leyendas negras tiene que haber para desprestigiar al competidor.

En cuanto al resto de prestaciones, supera con creces a cualquier cámara de la gama D3000 de Nikon y casi diría, tras conocer como van las de la gama D7000 que por ahí puede andar a excepción del sellado... Lo que sí tengo claro es que al menos está al mismo nivel que las D5000.

Otra cosa que dicen de estas cámaras es que no se pueden hacer fotografías nocturnas con Vía Láctea, por ejemplo. Pues si bien no es tan sencillo como con sensores de mayor tamaño, yo puedo deciros que con una OM-D Em-10 Mk III, junto con un Star Tracker puedes hacer hasta cielo profundo sin problema. Llegado a este punto alguno me va a decir que eso es trampa... puede... pero por lo que vas a gastar comprando una OM-1 (la más cara y alta de gama de OM System), los objetivos adecuados y un Star Tracker de calidad, no te compras una cámara Full Frame (como mucho comprarás el cuerpo)... ¡Así que tú me dirás!

Os recomiendo pasar por el perfil de Marc Sendra Martorell que hace fotos de este tipo con una Em-10 Mk II, aún con más años y tecnología más antigua que las actuales... y después si os atrevéis, decidle a él que con Olympus no se puede hacer una Vía Láctea.

En general estoy muy contento con mi Olympus, lo que hecho de menos es la falta de estanqueidad y eso es lo único que me hace arrepentir de no haber comprado una Em-5 o superior, por el resto... nada que reprochar a excepción de alguna pieza como la cubierta del compartimiento de la batería que se me ha caído debido al desgaste de uso y en la tienda de Olympus no tienen actualmente disponible ningún repuesto (que vale menos de 10€). Lo he solucionado con una funda de piel que he comprado por más de 42€ pero que al menos me garantiza no perder la batería que tenga puesta y también la protege de golpes y arañazos (algo que realmente no me preocupaba tanto)... pero en fin... ¡también está lo chula que queda colgada con esa funda retro! Ya os la mostraré. Con el tiempo le coloqué la cubierta que Olympus me sirvió pero que es la de los modelos nuevos y muy bien no le iba... con una lima de uñas la adapté y va que chuta.

Lo que sí os digo es que al igual que sucede con alguna otra marca como Sony, a Olympus y ahora no creo que eso cambie con OM System, le gusta mucho el hecho de ser un ecosistema con poca posibilidad de accesorios compatibles, al menos en la gama de iniciación con la que tuve mucho problema a la hora de encontrarle tubos de extensión y flashes que funcionasen bien. ¡Ni remotos ni leches! Hay que mirar muy bien lo que se le compra porque no todo irá como te esperas. Ahora bien, lo que funciona, lo hace a las mil maravillas.

Los fallos con los que me he encontrado.

Como os contaba, comprar accesorios compatibles no es nada fácil y no sé si debido a eso o a qué, la zapata del flash dejó de funcionar. También, de vez en cuando pierdo conexión con el objetivo teniendo que sacarlo y volver a conectarlo para recuperarla.
 
En cuanto al objetivo de kit con el que comencé la publicación, también opté por enviarlo al SAT que está en Coimbra (Portugal) pero por separado, para poder tener una cierta opinión de un servicio que goza de buena fama y no basarme en una única experiencia.

Comienzo enviando el objetivo

En la primera experiencia tuve algún desatino con el servicio de mensajería que me llegó a indicar que el paquete había sido rechazado en destino cuando aún no había sido enviado desde origen, tardó unos días en ponerse en camino y supongo que puede ser porque repiten códigos de localizadores. el caso fue que en tres semanas exactas, con festivos pro medio, tenía el objetivo en casa arreglado y limpio.

El envío de la cámara

Lo que más miedo me daba era la cámara... sinceramente, me costó mucho deshacerme de ella, pero el asunto era que hasta había dejado de tener visible el menú de sincronización del flash y eso no era buena señal. Tenía que aprovechar el período de garantía para que me la pusiesen a punto.

Así que envié a Coimbra la cámara y para mi sorpresa, al día siguiente estaba en el SAT.
 
Allí tardó un poquillo en regresar ya que de nuevo pasaron 3 semanas desde que la envié hasta que la tuve en casa, pero supongo que la reparación también resultó más compleja.

El asunto es que todo está listo y reparado, funcionando sin problemas y además con seis meses de ampliación de garantía por las reparaciones realizadas.

Mis conclusiones sobre el SAT de OM System

Admito que, sobre todo en la primera ocasión, estaba un poquillo cabreado con el tema del envío y muy desconfiado... supongo que eso está escrito a fuego en mi ADN gallego; pero el hecho es que el SAT de OM System tiene buena fama pero quedé convencido de que justa y merecida. 

Me preocupa un poco el hecho de que los equipos se estropeen antes de llegado el límite de la garantía, pero también reconozco que se trata de equipos de iniciación y tecnologías muy complejas en los tiempos de lanzamiento al mercado. Hablamos de cámaras sin espejo y objetivos dedicados con tecnologías anteriores al 2017 cuando todas las marcas estaban en paños menores. Ya entonces, Olympus ofrecía unas herramientas que hoy en día son punteras en otras marcas... así que ni tan mal.

En mi primer enfado, casi había decidido continuar andadura con Nikon, pero en cuanto me llegó y de nuevo tuve en mis manos mi pequeña compañera y ver el comportamiento tan virtuoso que tiene y lo bien que nos podemos llevar y compenetrar, confío en que sus fallos se vayan solucionando con el tiempo y estoy seguro de que a pesar de seguir fotografiando con tecnología que muchos dirían obsoleta, tengo una cámara capaz de codearse con cualquiera de las gamas que se dicen "altas" de muchas otras marcas y que parecen a veces que son únicas e inimitables.

Y esto es lo que os quería contar... resumiendo:

Por norma general, enviar cualquier equipo al SAT de OM System puede tener un plazo de devolución de unas tres semanas y dicho servicio funciona perfectamente y de una forma admirable.

Desde aquí mi agradecimiento. Lo más probable es que si un día actualizo mi equipo siga con la marca y por descontado, viviendo en Galicia, con una cámara que sea estanca y como os decía, ya se puede disponer de ella desde la gama Em-5 que hoy ya se puede encontrar por menos de mil euros.

 

Comentarios

Publicacións populares