Na procura das ondas transparentes / En busca de las olas transparentes

Publicación bilingüe (galego/español)

Ir a versión en ESPAÑOL

[GALEGO]


Hoxe toca ver coma o control e o coñecemento da propia ferramenta pódeche ofrecer resultados cos que moitas veces nin contas. Imos ver coma una imaxe improvisada rematou nunha sesión deportiva de srf tamén improvisada e con resultados sorprendentes.

Antes de comezar, quixera saudar e invitarvos a coñecer ó principal suxeito desta sesión que non é outro co surfeiro Pipa, director e profesor de surf na escola que podes atopar na marabillosa praia de Xagó, Asturias. Se queres saber máis acerca deles ou coma contactalos, podes acceder o seu sitio Web XAGÓ SURF ou tamén mediante a súa revista dixital SURFASTUR.




Os datos técnicos

Son dos que pensan cos datos técnicos dunha imaxe non che solucionan gran cousa pois o mesmo autor, a mesma cámara e o mesmo lugar, coma vaias nun día distinto, cámbiache a luz e obtés imaxes distintas. Pero desta volta deixovo-los datos pra que vexades coma non é preciso nada á hora de acadar aquelo que buscas. Logo dos datos comentareivo-la sesión porque tamén aconteceron cousiñas a ter en conta.

Datos EXIF:

Equipo:

  • Olympus OM-D E-M 10 Mk III (cámara básica, de iniciación).
  • Olympus M. Zuiko Digital 40-150mm 1:4-5.6 ø58 (lentede kit).

Configuración:

  • Sensibilidade: ISO 200 (mínima nativa dese modelo de cámara).

  • Distancia focal: 150mm (a equivalencia pró sensor que leva esa cámara, que é un M43 ou MFT, é de un 300mm en FF). O duplicador dixital estaba desactivado (podería chegar incluso a convertelo no que equivalería a un 600mm en FF obtendo uns JPG de tamaño máximo cunha calidade totalmente aceptábel).

  • Apertura de diafragma: f/7.1 (teñamos en conta que existe a mesma equivalencia en formato FF que a multiplicaría por dous, aínda que a luminosidade sexa a mesma; é dicir, nun formato FF equivalería a un f/14 coa vantaxe que teñen os lentes luminosos e de construción recta).

  • Velocidade: 1/1000" (activando o modo ráfaga e o estabilizador da cámara).

  • Medición: Matricial.

  • Enfoque: Contínuo e con seguemento.

  • Perfil de cor: sRGB (neste caso, ó buscar unha saída JPG directa pra compartir nas RRSS e Web, é preferíbel usar este perfil, se a intención fose imprimir o resultado directamente deberiamos usar AdobeRGB pois é o estándar nas tendas de fotografía nas que normalmente imprimimos, sin ter que andar con maiores complicacións).

  • Temperatura de cor: Modo Sol (luz día) modificado para que quedase a 7000K grazas á compensación A-5 e G+3; é dicir, protección en 5 puntos das dominantes azuis e en 3 as dominantes verdes).

  • Sen post-procesado nin recortes.

Extras:

Non se usaron extras, é dicir...
  • Sen trípode, sen monopié.
  • Sen filtros.
  • Sen flashes.
  • Sen modificadores.
  • Sen reflectores.


Unha fin de semana especial

O primeiro que vos teño que comentar é que era a primeira vez na miña vida que facía fotografías deste deporte e xurdeume dun xeito totalmente casual; porén, paseino xenial e agardo te-la oportunidade de repetir.

A mágoa foi dun equipo máis axeitado pra poder meterme na auga con eles! Pero coma sempre digo, cada un tense que axustar ó orzamento que teña e quede dentro das súas posibilidades.

Había tempo que non podiamos coincidir pra saír dar unha volta o grupo de amigos que gustamos da fotografía. Durante o verán, non puiden gozar nin dun sábado nin dun domingo nin dun festivo libre. Iso é algo que frustra bastante pero no fondo estás ansioso de que chegue ese primeio sábado en amigos e familia pra saír pasear e cecáis fotar algo. Así que non dubidei en chamar ó meu amigo David e convidalo pasar un tempo en familia. Ese viña sendo o plan!
 
 Fómonos pola costa. A tarde púxose fermosa. Estaba tan ledo e levaba tanto tempo desexando un día de desconexión que ata me vin con gañas de estrearme nun deses directos do Instagram... conectábame continuamente e aínda a día de hoxe non entendo o motivo... faláballe e nin sabía a quen... pero era o resultado da ledicia que sentía. Estaba alegre coa viaxe, coa experiencia, coa familia, feliz con David e coa súa familia tamén.

O serán estábase a dourar e case no ocaso, durante o solpór, gañou unha tonalidade maxenta que mesturada co cotiá ton da hora azul, o espectáculo era de trance total... pero en fin... iso pode ficar pra outra publicación, o que aquí vos veño contar o acontecido minutos antes.



A sorpresa inicial

Nun momento dado, chegamos a unha praia... sen equipo. O tiñamos no maleteiro do coche porque non contemplabamos outro plan que non fose pasa-lo rato de xornada que restaba até a noitiña coas nosas familias. Pero ó chegar á mar, estaloume a cabeza... o sol estaba baixiño e o ceo amosábase totalmente alaranxado. Na mar uns surfeiros lucíanse ante unha praia ateigada de fotógrafos... que era o que estaba a acontecer?

O caso é que a min dábame igual o que estivese a acontecer, nada máis chegar o sitio ollei cara David e díxenlle: "quero aproveitar eses surfeiros pra fotar a contraluz e xogar con esa iluminación natural tan marabillosa. Isto que estamos a ver é un agasallo da natreza e non o vou desaproveitar2... e de feito, volvin cunha sesión paisaxística que me deixou bastante satisfeito.

Descamiñámo-lo camiño e regresamos ó coche pra recoller o noso equipo, trípodes e flashes (aínda que só foron usados ó caer a noite pra facer algo de paisaxe).

Así foi coma, mentres a dereita dos surfeiros estaba chea de fotógrafos con distintos equipos: máis grandes, máis pequenos, trípodes e monopés... nós puxémonos camiñar ante a incredulidade de tódolos fotógrafos que alí congregaban e que seguíannos coa ollada espectante e murmuriando cousas initelixíbeis pra nós. Seguro que pensaban que deseguido dariamo-la volta... pero que van conseguir eses dous toliños poñéndose a contraluz? Non van poder adadar nada! Estou seguro que a meirande deles pensaba dese xeito e no seu sorriso os delataba.

Camiñamos un bo anaco de praia ata que a area rematou e tivemos aínda que camiñar minutos sobre das rochas. en canto sentín que o sitio xa me gustaba, senteime sobre elas e incluso cheguei apoiar o móbil e nalgún momento púxenme retransmitir en directo. Quería facer partícipe a alguén que estivese aburrido ese día na casa, dun intre que pra min era marabilloso e moi dourado... tanto coma o ceo.




O momento da exposición; estuda-la la escena pois a luz non o é todo

Estudei a escena. A auga dos mares galegos non ten cara a Costa da Morte a tonalidade turquesa tan fermosa da que presumen as Illas Cíes ou as illas tropicais; porén, bañada por esa luz dourada do atardecer que atravesaba ás ondas e que se deixaban transparentar un chisquiño, adquiría unha tonalidade verdosa moi bela. Eu só vía iso. Os surfeiros non eran pra min máis ca un accesorio, algo que lles daría un plus ás fotografías. Eu só tiña en mente luz en tons.

A miña cámara permite elexir manualmente os Kelvin, pero cando configuramos dese xeito tan personalizado, o menú (polo menos no meu modelo) non me permite protexer tonalidades dominantes. Así que de configura-la temperatura dun xeito manual que respectase o dourado, a foto ía quedar totalmente cálida e iso non era o que eu estaba a ver pois esa cualidade do sol amosábase unicamente nas zonas claras, na transparencia das ondas, cando a luz atravesaba e no recurte que se lles facía ós surfeiros. Con todo, o resto da mar víase azul, que formaba un contraste e iso era o que me estaba a gustar máis do lugar e do momento.
 
Por iso foi que optei por colocar un dos modos automáticos da miña cámara, concretamente o modo Sol (luz día) porque dese xeito garantíame esa tremenda beleza natural da hora dourada e que ademais correspondía perfectamente co que estabamos vivindo, pero compensei as dominantes pra evitar perde-lo resto de tonalidades tomando a decisión de sumarlle 5 puntos á dominante azul e 3 á verde. Así é coma dun xeito moi sinxelo puiden obter ese contraste tonal sen necesidade de traballar logo no procesado por zonas. Con todo, se o tivese deixado pró procesado, o resultado non ía ser o mesmo en ningún caso e por elo a importancia de coñecer o manexo destas configuracións na cámara.

O surfeiro do que xa vos falei na introdución, Pipa, non foi alleo ó que aconteceu e algo debeu chamarlle-la atención de nós porque non dubidou en saír da auga pola zona onde estabamos e achegarse parolar un ratiño.

Efectivamente, sentíase interesado polo que estaba a facer e gustaríalle ve-las imaxes. Advertínlle que deles coma motivo principal poucas fotos habería porque en realidade estaba a xogar coa paisaxe sumándolles a eles coma elemento de interese.


Teño que admitir que me deixou pampo cando me espetou: "Collín un par de boas ondas e sei que ti tamén"... sego sen entender coma é que podía intuír tal cousa pero supoño que a vista e concentración destes deportistas fai que teñan unha especial percepción sobre todo aquelo que lles rodea.

Sabendo que tiña configurada a miña cámara pra que ademais do RAW me dise un JPG listo pra exportar á Web ou a RRSS, con espazo de cor sRGB, tiña claro que podería ofrecerlle certa inmediatez.


Foto procesada en Lightroom (edición básica).


O que realmente importa

Seguramente tódolos fotógrafos que estaban de fronte quitasen mellores fotos ca eu pensando na fotografía deportiva e ese deporte en particular, porque eu non tiña nin idea de surf e coñece-lo deporte é algo que paréceme absolutamente esencial á hora de fotografalo. Hai que saber que procuran os deportistas e cando chega o instante ideal. Pero tamén estou seguro de que eles non puideron captar outras cousas que non fosen o azul escuro e opaco desas augas. De feito, cheguei ver unha as fotografías na páxina do concello que claramente estaba modificada con ferramentas de software porque tiña un ceo totalmente alaranxado e a mar azul cun escintileo totalmente azulado; é dicir, reflectía unha cor que non correspondía co que a imaxe amosaba do ceo. Entendo que todo iso é válido e que o fotógrafo chegou realmente ver na escena esas cores, porque o ceo era verdadeiramente alaranxado. Pero esa luz, se a tivese recollido de verdade e non colocada cun simple click na opción de "cambio de ceo" que moitos programas de retoque actuales che ofrecen, tivese quedado moito máis natural.
 
E coma derradeiro punto quixera debatir iso de que se non nos sentamos ante un programa de edición e retoque estamos deixando que a nosa fotografía sexa editada polo xaponés que programou a nosa cámara. En serio pensades que estas fotos foron editadas polo programador do software do equipo? ou polo contrario foi editada por min antes de preme-lo obturador?

Os programas de edición non están mal, nada mal. Eu cando quero, tamén me poño a xogar con eles e, de feito, a última fotografía ten un chisco de post-producíón (non así a que o surfista chegou publicar nas súas redes sociais pois envieille-los JPG directos da cámara en canto os tiven descargado no móbil coa aplicación que trae).

Os axustes que ten son tan básicos coma que aumentei un pouquiño os brancos porque grazas a David que o soupo ver en canto llas amosei, pareceume que quedaba un pouco patente de máis esa tendencia que teño a subexpoñer e se callar deste xeito lle sacase un pouquiño máis de brillo. Isa é a única diferencia que atoparedes.


[ESPAÑOL]


Hoy toca ver como el control y el conocimiento de la propia herramienta puede ofrecerte resultados que muchas veces ni esperas. Vamos a ver cómo una imagen improvisada terminó en una sesión deportiva de surf también improvisada y con resultados sorprendentes.

Antes de empezar, quisiera saludar e invitaros a que conozcáis al principal sujeto de esta sesiónque no es otro que el surfista Pipa, director y profesor de surf en la escuela que puedes encontrar en la maravillosa playa de Xagó, Asturias. Si quieres saber más sobre ellos o como contactarlos, puedes acceder a su página Web XAGÓ SURF o también a través de su revista online SURFASTUR.




Los datos técnicos

Soy de los que opinan que los datos técnicos de una imagen no te solucionan gran cosa pues el mismo autor, la misma cámara y el mismo lugar, como vayas en un día distinto te cambia la luz y obtienes imágenes distintas. Pero esta vez os dejo los datos para que veáis cómo no se necesita nada a la hora de conseguir aquello que buscas. Después de los datos os comentaré la sesión porque también sucedieron cositas a tener en cuenta.

Datos EXIF:

Equipo:

  • Olympus OM-D E-M 10 Mk III (cámara básica, de iniciación).
  • Olympus M. Zuiko Digital 40-150mm 1:4-5.6 ø58 (objetivo de kit).

Configuración:

  • Sensibilidad: ISO 200 (mínima nativa de ese modelo de cámara).

  • Distancia focal: 150mm (la equivalencia para el sensor que lleva esa cámara, que es un M43 ó MFT, es de un 300mm en FF). El duplicador digital estaba desactivado (podría llegar incluso a convertirlo en lo que equivaldría a un 600mm en FF obteniendo unos JPG de tamaño máximo con una calidad totalmente aceptable).

  • Apertura de diafragma: f/7.1 (tengamos en cuenta que existe la misma equivalencia en formato FF que la multiplicaría por dos, aunque la luminosidad sea la misma; es decir, en un formato FF equivaldría a un f/14 con la ventaja que tienen los objetivos luminosos y de construcción recta).

  • Velocidad: 1/1000" (activando el modo ráfaga y el estabilizador de la cámara).

  • Medición: Matricial.

  • Enfoque: Contínuo y con seguimiento.

  • Perfil de color: sRGB (en este caso, al buscar una salida JPG directa para compartir en RRSS y Web, es preferible usar este perfil, si la intención fuese imprimir el resultado directamente deberiamos usar AdobeRGB pues el estándar en las tiendas de fotografía en las que normalmente imprimimos es ese, sin tener que andar con mayores complicaciones).

  • Temperatura de color: Modo Sol (luz día) modificado para que quedase a 7000K gracias a la compensación A-5 e G+3; es decir, protección en 5 puntos de las dominantes azules y en 3 las dominantes verdes).

  • Sin post-procesado ni recortes.

Extras:

No se usaron extras, es decir...
  • Sin trípode, sin monopié.
  • Sin filtros.
  • Sin flashes.
  • Sin modificadores.
  • Sin reflectores.


Un fin de semana especial

Lo primero que os tengo que comentar es que era la primera vez en mi vida que hacía fotografías a este deporte y surgió de un modo totalmente casual; sin embargo, me lo pasé fenomenal y espero tener la oporunidad de repetir.

¡La pena fue de un equipo más apropiado para poder meterme en el agua con ellos! Pero como siempre digo, cada uno se tiene que ajustar al presupuesto que tenga y estea dentro de sus posibilidades.

Hacía tiempo que no podíamos coincidir para salir a dar una vuelta el grupo de amigos que nos gusta la fotografía. Durante el verano, no pude disfrutar ni de un sábado, ni de un domingo ni de un festivo libre. Eso es algo que frustra bastante pero en el fondo estás ansioso de que llegue ese primer sábado en amigos y familia para salir a pasear y quizás fotar algo. Así que no dudé en llamar a mi amigo David e invitarlo a pasar ese tiempo en familia. ¡Ese era el plan!

Nos fuimos por la costa. La tarde se puso hermosa. Estaba tan feliz y llevaba tanto tiempo deseando un día de desconexión que hasta me vi con ganas de estrenarme en eso de los directos de Instagram... me conectaba continuamente y aún a día de hoy no entiendo el motivo... le hablaba y ni sabía a quíen... pero era el producto de la felicidad que sentía. Estaba feliz con el viaje, con la experiencia, con la familia, feliz con David y con su familia también.

La tarde se estaba dorando y casi al terminar, durante la puesta de sol, adquirió una tonalidad rosada que mezclada con el habitual tono de la hora azul, el espectáculo era de trance total... pero en fin... eso puede quedar para otra publicación, lo que aquí os vengo a contar sucedió minutos antes.



La sorpresa inicial

En un momento dado, llegamos a una playa... sin equipo. Lo teníamos en el maletero del coche porque no contemplábamos otro plan más que el de pasar el rato de jornada que quedaba hasta el ocaso con nuestras familias. Pero al llegar a la mar, me explotó la cabeza... el sol estaba bajito y el cielo se mostraba totalmente anaranjado. En la mar unos surfistas se lucían ante una playa abarrotada de fotógrafos... ¿qué sucedía?

El caso es que a mi medaba igual lo que estuviese sucediendo, nada más llegar al lugar miré a David y le dije: "quiero aprovechar a esos surfistas para fotar a contraluz y jugar con esa iluminación natural tan maravillosa. Esto que estamos viendo es un regalo de la naturaleza y no lo voy a desaprovechar"... y de hecho, me volví con una sesión paisajística que me gustó bastante. 

Desandamos el camino y regresamos al vehículo para recoger nuestros equipo, trípodes y flashes (aunque solamente fueron usados al caer la noche para hacer algo de paisaje).

Así fue como mientras la derecha de los surfistas estaba llena de fotógrafos con distintos equipos: más grandes, más pequeños, trípodes y monopiés... nosotros nos pusimos a caminar ante la incredulidad de todos los fotógrafos que estaban allí congregados y que nos seguían con la mirada espectante y murmurando cosas ininteligibles para nosotros. Seguro que se pensaban que enseguida me daría la vuelta... ¿qué van a conseguir esos loquillos poniéndose a contraluz? ¡No van a poder conseguir nada! Estoy seguro que la mayoría se pensaba cosas así y en su sonrisa se les notaba.

Caminamos un buen pedazo de playa hasta que la arena terminó y tuvimos que caminar minutos sobre las rocas. En cuanto sentí que el sitio me gustaba, me senté sobre ellas e incluso apoyé el móvil y en alguna ocasión me puse a retransmitir en directo. Quería hacer partícipe a alguien que estuviese aburrido ese día en casa de un momento que para mi era maravilloso y moi dorado... tan dorado como el cielo.



El momento de la exposición; estudiar la escena pues la luz lo es todo

Observé la escena. El agua de los mares gallegos no tiene hacia Costa da Morte la tonalidad turquesa tan hermosa de la que presumen las Islas Cíes o las islas tropicales; sin embargo, bañada por esa luz dorada del atardecer que atravesaba las olas y que se dejaban transparentar un poquito, adquiría una tonalidad verdosa muy bonita. Yo solamente veía eso. Los surfistas no eran para mi más que un accesorio, algo que les daría un plus a las fotografías. Yo solamente tenía en mente luz y tonos.

Mi cámara tiene forma de elegir manualmente los Kelvin, pero cuando configuramos de esa forma tan personalizada, el menú (al menos en mi modelo) no me permite proteger las tonalidades dominantes. Así que de configurar una temperatura de forma manual que respetase el dorado, la foto me iba a quedar totalmente cálida y eso no era lo que yo estaba viendo pues esa calidad del sol se mostraba únicamente en las zonas claras, en la transparencia de las olas, cuando la luz las atravesaba y en el recorte que les hacía a los surfistas. No obstante, el resto del mar se veía azul, que formaba un contraste y, eso era lo que me estaba gustando más de toda la escena. 

Por eso fue que opté por colocar uno de los modos automáticos de mi cámara, concretamente el modo Sol (luz día) porque de esa forma me garantizaba esa tremenda belleza natural de la hora dorada y que además correspondía perfectamente con lo que estábamos viviendo, pero compensé las dominantes para evitar perder el resto de tonalidades tomando la decisión de sumarle 5 puntos a la dominante azul y 3 a la verde. Así es como de una forma muy sencilla pude obtener ese contraste tonal sin necesidad de trabajar después en el procesado de forma zonal. De todas formas, si lo dejase para el procesado, el resultado no iba a ser el mismo en ningún caso y de ahí la importancia de conocer el manejo de estas configuraciones en cámara.

El surfista del que ya os hablé en la introducción, Pipa, no fue ajeno a lo que sucedió y algo debió de llamarle la atención en nosotros porque no dudó en salir del agua por la zona en donde estábamos y acercarse a charlar un rato.

Efectivamente, se sentía interesado por lo que estaba haciendo y le gustaría ver las imágenes. Le advertí que de ellos como motivo principal tenía pocas fotos porque en realidad estaba a jugar con el paisaje sumándoles a ellos como elemento de interés.

Tengo que admitir que me dejó tonto cuando me soltó: "Cogí un par de olas buenas y sé que tú también"... sigo sin entender como podía intuir eso, pero supongo que la vista y concentración de estos deportistas hace que tengan una percepción especial sobre todo lo que les rodea.

Sabiendo que había configurado mi cámara para que además del RAW me diese un JPG listo para exportar a la Web o a RRSS, con espacio de color sRGB, tenía claro que podría ofrecerle cierta inmediatez.


Foto procesada en Lightroom (edición básica).


Lo que realmente importa

Seguramente todos los fotógrafos que estaban de frente quitasen mejores fotos que yo pensando en la fotografía deportiva y ese deporte en particular, porque yo no tenía ni idea de surf y conocer el deporte es algo que me parece totalmente esencial a la hora de fotografiarlo. Hay que saber qué buscan los deportistas y cuando se viene el instante ideal. Pero también estoy seguro de que ellos no pudieron captar otras cosas que no fuesen el azul oscuro y opaco de esas aguas. De hecho, llegué a ver una de las fotografías en la página de un ayuntamiento que claramente estaba modificada con herramientas de software porque tenía el cielo totalmente anaranjado y el mar azul con un brillo totalmente azulado; es decir, reflejaba un color que no correspondía con lo que la imagen mostraba del cielo. Entiendo que todo eso es lícito y que el fotógrafo llegó realmente a ver en la escena esas tonalidades, porque el cielo realmente estaba anaranjado. Pero esa luz, si la hubiese recogido de verdad y no colocada con un mero click en la opción de "cambio de cielo" que te dan muchos programas de retoque actuales, hubiese quedado mucho más natural.

Y como último punto quisiera debatir eso de que si no nos sentamos ante un programa de edición y retoque estamos dejando que nuestra fotografía sea editada por el japonés que programó nuestra cámara. ¿En serio pensáis que estas fotos fueron editadas por el programador del software del equipo? ¿o por el contrario fue editada por mi antes de pulsar el obturador?

Los programas de edición no están mal, nada mal. Yo cuando quiero, también me pongo a jugar con ellos y de hecho, la última fotografía tiene un poco de post-producción (no así la que el surfista llegó a publicar en sus redes sociales pues le envié los JPG drectos de la cámara en canto los descargué al móvil con la aplicación que trae).

Los ajustes que tiene son tan básicos como que he aumentado un poco los blancos porque gracias a David que lo supo ver en cuanto se las mostré, me pareció que quedaba un poco patente de más esa tendencia que tengo a subexponer y quizás de esta forma le sacase un poquito más de brillo. Esa es la única diferencia que encontraréis.

Comentarios

Publicacións populares