Fotando fogos artificiais / Fotando fuegos artificiales

Publicación bilingüe (galego/español)

Ver versión en ESPAÑOL

[GALEGO]


Quitar fotos de fogos artificiais é algo sinxelo se coñéce-la técnica e sobretodo, trátase dunha boa oportunidade pra parcticar tapadiños de lente que é o que ó final marcará a diferenza entre unhas fotos e as fotos.

O que viches no vídeo son as fotos que trouxo Patty Inostroza do lanzamento de fogos artificiais do fin de festas do Apóstolo 2022 o pasado 31 de xullo ás 23:30h na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).

Antes eran lanzados desde o Campus Sur, fronte á escalinata de subida ó Parque da Alameda, pero sinceramente e a pesares de que moito vencindario con poucas gañas de moverse da casa non fan máis que queixarse e chorar pra que volvan á mesma localización, persoalmente coido que están moito mellor nesta nova localización. Hai moito máis espazo, mellores vistas, etc., pero entendo tamén que non é o mesmo ter que desprazarse pra poder gozalos desde o balcón, a galería ou a fiestra da túa propia casa.

Pero así é a vida!

Foto: Patty Inostroza, 2022

Vaia por diante que esta sesión era a primeira na que Patty fotografaba fogos artificiais e se ben puidese crer que é tan sinxelo coma configurar o modo axeitado nas escenas que trae xa o menú da túa cámara, coñecendo a técnica poderemos nós mesmos dominar o resultado final e non deixalo todo á sorte.

Foto: Patty Inostroza, 2022

Coma con todo tipo de fotografías, traballar nun modo Manual vainos proporcionar o maior e máis absoluto control do que fagamos. Esa debería se-la primeira opción que debemos elexir antes de comezar. A saída en RAW é absolutamente precisa pois será probábel que teñamos que procesar logo algunha cousiña, coma subi-las sombras ou baixa-las iluminacións pra mellora-la imaxe. O cal non se sae do purismo, por se alguén se decanta por esa elección persoal. O que aquí verás non está pelexado con esa filosofía.

Foto: Patty Inostroza, 2022

Imos fotografar un ceo nocturno que vai ser iluminado de xeito artificial por luces xeralmente cálidas. Se escollemos unha temperatura de cor pra acentuar ese contraste é posíbel que academos máis impacto que se deixamos o WB en AUTO e a máquina sexa a que decida por nós. Ademais, conseguiremos que tódalas imaxes teñan unha mesma temperatura se o configuramos dun xeito manual. O que fixo Patty, seguindo o meu consello, foi configurar a súa temperatura de cor a 3400 Kelvin.

Foto: Patty Inostroza, 2022

Pra este tipo de imaxes non temos falla de escoller unha sensibilidade de ISO alta, cun ISO 100 ou 200 será abondo. Eu recomendeille a Patty comezar en 200 e estudar se o trazo era moi groso a sabendas do que lle ía acontecer e que me confesaría máis adiante (xa volo explicarei); e, no caso de querelo facer máis delgadiño poder baixar a 100, pero un ISO 200 podería ser un bo punto de partida no que coido sempre ides acertar... coma xa veredes o que aconteceu un pouco máis adiante.

Foto: Patty Inostroza, 2022

 

A apertura de diafragma ideal sería dun f/8 prá cámara que usou Patty: unha Nikon D3400 (cámara moi básica e de iniciación) que ten un sensor do tipo APS-C. Quere isto dicir que se tendes una FF podedes ir á un f/11 ou f/12 pra asegurarmos unha boa profundidade de campo e ter máis ou menos todo enfocado. No caso de usar unha cámara cun sensor M43 poderedes comezar en f/5.6 aínda que pola miña experiencia con Olympus, persoalmente gústame usar o f/7.1 tanto pra 'lightpainting' coma pra fogos artificiais... pero xa veredes máis adiante o que aconteceu desta volta.

Foto: Patty Inostroza, 2022


Pra rematar quédanos por decidi-la velocidade que é onde imos atopar a maxia deste tipo de imaxes e onde tomarémo-lo control de todo o que expoñamos procurando evitar no posíbel o efecto "sorte". Trátase da velocidad BULB que lle indica á cámara que desque prememos o botón de obturación ata que o soltemos, non deixará de expoñer. Na Nikon D3400 a única opción que temos pra non ter que estar machacando o dedo, é usar un obturador remoto por bluetooth que por sorte non é un accesorio caro. Non admite nin intervalómetro nin ningunha outra cousa semellante, tampouco a podemos controlar remotamente por medio da aplicación Snapbridge, porén, pra este tipo de fotografía é abondo. A partir de entón, desque prememos o botón do control remoto até que o prememos de novo, a cámara fará o mesmo que se estivésemos a premer o botón co dedo e exporá desde o primeiro click até o segundo.

Pero, como é, e que controlamos? Pois cunha tarxeta negra ou coma din os modernis, unha black card. Nós temos feito unhas tarxetas que forramos con cinta illante negra, pero tamén serviravos un pedaciño de cartolina ou mellor aínda, un de Goma EVA, ámbolos dous en negro aínda que se callar a última opción seravos máis mate ca cartolina e polo tanto non arriscamos a ter unha entrada de luz rebotada da propia tarxeta.

Foto: Patty Inostroza, 2022

Así é coma controlamos o que a cámara expón. Retirámo-la tarxeta cada vez que queremos que rexistre o que acontece e volvemos tapar cando non interese. Deste xeito podemos controla-los fogos no caso de que os boten cara ámbolos dous lados (cousa que nestes en concreto non pasou), podemos incluso enche-lo cadro dun xeito controlado. Se non entendiche-la explicación, podes preguntar na zona de comentarios e respostareiche ó que poida. Non quedes con dúbidas.

Foto: Anxo Dafonte, 2022

Con todo, non todo foi coma a seda coma seguramente vos destes conta ó observa-la imaxe anterior. Centrado nas explicacións que lle daba a Patty e seguramente afectado por alque tiña acontecido no día anterior e que penso comentarvos máis adiante, esquecín configurar correctamente a miña Olympus e nada saíu coma eu quería. Lembrades que vos dixen que Patty confesaríame algo importante? Pois non é nin máis nin menos ca realidade de non ter tempo pra revisa-las imaxes 😂😂

Todo pasa tan rápido e a pantalla é tan pequena que unha revisión do que estades a facer resta un tempo que é moi valioso e unha vez comezan os fogos, todo é frenético e intenso. Nada de revisións! Coma se fotases con película. Así que eu tampouco vin nada raro do que acontecía ata que cheguei a casa.  🙅🙈

Foto: Anxo Dafonte, 2022

O primeiro erro: o formato de saída! Viña de fotografar unicamente en RAW e o primeiro que quixen configurar foi o formato RAW+JPG, pero por algún motivo que aínda non chego a entender, a miña cámara quedou configurada en JPG e non me malinterpretedes, non foi un fallo mecánico, foi totalmente humano, culpa miña. O de fotografar tamén en JPG debíase ó meu interese por ter unha rápida visualización dos arquivos finais ó chegar a casa e poder facer unha edición máis rápida e decidir cal ía se-la que podería logo procesar. Por desgraza, ese erro fai que non se poida procesar logo esa imaxe coma merece e xenéranse moitas aberracións e artefacto. sobretodo cando non se trata do único erro da noite.

Foto: Anxo Dafonte, 2022

O segundo erro fatal foi a configuración da ISO... non me preguntedes coma foi pero cando vin os trazos tan grosos sabía que algo fallara... a ISO estaba en 800... así qe podemos confirmar iso de que "consellos dou que pra min non teño"... imperdoábel! Pero castigo abondo recibín. Ó fotografar en JPG non puiden arranxar eses erros nin no máis mínimo pois o arquivo queda moi limitado e a información é a xusta e precisa pra un resultado final.

Foto: Anxo Dafonte, 2022

Teño claro de ir so, a concentración no que estaba a afacer sería máis axustada e posibelmente non cometese tantos erros, pero iso non é escusa nin moito menos, foi unha sesión totalmente fallida pola miña banda. Con todo, síntome orgulloso, xa que Patty si que poido volver cunha boa sesión e o resultado salta á vista. Sempre que iso acontece, síntome feliz. Cando vou acompañado sempre priorizo a foto dos demais, é algo que me mantén a gusto comigo mesmo e con esta afección. Gústame compartir, gústame ve-la xente leda quitando fotos. Así que eu volvín sen foto pero coa sesión resolta.

As dúas últimas fotos son o JPG que me trouxen e as dúas primeiras son fotos que tratei de procesar a sabendas da limitación, pra ver se algo podería salvar... pero ningunha vale nada na miña opinión.

Foto: Patty Inostroza, 2022

Non é o habitual que os fotógrafos relaten os seus fracasos e erros, pero estou convencido de que aquí non quero contarvos as cousas que sexan normales, en realidade quero que sexan naturais e o natural é que non sempre vas ter un bo día. Todos cometemos erros e todos volvemos algunha vez cunha machada de campeonato que che obriga a chapodar toda unha sesión. Se algunha vez che aconteceu ou algún día che pasa no futuro debes saber que é algo normal, non te agobies. Se és fotógrafo afeccionado pénsao deste xeito: non te debes a nada nin a ninguén, só a ti mesmo. Laméntate se queres, deixate sentir tristeiro porque iso é saudábel, pero logo respira fondo e pensa que xa está, todo vai ben e outra vez será. Non ten máior importancia nin é a morte de ninguén. E se fuches acompañado dunha fotógrafa ou fotógrafo xeneroso, sentirás ledicia polo éxito dos teus compañeiros.

Foto: Patty Inostroza, 2022

Dos erros vas aprender moito máis ca dos éxitos... sábelo, non si? Pois isa é a filosofía, isa é a actitude! Os fotógrafos amosan sempre a súa mellor cara e iso fai que os afeccionados moitas veces sintan frustación porque pensan que todo ten que saír ben e que cometer erros é por culpa de non saber resolver. Por iso gústame contarche tamén as frustracións, coido que é xusto pra ti que estás a agasallarme o teu tempo lendo isto.

Con esta sesión aprendemos catro cousas moi importantes en fotografía. Primeira, os erros son unha fonte de aprendizaxe. Segunda, o mellor antidepresivo fotográfico é a xenerosidade. Terceira, o estado de ánimo inflúe de xeito exponencial no resultado do teu traballo e na túa creatividade.

E por último, a cuarta cousa e pra mina a máis importante de hoxe, e é que a técnica ven sendo a base pra obter unha boa fotografía. Podes posuí-la maior creatividade do mundo, ter unha visión única e fantástica, pero se non sabes como resolver tecnicamente non poderás acadar o resultado que queres. Moitos fotógrafos pensan e aseguran que a técnia non é importante; que, en primeiro lugar está a composición e sen precisamente eu non lle vou restar importancia á composición, nada do que fagas servirá se non coñeces a técnia pra conseguilo. Porque se decidimos que a técnica non importa, calquera cun móbil ou con calquera cámara en atomático pode crear imaxes impactantes simplemente atendendo a un par de conceptos. A técnica é sinxela de aprender cun pouco de interese, evitala non é máis ca un síntoma desa falta de implicación e de non querer estudar ou traballar.

Foto: Patty Inostroza, 2022

Vin moitas fotos desos mesmos fogos ó día seguinte nos xornais dixitais e nas redes sociais e non me tremen os dedos ó asegurar que non vin nada coma o que Patty fixo na súa estrea na disciplina. A composición é sinxela, a mensaxe tamén... non deixan de ser fogos artificiais, pero a técnica serviulle pra acadar o que outros non perderon tempo en facer: escoller que fotografar, cando e como. Porque os fogos que vedes nas súas fotos non aconteceron ó mesmo tempo, foinos pintando a medida que quitaba a tarxeta do lente e, por iso son tan agradábeis e sobretodo únicas, pois non van ser nunca iguais cas que se fixeron coma una instantánea "calquera".

Grazas pola atención, por ter vido ata aquí unha vez máis e por aguantarme neste recunchiño do océano Internet. Calquera dúbida que teñas, aportación, crítica, comentario ou o que che apeteza, non dubides en deixarmo coma comentario porque estarei encantado por elo e moi agradecido.

Unha aperta e deica a seguinte publicación. Queda pendente unha pequena aventura que tivo lugar antes destes fogos... pero iso será outra historia  😉

 [ESPAÑOL]


Hacer fotos de fuegos artificiales es algo sencillo si conoces la técnica y sobre todo, se trata de una buena oportunidad para practicar tapados de lente que es lo que al final marcará la diferencia entre unas fotos y las fotos.

Lo que has visto en el video son las fotos que se trajo Patty Inostroza del lanzamiento de fuegos artificiales del fin de fiestas del Apóstolo 2022 que tuvieron lugar el pasado 31 de julio a las 23:30h en Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).

Antes se lanzaban desde el Campus Sur, frente a la escalinata de subida al Parque de la Alameda, pero sinceramente y a pesar de que mucho vecindario con pocas ganas de moverse de casa no hacen más que quejarse y llorar para que vuelvan a la misma localización, personalmente creo que están mucho mejor en este nuevo lugar. Hay más espacio, mejores vistas, etc., pero entiendo también que no es lo mimso tener que desplazarse que poder disfrutarlos desde el balcón, la galería o la ventana de tu propia casa.

¡Pero así es la vida!

Foto: Patty Inostroza, 2022

Vaya por delante que esta sesión era la primera vez en la que Patty practicaba fotografía de fuegos artificiales y si bien se pudiese creer que es tan sencillo como configurar el modo adecuado en las escenas que trae ya el menú de tu cámara, conociendo la técnica podremos nosotros mismos dominar el resultado final y no dejarlo todo a la suerte.

Foto: Patty Inostroza, 2022

Como con todo tipo de fotografías, trabbajar en un modo Manual nos proporcionará el mayor y más absoluto control de lo que hagamos. Esa debes ser la primera opción que debemos elegir antes de empezar. La salida en RAW es absolutamente necesaria pues será probable que tengamos que procesar despues alguna cosilla, como levantar sombras o bajar iluminaciones para mejorar la imagen. Lo cal no se sale del purismo, por si alguien se ha decantado por esa elección personal. Lo que aquí verás no va reñido con esa filosofía.

Foto: Patty Inostroza, 2022

Vamos a fotografiar un cielo nocturno que va a ser iluminado de forma artificial por luces generalmente cálidas. Si escogemos una temperatura de color para enfatizar ese contraste es posible que consigamos más impacto que si lo dejamos el WB en AUTO y la máquina la que decida por nosotros. Además, conseguiremos que todas las imágenes tengan una misma temperatura si lo configuramos de forma manual. Lo que hizo Patty, siguiendo mi consejo, fue configurar su temperatura de color a 3400 Kelvin.

Foto: Patty Inostroza, 2022

Para este tipo de imágenes no nos hace falta escoger una sensibilidad de ISO alta, con un ISO 100 ó 200 será más que suficiente. Yo le recomendé a Patty comenzar en 200 y estudiar si el trazo es muy grueso a sabiendas de lo que le iba a suceder y que me confesaría más adelante (ya os lo explicaré); y, en el caso de quererlo más finito poder bajar a 100, pero un ISO 200 es un punto de partida con el que creo siempre váis a acertar... como ya veréis que sucedió un poco más adelante.

Foto: Patty Inostroza, 2022

La apertura de diafragma ideal es un f/8 para la cámara que utilizó Patty: una Nikon D3400 (cámara muy básica y de iniciación) que tiene un sensor del tipo APS-C. Quiere esto decir que si tenéis una FF podéis ir a un f/11 o f/12 para aseguraros una buena profundidad de campo y tener más o menos todo enfocado. En el caso de utilizar una cámara con sensor M43 podréis comenzar en f/5.6 aunque por mi experiencia con Olympus, personalmente me gusta usar el f/7.1, tanto para 'lightpainting' como para los fuegos artificiales... pero ya veréis más adelante lo que me sucedió esta vez.

Foto: Patty Inostroza, 2022

Finalmente, nos queda por decidir la velocidad que es donde vamos a encontrar la magia de este tipo de imágens y donde tomaremos el control de todo lo que expongamos procurando evitar en lo posible el efecto "suerte". Se trata de la velocidad BULB que le indica a la cámara que desde que pulsamos el botón de obturación hasta que lo soltemos, no dejará de exponer. En la Nikon D3400 la única opción que tenemos para no tener que estar machacando el dedo, es utilizar un disparador remoto por bluetooth que por suerte no es un accesorio caro. No admite ni intervalómetro ni ninguna otra cosa similar, tampoco se puede controlar remotamente por medio de la aplicación Snapbridge, sin embargo, para este tipo de fotografía es suficiente. A partir de entonces, desde que apretamos el botón del control remoto hasta que lo volvamos a apretar, la cámara hará lo mismo que si estuviésemos apretando el botón con el dedo: expondrá desde el primer click hasta el segundo.

Pero, ¿cómo controlamos y lo qué? Pues con una tarjeta negra o como dicen los modernis, una blackcard. Nosotros hemos fabricado unas tarjetas que hemos forrado con cinta aislante negra, pero también os servirá un trozo de cartulina o mejor aún, uno de Goma EVA, ambos en negro aunque quizás la última opción os será más mate que la cartulina y por lo tanto no arriesgamos a tener una entrada de luz rebotada de la propia tarjeta.

Foto: Patty Inostroza, 2022

Así es como controlamos lo que expone la cámara. Retiramos la tarjeta cada vez que queremos que registre lo que sucede y volvemos a tapar cuando no interese. De esta forma podemos controlar los fuegos en el caso de que se disparen hacia ambos lados (cosa que en estos en concreto no sucedió), podemos incluso llenar el encuadre de una forma controlada. Si no entendiste la explicación, puedes preguntar en la zona de comentarios y te responderé a lo que pueda. No te quedes con dudas.

Foto: Anxo Dafonte, 2022

De todas formas, no todo fue como la seda como seguramente os habéis dado cuenta al observar la imagen anterior. Centrado en las explicaciones que le daba a Patty y seguramente afectado por algo que había sucedido el día anterior y que pienso comentaros más adelante, olvidé configurar correctamente mi Olympus y nada salió como yo quería. ¿Recordáis que os había dicho qe Patty me confesaría algo importante? Pues no es ni más ni menos que la realidad de no tener tiempo para revisar las imágenes 😂😂

Sucede todo tan rápido y la pantalla es tan pequeña que una revisión de lo que estais haciendo resta un tiempo que es muy valioso y una vez comienzan los fuegos, todo es frenético e intenso. ¡Nada de revisiones! Como si fotases con película. Así que yo tampoco vi algo raro de lo que ocurría hasta que llegué a casa. 🙅🙈

Foto: Anxo Dafonte, 2022

El primer error: ¡el formato de salida! Venía de fotografiar únicamente en RAW y lo primero que quise configurar fue el formato RAW+JPG, pero por algún motivo que aún no comprendo, mi cámara quedó configurada en JPG y no me malinterpretéis, no fue un fallo mecánico, fue totalmente humano, culpa mía. Lo de fotografiar también en JPG se debía a mi interés por tener una rápida visualización al llegar a casa de los archivos finales y poder hacer una edición más rápida y así decidir cual iba a ser la que podría después procesar. Por desgracia, ese error hace que no se pueda procesar después esa imagen como se merece y se generan muchas aberraciones y artefactos, sobre todo cuando no se trata del único error de la noche.

Foto: Anxo Dafonte, 2022

El segundo error fatal fue la configuración de la ISO... no me preguntéis cómo pero cuando vi los trazos tan gruesos sabía que algo fallaba... la ISO estaba en 800... así que podemos confirmar eso de que "consejos doy que para mi no tengo"... ¡imperdonable! Pero castigo tuve suficiente. Al fotografiar en JPG no pude arreglar esos errores ni lo más mínimo pues el archivo queda muy limitado y la infomación es la justa y necesaria para un resultado final.

Foto: Anxo Dafonte, 2022

Tengo claro que de ir solo, la concentración en lo que estaba haciendo sería más ajustada y posiblemente no hubiese cometido tantos errores, pero eso no es una excusa, ni mucho menos, fue una sesión totalmente fallida por mi parte. De todas formas, me siento orgulloso, ya que Patty sí que pudo volver con una buena sesión y el resultado salta a la vista. Siempre que eso sucede, me siento feliz. Cando voy acompañado siempre priorizo la foto de los demás, es algo que me mantiene a gusto conmigo mismo y con esta afición. Me gusta compartir, me gusta ver a la gente feliz quitando fotos. Así que yo volví sin foto pero con la sesión resuelta.

Las dos últimas fotos son el JPG que me traje y las dos primeras son fotos que traté de procesar a sabiendas de la limitación, para ver si algo se podría salvar... pero ninguna vale nada en mi opinión.

Foto: Patty Inostroza, 2022

No es lo habitual que los fotógrafos relaten sus fracasos y errores, pero estoy convencido de que aquí no quiero contaros las cosas que sean normales, en realidad quiero que sean naturales y lo natural es que no siempre vas a tener un buen día. Todos cometemos errores y todos volvemos alguna vez con una machada de campeonato que te obliga a chapodar toda una sesión. Si alguna vez te sucedió o te pasa algún día en el futuro, has de saber que es algo normal, no te agobies. Si eres aficionado piénsalo de esta forma: no te debes a nada ni a nadie, sólo a ti mismo. Laméntate si quieres, déjate sentir triste porque eso es saludable, pero luego respira profundamente y piensa ¡ya está! Todo va bien y otra vez será. No tiene mayor importancia ni es la muerte de nadie. Y si has ido acompañado de una fotógrafa o fotógrafo generoso, sentirás felicidad por el éxito de tus compañeros.

Foto: Patty Inostroza, 2022

De los errores vas a aprender mucho más que de los exitos, ¿lo sabes, verdad? ¡Pues esa es la filosofía, esa es la actitud! Los fotógrafos muestran siempre su mejor cara y eso hace que los aficionados muchas veces sientan frustración porque se creen que todo tiene que salir ben y que cometer errores es debido a que no saben resolver. Por eso me gusta contarte también las frustraciones, creo que es justo para ti que estas regalándome tu tiempo leyendo esto.

Con esta sesión aprendemos cuatro cosas muy importantes en fotografía: Primera, los errores son una fuente de aprendizaje. Segunda, el mejor antidepresivo fotográfico es la generosidad. Tercera, el estado de ánimo influye de forma exponencial en el resultado de tu trabajo y en tu creatividad.

Y por último, la cuarta cosa y para mi la más importante de hoy, es que la técnica es la base para obtener una buena fotografía. Puedes poseer la mayor creatividad del mundo, tener una visión única y fantástica que si no sabes como resolverla técnicamente no podrás conseguir ese anhelado resultado. Muchos fotógrafos piensan y aseguran que la técnica no es importante; que, en primer lugar está la composición y si bien yo precismente no le voy a restar importancia a la composición, nada de lo que hagas servirá si no conoces la técnica para conseguirlo. Porque si decimos que la técnica no importa, cualquiera con un móvil o con cualquier cámara en automático puede crear imágenes impactantes simplemente atendiendo a un par de conceptos. La técnica es sencilla de aprender con un poco de interés, evitarla no es más que un síntoma de esa falta de implicación y de no querer estudiar o trabajar.

Foto: Patty Inostroza, 2022

He visto muchas fotos de esos mismos fuegos al día siguiente en los periódicos digitales y en las redes sociales y no me tiemblan los dedos al asegurar que no he visto nada como lo que hizo Patty en su estreno en la disciplina. La composición es sencilla, el mensaje también... no dejan de ser fuegos artificiales, pero la técnica le sirvió para conseguir lo que otros no perdieron su tiempo en hacer: escoger qué fotografiar, cuándo y cómo. Porque los fuegos que véis en sus fotos no sucedieron al mismo tiempo, los ha ido pintando a medida que destapaba el objetivo y, por eso son tan agradables y sobre todo únicas, pues no van a ser nunca iguales que las que se realizaron como una instantánea "cualquiera".

Gracias por la atención, por haber venido hasta aquí una vez más y por aguantarme en este rinconcito del océano Internet. Cualquier duda que tengas, aportación, crítica, comentario ¡o lo que te apetezca! no dudes en dejármelo como comentario y estaré encantado por ello y muy agradecido.

Un abrazo y hasta la siguiente publicación. Queda pendiente una pequeña aventura que tuvo lugar antes de estos fuegos... pero esa será otra historia  😉

Comentarios

  1. Gracias por el tutorial Anxo!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Graciñas! O mellor de todo isto é precisamente compartir. E compartir os erros tamén axuda ó resto a tratar de non cometelos. Se dar algún consello técnico fai que a outros se lles facilite o momento de expoñer, escribir unha entrada sempre pagará a pena. Saúdos.

      Eliminar

Publicar un comentario

Déjame aquí tu comentario.

Publicacións populares