Avance de entroido en Compostela / Avance carnavalero en Compostela

Publicación bilingüe (galego/español)

Leer versión en ESPAÑOL

[GALEGO] 

Desfile de Entroidos tradicionais de Galiza

O pasado sábado día 3 tivémo-la oportunidade de asistir a un desfile moi interesante.

Madamita de Lugo repartindo panfletos informativos entre o público asistente, 2022
 
Había moitos anos que non podía gozar do desfile do Entroido/Antroido que celébrase anualmente en Santiago de Compostela e onde puidemos admira-las personaxes máis características e representativas destes festexos galegos coñecidos en español coma Carnaval. Concretamente e, por motivos laborais, non puidera asistir desde 2014... anda que non choveu desde entón sobre a empedrada Praza do Obradoiro!

Teño que admitir con pesar que se ben este ano foi moito máis completo do que lembro en canto a convidados, a organizacion pareceume bastante deficiente. Os asistentes chegabamos a unha praza que non precisa descrición e non sabiamos moi ben onde debiamos colocarnos nin por onde pasaría o desfile nin nada de nada. había a mesma seguridade policial co resto de anos e era ccase coma un día calquera se quitásemola música que se escoitaba. Esa música foi a que guiou un pouco o meu oído cara o evente pero non a través da miña vista, pois os músicos non estaban situados en palco ningún.
 

Recordos do 2014



Maragato fotografado no 2014
 
A fotografía anterior a fixen na sesión do 2014 e nela apréciase unha praza na que se tiñan colocado valados porque o desfile situábase no centro da mesma. O público asistente atopabámonos nunha zona desde a que se podía ver a tódolos participante sen necesidade de moverse. Lembro tamén coma se repartían anacos de bica branca e outros produtos gastronómicos tipicos, coma correspondía a un bo Entroido de Laza.
 
 
Coroza cun chupito de Xastré fotografada no 2014

 
Na foto anterior onde se amosa unha Coroza aproveitando un momento de distensión xusto entre o cambio de grupo artístico, podemos ver que o fondo non é outra cousa ca un palco que se construíu pra as actuacións onde tódolos asistentes puidemos gozar moito mellor da música e bailes tradicionais.

O desfile no 2022

Imaxino que trala pandemia pola Covid-19 e logo con tanta historia que logo veu, organizar un evento coma este pode ser algo dificultoso, pero ó mesmo tempo e polo mesmo motivo, a organización debería ser moito máis meticulosa e precavida.

Entendo que forma parte de cada quen toma-las medidas precisas pra asegura-la súa saúde, pero o que non é viábel é que ninguén soubese até o último intre o que en realidade estaba a acontecer nunha praza tan importante e cun evento tan interesante.

Grupo tocando a pé de praza, 2022

Chegamos un chisquiño antes da hora de comezo do desfile, con antelación abondo pra atopar un lugar axeitado desde o que fotografar pero non tanto coma pra que nada estivese xa colocado. A música guiounos ata o centro da praza e case ós pés do Concello. Alí foi onde se colocaron unhas valas de contención que impedían o paso cara os soportais do Pazo de Raxoi. Os músicos animaban a festa cos seus instrumentos tradicionais e acertaron de cheo co máis axeitado folk en coherencia co evento (nótese ironía).

Un dos músicos encargados da animación, 2022


Sorprendeume que non existise un palco e que incluso se chegase colocar unha lona tralos músicos. Tampouco agardaba que o centro da praza fose a reservada pró público e que a organización tivese escollido enviar ós protagonistas ós pés do concello. Isto impedía ver e gozar dos magníficos detalles da indumentaria que portaban os protagonistas... bon, en realidade, do evento en xeral.

Algunhas daos persoaxes

Sinto moito non poder achegarvos aquí a tódalas persoaxes, pero ó non ser fotógrafo acreditado non puiden acadar unha posición boa de encadre e as poucas fotos que puiden quitar máis o menos limpas son as que vos amosarei; con todo, quixera comentar que estas personaxes das que vos falarei estaban pero non son todas. Agardemos que poida repetir experiencia e xa coñecendo as carencias organizativas, poder cecáis irvos presentando ó resto de persoaxes en seguintes certames... así que tampouco é pra chorar... igual é o comezo dunha especie de proxecto 😉😀 

Entroido de Verín

  
Cigarrón de Verín, 2022

Se nalgún dos lugares se fala dun triángulo misterioso onde desaparecen barcos e avións, na Galiza temos tamén o noso triángulo máxico de entroido formado polas localidades de Laza, Xinzo e Verín.

Existen moitas semellanzas nos seus desfraces tradicionais, tantas que cando revisei as imaxes pra facer o que no argot chamamos edición e que pra o resto de mortais é a escolla de fotos, ó ver ésta non sabería diferenciar ó Cigarrón dun Peliqueiro de Laza se non tivese sido pola sinatura da súa máscara na que claramente podemos ler o lugar de procedencia. Se cun software de retoque lle retiro esas sinaturas, podería facerlle unha adicatoria ós Peliqueiros de Laza, porque tratándose de imaxe fixa non poderías apreciar a diferencia entrámbolos dous: o seu xeito de moverse. É no único que vin distinción, en coma corren cada un deles... pero iso pode servirme pra lembrar tamén facer vídeo de cando en vez e o deixamos pra outra ocasión.

Ribeirao de Santiago de Arriba (Chantada)

Maragato de Santiago de Arriba, 2022

Se teño predilección por un dos traxes tradicionais nestas datas é quizáis polo Maragato a pesar de que o máis representativo do Ribeirao (así lle chaman a esta festa en Chantada) serían cecáis os volantes. Teño fotos no meu arquivo dalgún, porén, non me parecen dignas e o deixamos prá seguinte ocasión e deste xeito farémoslle máis xustiza.

Na foto, distínguese ó fondo a versión do Peliqueiro que ofrece esta rexión. A misión do Maragato e protexer ó Volante. Trátase dunha personaxe moi potente visualmente pois está fabricada con peles, osamente e cornamenta animal, o cal lle outorga unha apariencia bastante aterradora sobretodo se o tentamos ver desde unha perspectiva infantil. Pra maior impacto, na súa misión adoita interactuar co público dun xeito pouco amizábel... pero tampouco dubidan en solucionalo se ven que un neno foi impresionado de máis, alo menos así o vivín eu co protagonista da foto.

Galos da Mezquita

Un fotógrafo revisa a súa exposición mentres cruza un Galo por diante da súa posición, 2022

A esta personaxe non a tiña eu localizada e recoñezo que foi un descubrimento pra min. Trátase dos Galos da Mezquita de A Merca (Ourense) que nesta ocasión participagan coma "convidados". Trátase dun dos mellores motivos pra asistir ó desfile, pois ademais das festas recurrintes tódolos anos, tamén convídanse a novos concellos que teñen así a oportunidade de dar visibilidade ó seu festexo.

Se non me equivoco, "o galo do cortello", 2022

Non teño aínda craro a día de hoxe que pertencense ó grupo dos Galos da Mezquita (A Merca) pero o seu curioso e chamativo peiteado díme que así podería ser. A verdade é que a súa presencia era moi potente no desfile e tiven a oportunidade de retratalo deste xeito que me parece ademais moi enaltecedora. Así que lle deixo esta homenaxe ó que eu chamei O galo do cortello. Seica non o asemella?

 tengo todavía claro a día de hoy que perteneciese al grupo de Os Galos da Mezquita (A Merca) pero su curioso y llamativo peinado me dice que así podría ser. La verdad es que su presencia era muy potente en el desfile y tuve la oportunidad de retratarlo de esta forma que me parece además muy enaltecedora. Así que le dejo este homenaje al que yo he llamado El gallo del corral. ¿Acaso no lo parece?

Viana do Bolo

Participante poñéndose-la máscara, 2022

É posibelmente o festexo de entroido máis antigo da Galiza que coñezamos e tamén dos máis auténticos do continente europeo. A fotografía anterior, se non estou errado, porqe coma se aprecia e comentaba ó principio, era moi difícil poder ver nada grazas á magnífica organización que é un Folión preparándose pró desfile. Ese xesto chamoume moito a atención e as máns que en realidade están axustando a súa máscara parecen indicar máis un xesto de sorpresa ante algún acontecemento que non quixera presenciar, unha mensaxe que potencia á personaxe do fondo.

Estas pesonaxes, acompañan ó Boteiro nos tradicionais desfiles da localidade ourensá, unha das máis representativas do Entroido galego.

Es posiblemente el festejo carnavalesco más antiguo de Galicia que conozcamos y también de los más auténticos del continente europeo. La fotografía anterior, si no me equivoco, porque como se aprecia y comentaba al principio, era muy difícil poder ver nada gracias a la magnífica organización y podías quizás orientarte un poco según el grupo que distinguías alrededor; me da la impresión que es un Folión preparándose para el desfile. Ese gesto me llamó mucho la atención y las manos que en realidad están ajustando su máscara parecen indicar más un gesto de sorpresa ante algún suceso que no quisiera presenciar, un mensaje que potencia el personaje del fondo.

Estos personajes, acompañan al Boteiro en los tradicionales desfiles de la localidad ourensana, una de las más representativas del Entroido gallego.

Xenerales da Ulla

Xeneral da Ulla, 2022

Quizáis por cercanía a Santiago de Compostela, ou polo espectadular da posta en escena cando hay animais tan grandes coma un cabalo, a xente anímase moito máis e o público, coma non podía ser doutro xeito, toleou coa aparición dos Xenerais da Ulla.

Os xinetes pasaron rapidamente á posición de inicio de desfile e encanto estiveron colocados, supoño que pra evitar no posíbel o estrés das súas monturas, o desfile comezou.

Xeneral da Ulla, 2022

Todo aconteceu tan rápido que os asistentes non tivemos nin a oportunidade de asistir á famosa loita verbal entre contendentes, que é un dos reclamos máis interesantes destas personaxes e do que se hai oportunidade vos falarei en posteriores edicións... pero a falla dunha batalla (por pequena que fose) entre estas carismáticas personaxes é imperdoábel.

O caso foi que en canto estiveron todos colocados, o desfile comezou e pra cando nos quixemos decatar, xa non quedaba nada na praza poi desde a esquina de Raxoi pasaron polo Colexio de San Xerome xirando cara Fonseca e todo foi un visto e non visto.

Conclusión

Detalle do desfile, 2022

Os asistentes ó desfile puidemos ver con sorte partes do mesmo. Os máis privilexiados (un grupiño alo menos) puideron velos con mellores perspectivas desde as galerías da Catedral; pero pró resto agás os da primeira fila, foi algo case imposíbel entre a pouca visibilidade e percorrido ó que o someteron todo e xunto á manía que teñen o 99% dos asistentes a erguer os brazos pra poder rexistrar algo cos seus teléfonos móbiles. O meu arquivo quedouse cheíño de imaxes de brazos, mans e dispositivos de tódolos sabores e cores.

Visión a través das múltiples pantallas instaladas na praza, 2022

Dito isto, estarédevos a preguntar se eu non fixen o mesmo coa miña cámara. Coma poderedes deducir segundo as perspectivas das miñas imaxes, optei sempre por usa-la cámara desde o ollo aproveitando un lente zoom que me permitía usar unha focal de até 150mm e M43 (equivalente ós 300mm en formato FF).

Eu sei que me prexudicaba a min mesmo e que sería máis sinxelo facer coma o resto de persoas, erguer os meus brazos e usa-la pantalla abatíbel pra poder encadrar desde embaixo con total comodidade. Pero a miña ética impídeme molestar ás persoas que teño detrás co mesmo dereito ca min a gozar do evento.

Así que aproveito pra facer un chamamento e dicirvos a todos que está ben iso de facer fotos e gravar vídeos, non serei precisamente eu quen vos diga que iso está mal. Pero o que si debedes ter en conta é a molestia que lle podades xerar á persoa que tendes detrás e que está no seu dereito de gozar do evento sen que lle poñades unha man na faciana.

Iso conséguese simplemente fotografando desde diante do teu rostro, sexa cun teléfono móbil ou cunha cámara porque está claro que a túa cabeza ou o teu corpo non o vas facer transparentar, pero tenta alo menos que ocupe o menos posíbel e non fastidiarlle-las fotos ós demáis.

Ó igual ca ti, outros estarán tentado levarse un recordo sen ter a sorte de estar dentro do propio evento.

Sinto moito que as miñas impresións este ano fosen tan negativas en canto á organización, se as túas foron mellores agradeceríate o comentario, do mesmo xeito que se podes identificar a algunha personaxe ó cal eu non puiden ou incluso correxisr algún erro. Sempre agradecido de calquera interacción.



[ESPAÑOL] 

Desfile de Entroidos tradicionales de Galicia

El pasado sábado día 3 tuvimos la oportunidad de asistir a un desfile interesantísimo.

Madamita de Lugo repartiendo los librillos informativos entre el público asistente, 2022
 
Hacía muchos años que no podía disfrutar del desfile de Entroido/Antroido que se celebra anualmente en Santiago de Compostela y donde podemos admirar a los personajes más característicos y representativos de estos festejos gallegos conocidos en español como Carnaval. Concretamente y, por motivos laborales, no había podido asistir desde 2014... ¡anda que no ha llovido desde entonces sobre la empedrada Praza do Obradoiro!
 
Debo admitir con pesar que si bien este año ha sido mucho más completo de lo que recuerdo en cuanto a invitados, la organización me ha parecido bastante deficiente. Los asistentes llegábamos a una plaza que no necesita descripción y no sabíamos muy bien dónde nos debíamos colocar ni por donde pasaría el desfile ni nada de nada. Había la misma seguridad policial que el resto de años y era casi como un día cualquiera si quitamos la música que se escuchaba. Esa música fue la que guió un poco mi oido hacia el evento pero no a través de mi vista, pues los músicos no estaban situados en ningún palco.
 

Recuerdos del 2014



Maragato fotografiado en 2014
 
La fotografía anterior la hice en la sesión de 2014 y en ella se aprecia una plaza en la que se habían colocado vayas porque el desfile se situaba en el centro de la misma. El público asistente nos encontrábamos en una zona desde la que se apreciaba a todos los participantes sin necesidad de movernos. Recuerdo también como se repartían bica branca y otros productos gastronómicos típicos, como correspondía a un buen Entroido de Laza.
 
 
Coroza con un chupito de Xastré fotografiada en 2014

 
En la foto anterior donde se muestra una Coroza aprovechando un momento de distensión justo entre el cambio de grupo artístico, podemos ver que el fondo no es otra cosa que un palco que se levantó para las actuaciones donde todos los asistentes pudimos disfrutar mucho mejor de la música y bailes tradicionales. 

El desfile en 2022

Me imagino que tras la pandemia por la Covid-19 y luego con tanta historia que vino después, organizar un evento como éste puede ser algo dificultoso, pero al mismo tiempo y por el mismo motivo, la organización debería ser mucho más meticulosa y precavida.

Entiendo que forma parte de cada cual tomar las medidas necesarias para asegurar su salud, pero lo que no es viable es que nadie supiese hasta el último momento lo que estaba realmente sucediendo en una plaza tan importante y con un evento tan interesante.

Grupo tocando a pié de plaza, 2022

Llegamos un poco antes de la hora de inicio del desfile, con la antelación suficiente de encontrar un lugar adecuado desde el que fotografiar pero no tanto como para que nada estuviese ya colocado. La música nos guió hasta el centro de la plaza y casi a los pies del Ayuntamiento. Allí se situaron unas vallas de contención que impedían el paso hacia los soportales del Pazo de Raxoi. Los músicos animaban la fiesta con sus instrumentos tradicionales y acertaron de lleno con el más apropiado folk en coherencia con el evento (nótese ironía).

Uno de los músicos encargados de la animación, 2022


Me sorprendió que no existiese un palco y que incluso se llegase a colocar una lona tras los músicos. Tampoco  me esperaba que el centro de la plaza fuese la reservada para el público y que  la organización hubiese escogido enviar a los protagonistas a los piés del ayuntamiento. Esto impedía ver y disfrutar de los magníficos detalles de la indumentaria que portaban los protagonistas... bueno, en realidad, del evento en general.

Algunos de los personajes

Siento mucho no poder acercaros aquí a todos los personajes, pero al no ser fotógrafo acreditado no pude conseguir una posición buena de encuadre y las pocas fotos que pude quitar más o menos limpias son las que os mostraré; de todos modos, quisiera comentar que estos personajes de los que os hablaré estaban pero no son todos. Esperemos que pueda repetir experiencia y ya conociendo las carencias organizativas, poder quizás iros presentando al resto de personajes en siguientes  certámenes... así que tampoco es para llorar... igual es el comienzo de una especie de proyecto 😉😀 

Entroido de Verín

  
Cigarrón de Verín, 2022

Si en algunos lugares se habla de un triángulo misterioso donde desparecen barcos y aviones, en Galicia tenemos también nuestro triángulo mágico carnavalesco formado por las localidades de Laza, Xinzo y Verín.

Existen muchas similitudes en sus disfraces tradicionales, tantas que cuando revisé las imágenes para realizar lo que en el argot llamamos edición y que para el resto de mortales es la selección de fotos, al ver ésta no sabría diferenciar al Cigarrón de un Peliqueiro de Laza si no hubiese sido por la firma de su máscara en la que claramente podemos leer el lugar de procedencia. Si con un software de retoque le retiro esas firmas, podría hacerle una dedicatoria a los Peliqueiros de Laza, porque tratándose de imagen fija no podrías apreciar la diferencia entre ambos: su forma de moverse. Es en lo único que he visto distinción, en como corren cada uno de ellos... pero eso puede servirme para recordar también hacer video de vez en cuando y lo dejamos para otra ocasión.

Ribeirao de Santiago de Arriba (Chantada)

Maragato de Santiago de Arriba, 2022

Si tengo predilección por uno de los trajes tradicionales en estas fechas es quizás por el Maragato a pesar de que el más representativo de O Ribeirao (así le llaman a esta fiesta en Chantada) serían quizás los volantes. Tengo fotos en mi archivo de alguno, sin embargo, no me parecen dignas y lo dejamos para la siguiente ocasión y de esta forma les hacemos más justicia.

En la foto, se distingue al fondo la versión del Peliqueiro que ofrece esta región. La misión del Maragato es proteger al Volante. Se trata de un personaje muy potente visualmente pues está fabricado con pieles, osamenta y cornamenta animal, lo que le otorga una aparienca bastante aterradora sobre todo si lo intentamos ver desde una perspectiva infantil. Para mayor impacto, en su misión suele interactuar con el público de una forma poco amistosa... pero tampoco dudan en solucionarlo si ven que un niño se ha impresionado demasiado, al menos así lo he vivido yo con el protagonista de la foto.

Galos da Mezquita

Un fotógrafo revisa su exposición mientras cruza un Galo por delante de su posición, 2022

A este personaje no lo tenía yo ubicado y reconozco que ha sido un descubrimiento para mi. Se trata de Os Galos da Mezquita de A Merca (Ourense) que en esta ocasión participaban como "invitados". Se trata de uno de los mejores motivos para asistir al desfile, pues además de las fiestas recurrentes todos los años, también se invitan nuevas localidades que tienen así la oportunidad de dar visibilidad a su festejo.

Si no me equivoco, "el gallo del corral", 2022

No tengo todavía claro a día de hoy que perteneciese al grupo de Os Galos da Mezquita (A Merca) pero su curioso y llamativo peinado me dice que así podría ser. La verdad es que su presencia era muy potente en el desfile y tuve la oportunidad de retratarlo de esta forma que me parece además muy enaltecedora. Así que le dejo este homenaje al que yo he llamado El gallo del corral. ¿Acaso no lo parece?

Viana do Bolo

Participante colocándose la máscara, 2022

Es posiblemente el festejo carnavalesco más antiguo de Galicia que conozcamos y también de los más auténticos del continente europeo. La fotografía anterior, si no me equivoco, porque como se aprecia y comentaba al principio, era muy difícil poder ver nada gracias a la magnífica organización y podías quizás orientarte un poco según el grupo que distinguías alrededor; me da la impresión que es un Folión preparándose para el desfile. Ese gesto me llamó mucho la atención y las manos que en realidad están ajustando su máscara parecen indicar más un gesto de sorpresa ante algún suceso que no quisiera presenciar, un mensaje que potencia el personaje del fondo.

Estos personajes, acompañan al Boteiro en los tradicionales desfiles de la localidad ourensana, una de las más representativas del Entroido gallego.

Generales de la Ulla

Xeneral da Ulla, 2022

Quizás por cercanía a Santiago de Compostela, o por lo espectacular de la puesta en escena cuando hay animales tan grandes como un caballo, la gente se anima mucho más y el público, como no podía ser de otro modo, enloqueció con la aparición de los Xenerais da Ulla.

Los jinetes pasaron rápidamente a la posición de inicio de desfile y en cuanto estuvieron colocados, supongo que para evitar en lo posible el estrés de sus monturas, el desfile comenzó.

Xeneral da Ulla, 2022

Todo sucedió tan rápido que los asistentes no tuvimos ni la oportunidad de asistir al famoso forcejeo verbal entre contendientes, que es uno de los reclamos más interesantes de estos personajes y de lo que si hay oportunidad os hablaré en posteriores ediciones... pero la falta de una batalla (por pequeña que fuese) entre estos carismáticos personajes es imperdonable.

El caso es que en cuanto estuvieron todos colocados, el desfile comenzó y para cuando nos quisimos dar cuenta, ya no quedaba nada en la plaza pues desde la esquina de Raxoi pasaron por el Colexio de San Xerome girando hacia Fonseca y todo fue un visto y no visto.

Conclusión

Detalle del desfile, 2022

Los asistentes al desfile pudimos ver con suerte partes del mismo. Los más privilegiados (un grupillo al menos) pudieron observarlo con mejores vistas desde los balcones de la Catedral; pero para el resto a excepción de los de primera fila, fue algo casi imposible entre la poca visibilidad y recorrido al que lo sometieron todo y junto a la manía que tienen el 99% de asistentes a levantar los brazos para poder registrar algo con sus teléfonos móviles. Mi archivo se quedó repleto de imágenes de brazos, manos y dispositivos de todos los sabores y colores.

Visión a través de las múltiples pantallas instaladas en la plaza, 2022

Dicho esto os estaréis preguntando si yo no hice lo mismo con mi cámara. Como podéis deducir según  la perspectiva de mis imágenes, he optado siempre por usar la cámara desde el ojo aprovechando un objetivo zoom que me permitía usar una focal de hasta 150mm en M43 (equivalente a 300mm en formato FF).

Yo sé que me perjudicaba a mi mismo y que sería más sencillo hacer como el resto de personas, elevar mis brazos y usar la pantalla abatible para poder encuadrar desde abajo con total comodidad. Pero mi ética me impide molestar a las personas que tengo detrás con el mismo derecho que yo a disfrutar del evento.

Así que aprovecho para realizar un llamamiento y deciros a todos que está bien eso de hacer fotos y grabar videos, no seré yo quién os diga que eso está mal. Pero lo que sí debéis tener en cuenta es la molestia que podáis crearle a la persona que tenéis detrás y que está en su derecho de disfrutar del evento sin que le pongáis una mano en la cara.

Eso se consigue simplemente fotografiando desde delante de tu cara, sea con un teléfono móvil o con una cámara porque está claro que tu cabeza o tu cuerpo no lo vas a hacer transparente, pero intenta al menos que ocupe lo menos posible y no fastidiarle las fotos a los demás.

Al igual que tú, otros estarán intentando llevarse un recuerdo sin tener la suerte de estar dentro del propio evento.

Siento mucho que mis impresiones este año fuesen tan negativas en cuanto a la organización, si las tuyas han sido mejores te agradecería el comentario, del mismo modo que si puedes identificar algún personaje al cual  yo no he podido o incluso corregir algún error. Siempre agradecido de cualquier interacción.


Comentarios

Publicacións populares