O fotógrafo das poucas luces / El fotógrafo de las pocas luces

Publicación bilingüe (galego/español)

Leer versión en ESPAÑOL

[GALEGO]

Cando saímos de roteiro pola noite sabemos que arriscamos a nosa integridade física e non debemos facelo sós e menos aínda sen que ninguén saiba onde vas nin que é o que pensas facer.

Certo que en cada saída pode acontecer algo anecdótico, realmente a noite engánchanos moito por iso, ademais de polos sorprendentes resultados. Hai un tempo compartín convosco outra anécdota en  Coma un río de sangue moito máis amábel ca que hoxe vos traio e que vos tiña pendente desde Fotando fogos artificiais.

O certo é que nunca imaxinara que os problemas durante unha saída fotográfica nocturna puideran vir xusto doutro fotógrafo.

A idea era subir ó miradoiro de Lois, que ofrece vistas cara a Ría de Noia (A Coruña) e desde alí tentar fotar a Vía Láctea e a ser posíbel algunha estrela fugaz que viñese das Delta Acuáridas que estaban nunha boa noite, ou das Perseidas que tampouco estaba na peor das noites pra gozar delas aínda que non fose a xornada máis axeitada.

Gozabamos dunha fermosa Lúa Nova e iso dábanos vantaxe á hora de practicar fotografía nocturna.

Estabamos sós Patty máis eu, David quedara connosco pero un chisquiño máis tarde, cando realmente agardábase máis intensidade nas Delta Acuáridas.

Tiñamos preparado un cadro cara a zona onde máis Delta Acuáridas poderían caer, enfocado e medidas as exposicións. Até a chegada de David, eu configurara a miña cámara pra multiexposicións, controladas por remoto, a ver se xa desde primeira hora tiña sorte de ir "cazando" algunha. A miña pequena Olympus ten tamén a opción de que mentres fai exposicións controladas por intervalómetro, as vai preparando pra crear ó mesmo tempo un vídeo time-lapse e aínda que nunca a usei, apeteceume moito probala.

A zona non era a máis bonita, pero era aí onde se atopaba a Vía Láctea nese intre e aproveitando a alta concentración de nubes quixen facer ese vídeo pra ver se ademais podería xa capturar algunha estreliña fugaz (coma se ve neste fotograma) e de paso rexistrar o movemento de nubes e estrelas. Pareceume unha combinación interesante.

 


Pero entón comezou o pesadelo de calquera fotógrafo nocturno: un fotógrafo sandeu!

Mentres expoñía achegouse un vehículo e os seus faros obrigáronme a corta-la exposición. De primeiras pensei que era unha parelliña e, de feito, mantivo as luces acendidas en modo estrada (as longas) apuntanco cara nós. Nese intre, a min pareceume normal. Supuxen que a parelliña tiña subido toda a montaña coa idea de pasar un ratiño xuntos vendo as estreliñas e acurrucadiños no vehículo e non contaban con achar outra parella con frontais na cabeza, trípodes e cámaras, totalmente vestidos de negro, apuntando con elas a quen sabe onde.

Estivo tanto tempo alumeándonos que se ben nun primeiro intre cheguei a quedar algo confuso pensando que poderían ser axentes da Lei, co tempo chegueime a inquedar bastante, pois ninguén saía do vehículo e queiras ou non, nós estabamos sós, eramos dous, non sabiamos canta xente estaba dentro dese vehículo e pra colmo, por barato que sexa, o noso equipo é a maior inversión fotográfica que puidemos facer e por iso costa o que costa.

Pra o noso alivio, de socato o vehículo seguiu cara a zona do aparcadoiro, xirou enfocándonos de novo coas luces e detivo o motor. Eu seguía inquedo aínda que trataba de aparentar calma pra non preocupar a Patty. De feito, en silencio e nervoso, xa me tiña procurado algunha defensa que poder usar no caso de que a cousa virase fea.

Sen quitarlle-lo ollo, puiden ver coma unha parella saía do coche e meu corazón comezou de novo baixar o ritmo de pulsacións. Ó final resultou que tratábase dunha parelliza coma pensaba nunha primeira instancia. A parella achegouse a nós e prá miña sorpresa, o home protaba unha cámara Sony Ⲁ7 IV e parece que buscaba encadres. Saludeino pero o fotógrafo non me fixo nin caso a pesar de estar a medio metro de min; entón, xa tranquilo, seguín ó meu mentres lle escoitaba dar leccións de fotografía nocturna e colocar a cámara en diversas posicións. Por un intre pensei nun fotógrafo e nunha modelo, pero pareceume raro que só viñesen eles dou así que a miña hipótese derivou a un fotógrafo e a moza coa que tentaba manter un romance, xa que moi encariñados tampouco parecían.

Porén, a noite non foi nada tranquila e desde a chegada desa parella comezaron uns problemas cos que xamais tivese contado.

Quero entender que se mercas unha cámara desa categoría, póste dar leccións sobre fotografía nocturna e bla, bla, bla; entón és máis ca un usuario dunha das marcas máis caras, que se mercou un caprichiño pensando en que non precisas máis e pasas a ser un fotógrafo afeccionado que, coma ben me gusta apreciar, na meirande parte das ocasións, traballouse a súa formación moito mellor ca da meirande dos profesionais "de tódala vida".

Entón, se fas o que veu facer este elemento, ou és un fantasma idiota que non ten nin idea ou é-lo fotógrafo máis sandeu que pareu este mundo.

Póñovos de seguido un vídeo do resultado da súa reunión connosco e paso a comentar logo:


No vídeo aprécianse uns fogonazos de luz que foron producidos por ese energúmeno, que lonxe de preguntar; de feito, repito que nin respondeu ó meu cordial saúdo, púxose iluminar a diestro e siniestro e sen sentido algún, botando a perder calquera das nosas exposicións. Certo que non eran as máis interesantes que poderían ter sido, pero molestar e interrompe-lo traballo dos demais é algo moi feo e máis cando vas de listillo presumindo de fotógrafo nocturno; xa que a primeira regra dun fotógrafo nocturno é non estropea-las exposicións do resto de fotógrafos que poidan acharse pola contorna... bastante farás seguramente con aqueles ós que non detectectes pola distancia, aínda que sexa dun xeito inconsciente e accidental.

A liña entre un fotógrafo afeccionado e un tonto de toda a vida cunha cámara na man está xusto aí, no respecto cara os demais.

Pois ben, o tipo estivo facendo o que quixo, acendendo as luces do vehículo, os intermitentes, etc. até o punto no que me chegou cansar tanto que cando me deu a impresión de que se poñía pinta-lo vehículo, o demo que todos levamos dentro comezou dicirme cousas malaliciosas.

Coma coñezo ben o procedemento e técnicas pra iluminar vehículos, foi algo moi sinxelo pra min intuír que parte estaba a pintar en cada intre. Pra colmo, este tipo era tan pero tan tonto, que non se lle ocorreu outra cousa que enfocar a súa cámara xusto cara onde eu me atopaba, pois el si que tiña claro que eu non daba os seus mesmos fogonazos, pois non tiña falla en absoluto pra elo.

Así que confiado, enfocou a súa cámara e eu deixeille pintar... pinta lateral... pinta faros... pinta... pinta...

En canto o meu sentido común dicíame que máis ou menos xa estaba o vehículo pintado, collín a miña MagLite máis potente e sen dubidalo nin unha décima de segundo, encendina xusto apuntando cara súa cámara de xeito frontal. Estou seguro que captou a inderecta porque a súa foto tivo que quedar cun fermoso branco máis puro co da neve.

Outra cousa que me indicou que si recollera a mensaxe foi que se meteron ámbolos dous de novo no coche a alí estiveron todo o tempo fastidiando as nosas tomas... ata que chegou David.

En canto viron que chegaban "reforzos" quitóuselle-la tontería. Supoño que o tipo pensou que igual non era o único que ía chegar. Ademais, David veu en moto, algo pouco habitual en fotógrafos da noite.

Agardaron no coche un tempiño máis ata que tomaron a decisión de liscar do lugar, non sen antes volver fastidiarme cos faros algunha toma másis.

Cando é así, xa as túas fotos non che saen ben, se te alteras ata ese punto, é normal que a túa concentración e creatividade véxanse superardos polo malestar e o enfado. Así non se pode fotografar e de feito, tomei a decisión temperá de non agardarme sequera polo abrente que seguramente tivese estado moi fermoso, pero pra min xa era imposíbel.

Imos ver! Se chegas a un escenario e atópaste con outros fotógrafos, saúda! Neste mundo ímonos coñecendo todos e de todos apréndese algo, por moi listo e experto que te vexas.

Persoalmente, son o tipo de fotógrafo que me gusta ser xeneroso. En canto vin que era "un dos nosos" díxenlle a Patty que había sitio pra todos... a miña intención era deixarlle incluso escoller onde colocarse e axudarlle a iluminar e ese tipo de cousas que facemos cando nos xuntamos varios. De cada un de nós sácanse cousas moi interesantes, diso non me cabe dúbida.

Pasados tres cuartos de hora de dicirlle tal cousa a Patty xa lle estaba dicindo que nin en broma ía colocarse connosco... que lle pensaba fastidiar cada unha das súas fotos... e en canto tiven oportunidade, así que o fixen!

¡Vamos a ver! Si llegas a un escenario y te encuentras con otros fotógrafos, ¡saluda! En este mundo nos vamos conociendo todos y de todos se aprende algo, por muy listo y experto que seas. 

O que eu fixen non estivo ben e non me sinto orgulloso delo, porque non me gusta estropearlle a ninguén o seu traballo, pero tampouco me arrepinto porque el era que o estaba a afacer connosco dun xeito totalmente consciente, pois parecía entende-lo funcionamento da fotografía nocturna e do lightpainting, así que afirmo rotundamente e sen ningún tipo de dúbida que ese tipo merecía que lle escarallase calquera cousa que tentase facer.

Deste xeito é coma podedes pasar de ter unha oportunidade a ser considerados unha peste. Vós decidiredes o que queredes ser: se fotógrafos xenerosos, fotógrafos neutrais ou fotógrafos idiotas. Ninguén vos pide que axudedes a ninguén, pero se non o facedes, tampouco agardedes que vos axuden... pero ir en plan egoísta e de aparta ti pra pórme eu é unha actitude que non vos recomendo en absoluto. Porque iso foi o que puidemos deducir do seu comportamente: que en lugar de abrirse a nós e buscar oco pra pasar unha noite fotográfica estupenda en boa compaña, buscaba o xeito de desesperarnos pra que fósemos nós os que marchasen do lugar e dese xeito conquistar o territorio coma un vikingo. Pois saíulle-lo tiro pola culata!

E así foi a experiencia que vos traio hoxe e que agardo non sexa tónica habitual porque iso falaría bastante mal do rumbo que collería a fotografía nocturna pró futuro. Non normalicemos este tipo de comportamentos. Os fotógrafos da noite non somos así, somos xenerosos e moi boa compaña pra pasa-las horas máis escuras até o abrente e máis alá.

Somos compañeiros de comer bocatas e beber cervexas na máis absoluta escuridade... somos compaña ideal pra comeza-la mañá recuperando temperatura corporal á calor dunha boa taza de chocolate con churros... e somos capaces de rexistrar e amosa-las cousas máis sorprendentes que poidas imaxinar que se saen do negro máis tenebroso. Buscámo-la luz onde non a hai. Non precisamos da túa tontería! Así que podes deixala fechada nalgún lugar onde poidas perde-la chave.

Se te apetece, comenta o que che parecen este tipo de experiencias ou incluso se tes algunha, tanto boa coma mala, porque logo desta, algunha boa sempre nos pode vir ben.


 


[ESPAÑOL]

Cuando salimos de ruta por la noche sabemos que arriesgamos nuestra integridad física y no debemos hacerlo solos y menos aún sin que nadie sepa ni a donde vas ni que es lo que vas a hacer.

Cierto que en cada salida puede suceder algo anecdótico, realmente la noche nos engancha mucho por eso junto con los sorprendentes resultados. Hace un tiempo compartí con vosotros otra anécdota en Como un río de sangre mucho más amable que la que hoy os traigo y que os tenía pendiente desde Fotando fuegos artificiales.

Lo cierto es que nunca había imaginado que los problemas durante una salida fotográfica nocturna pudieran venir justo de otro fotógrafo.

La idea era subir al mirador de Lois, que ofrece vistas hacia la Ría de Noia (A Coruña) y desde allí intentar fotar la Vía Láctea y a ser posible alguna estrella fugaz que viniese de las Delta Acuáridas que estaban en una buena noche, o de las Perseidas que tampoco estaba en la peor de las noches para disfrutar de ellas aunque no fuese la jornada más apropiada.

Disfrutábamos de una preciosa Luna Nueva y eso nos daba ventaja a la hora de practicar fotografía nocturna.

Estábamos sólos Patty y yo, David había quedado con nosotros un poco más tarde, cuando se aguardaba mucha más intensidad en las Delta Acuáridas.

Habíamos preparado un encuadre hacia la zona donde más Delta Acuáridas podían caer, enfocado y medido las exposiciones. Hasta la llegada de David, yo había configurado mi cámara para multiexposiciones, controladas por remoto, a ver si ya desde primera hora tenía suerte de ir "cazando" alguna. Mi pequeña Olympus tiene también la opción de mientras realiza exposiciones controladas por intervalómetro, las va preparando para crear al mismo tiempo un video time-lapse y aunque nunca lo había utilzado, me apeteció probarlo.

La zona no era la más bonita, pero era ahí en donde se encontraba la Vía Láctea en ese momento y aprovechando la alta concentración de nubes quise realizar ese vídeo para ver si además podía ya capturar alguna estrella fugaz (como se ve en este fotograma) y de paso registrar el movimiento de nubes y estrellas. Me pareció una combinación interesante.

 


Pero entonces comenzó la pesadilla de cualquier fotógrafo nocturno: ¡un fotógrafo idiota!

Mientras exponía se acercó un vehículo y sus faros me obligaron a cortar la exposición. Al principio creí que era una parejita y, de hecho, mantuvo sus luces encendidas en modo carretera (las largas) apuntando hacia nosotros. En ese momento, a mi me pareció normal. Supuse que la parejita había subido toda la montaña con la idea de pasar un rato juntos viendo las estrellas acurrucaditos en el vehículo y no contaban con que otra pareja estuviese con frontales en la cabeza, trípodes y cámaras, totalmente vestidos de negro, apuntando con ellas a quién sabe dónde.

Estuvo tanto tiempo alumbrándonos que si bien en un primer momento llegué a quedar confuso pensando que podían ser agentes de la Ley, con el tiempo me llegué a inquietar bastante, pues nadie salía del vehículo y quieras o no, nosotros estábamos solos, éramos dos, no sabíamos cuanta gente estaba dentro de ese vehículo y para colmo, por barato que sea, nuestro equipo es la mayor inversión fotográfica que hemos podido hacer y por eso cuesta lo que cuesta.

Para nuestro alivio, de repente el vehículo siguió hacia la zona de aparcamiento, giró enfocándonos de nuevo con las luces y detuvo el motor. Yo seguía inquieto aunque trataba de aparentar calma para no preocupar a Patty. De hecho, en silencio y nervioso, ya me había procurado alguna defensa que poder utilizar en caso de que la cosa se pusiese fea.

Sin quitarles ojo, pude ver como una pareja salía del coche y mi corazón comenzó de nuevo a bajar el ritmo de pulsaciones. Al final iba a resultar que se trataba de una parejita como había creído en un primer momento. La pareja se acercó a nosotros y para mi sorpresa, el hombre portaba una cámara Sony Ⲁ7 IV y parece que buscaba encuadres. Lo saludé pero el fotógrafo no me hizo ni caso a pesar de estar a medio metro de mi; entonces, ya tranquilo, seguí a lo mío mientras le escuchaba dar lecciones de fotografía nocturna y colocar la cámara en diversas posiciones. Por un momento pensé en un fotógrafo y una modelo, pero me resultó extraño que solamente viniesen ellos dos así que me decanté por un fotógrafo y la chica con la que intentaba tener un romance, ya que muy encariñados tampoco parecían.

Sin embargo, la noche no fue nada tranquila y desde la llegada de esa pareja comenzaron unos problemas con los que jamás hubiese contado.

Quiero entender, que si compras una cámara de esa categoría, te pones a dar lecciones sobre fotografía nocturna y bla, bla, bla; entonces eres más que un usuario de una de las marcas más caras, que se ha comprado un capricho pensando que no necesitas más y pasas a ser un fotógrafo aficionado que, como bien me gusta apreciar, en la mayoría de las ocasiones, se ha trabajado su formación mucho mejor que la mayoría de profesionales "de toda la vida".

Entonces, si haces lo que vino a hacer este elemento, o eres un fantasma idiota que no tiene ni idea, o eres el fotógrafo más idiota que parió este mundo.

Os pongo a continuación un vídeo del resultado de su reunión con nosotros y paso a comentar después:


En el video se aprecian unos fogonazos de luz que fueron producidos por ese energúmeno, que lejos de preguntar; de hecho, repito que ni respondió a mi cordial saludo, se puso a iluminar a diestro y siniestro y sin sentido alguno estropeando cualquiera de nuestras exposiciones. Cierto que no eran las más interesantes que se podrían haber hecho, pero molestar e interrumpir el trabajo de los demás es muy feo y más cuando vas de listillo presumiendo de fotógrafo nocturno. Pues la primera regla de un fotógrafo nocturno es no fastidiar las exposiciones del resto de fotógrafos que se hayen a tu alrededor... bastante harás seguramente con aquellos a los que no detectes por la distancia, aunque sea de forma incosnciente.

La línea entre un fotógrafo aficionado y un tonto con una cámara está justamente ahí, en el respeto hacia los demás.

Pues bien, el tipo estuvo haciendo lo que quiso, encendiendo las luces del vehículo, los intermitentes, etc. hasta el punto en que me llegó a cansar tanto que cuando me dió la impresión de que se ponía a pintar el vehículo, el demonio que todos llevamos dentro comenzó a susurrarme cosas al oído.

Como conozco el procedimiento para iluminar vehículos, fue algo sencillo intuír qué parte estaba pintando en cada momento. Para colmo, ese tipo era tan pero tan tonto, que no se le ocurrió otra cosa que enfocar su cámara justo hacia donde estaba yo, pues él si tenía claro que yo no daba sus mismos fogonazos, pues no me hacían falta en absoluto.

Así que confiado enfocó su cámara y yo le dejé pintar... pinta lateral, pinta faros... pinta... pinta... 

En cuanto mi sentido común me decía que más o menos ya estaba el vehículo pintado, cogí mi MagLite más potente y sin dudarlo una décima de segundo, la encendí justo apuntando a su cámara frontalmente. Estoy seguro que captó la indirecta porque su foto tuvo que quedar con un blanco más puro que el de la nieve.

Otra cosa que me indicó que sí había entendido el mensaje fue que se metieron ambos de nuevo en el vehículo y ahí estuvieron todo el tiempo fastidiando nuestras tomas... hasta que llegó David.

En cuanto vieron que llegaban "refuerzos" se les pasó la tontería. Supongo que el tipo pensó que igual no era el único que iba a venir. Además, David llegó en moto, algo poco habitual en fotógrafos de la noche.

Aguardaron en el vehículo un tiempo más hasta que tomaron la decisión de marchar del lugar, no sin antes volver a fastidiarme con los faros del vehículo alguna toma más.

Cuando es así ya tus fotos no salen bien, si te alteran hasta ese punto, es normal que tu concentración y creatividad se vean superados por el malestar y el enfado. Así no se puede fotografiar y de hecho, tomé la decisión tempranera de no esperarme siquiera por el amanecer que seguramente hubiese estado muy hermoso, pero para mi ya era imposible.

¡Vamos a ver! Si llegas a un escenario y te encuentras con otros fotógrafos, ¡saluda! En este mundo nos vamos conociendo todos y de todos se aprende algo, por muy listo y experto que seas. 

Personalmente, soy el tipo de fotógrafo que me gusta ser generoso. En cuanto vi que era "uno de los nuestros" le dije a Patty que había sitio para todos... mi intención era dejarle incluso escoger dónde colocarse y ayudarle a iluminar y ese tipo de cosas que hacemos cuando nos juntamos varios. De cada uno de nosotros se sacan cosas interesantes, de eso no me cabe duda.

Tres cuartos de hora después de decirle eso a Patty ya le estaba diciendo que ni de broma iba a colocarse con nosotros... que le iba a fastidiar cada una de sus fotos... y en cuanto tuve la oportunidad, ¡así lo hice!

No estuvo bien lo que hice y no me siento orgulloso porque no me gusta estropear el trabajo de nadie, pero no me arrepiento porque él era lo que estaba haciendo con nosotros de forma totalmente consciente, pues parecía entender el funcionamiento de la fotografía nocturna y del lightpainting, así que afirmo rotundamente y sin ningún tipo de duda, que ese tipo merecía que le estropease cualquier cosa que intentase hacer.

De este modo es como podéis pasar de tener una oportunidad a ser considerados una peste. Vosotros decidiréis lo que queréis ser: si fotógrafos generosos, fotógrafos neutrales o fotógrafos idiotas. Nadie os pide que ayudéis a nadie, pero si no lo hacéis tampoco esperéis que os ayuden... pero ir en plan egoísta y apártate tú para ponerme yo, es una actitud que no os recomiendo en absoluto. Porque eso fue lo que pudimos deducir de su comportamiento: que en lugar de abrirse a nosotros y buscar un hueco para pasar una noche fotográfica estupenda en buena compañía, buscaba la forma de desesperarnos para que nos fuésemos de allí y conquistar el territorio cual vikingo. ¡Pues le salió el tiro por la culata!

Y he aquí la experiencia que hoy os traigo que espero no sea la tónica habitual porque eso hablaría bastante mal del rumbo que cogería la fotografía nocturna para el futuro. No normalicemos este tipo de actitudes. Los fotógrafos de la noche no somos así, somos generosos y muy buena compañía para pasar las horas más oscuras hasta el amanecer y más allá.

Somos compañeros de comer bocatas y beber cervezas en la más absoluta obscuridad... somos compañía ideal para comenzar la mañana recuperando temperatura corporal al calor de una buena taza de chocolate con churros... y somos capaces de registrar y mostrar las cosas más sorprendentes que puedas imaginar que salen del negro más tenebroso. Buscamos la luz donde no la hay. ¡No necesitamos tu estupidez! Así que déjala encerrada en algún lugar donde puedas perder la llave.

Si te apetece, comenta lo que te parecen este tipo de experiencias o incluso si tienes alguna, tanto buena como mala, porque después de ésta, alguna buena siempre viene bien.


 


Comentarios

Publicacións populares