ENREDA2 14/11 - 20/11

Publicación bilingüe (galego/español)

Fiestras / Ventanas

Santiago de Compostela, 2022

[GALEGO]
 
Non preciso gran cousa pra gozar da vida ata nos peores lugares e momentos máis duros porque penso que algún día deixarei de ver ou non poderei ollar.
 
[ESPAÑOL]
 
No necesito gran cosa para disfrutar de la vida hasta en los peores lugares y momentos más duros porque pienso que algún día dejaré de ver o no podré mirar.
 

t1000

Santiago de Compostela, 2022
 
[GALEGO]
 
Ás veces manteño certos conflitos comigo mesmo ó plantexarme se certas cousas que logran chamarme a atención poden chegar a xustificar algúns comportamentos vandálicos.
 
Neste caso, o material maila combinación caligráfica non contextual faime pensar nunha saga de ciencia ficción con máquinas, IA, viaxes no tempo e moita acción. Unha saga que naceu pra demostrar que con creatividade, intelixencia e innovación, as segundas partes non teñen porqué ser necesariamente peores.
 
Se non sabes de que saga estouche a falar é porque medraches na era dos teléfonos móbiles ou non fuches á EXB.
 
[ESPAÑOL]
 
A veces mantengo ciertos conflictos conmigo mismo al plantearme si ciertas cosas que logran llamarme la atención pueden llegar a justificar algunos comportamientos vandálicos.
 
En este caso, el material junto con la combinación caligráfica no contextual me recuerda una saga de ciencia ficción con máquinas, IA, viajes en el tiempo y mucha acción. Una saga que nació para demostrar que con creatividad, inteligencia e innovación, las segundas partes no tienen porque ser necesariamente peores.
 
Si no sabes de qué saga te estoy hablando es porque has crecido en la era de los teléfonos móviles o no has ido a la EGB.

Luces de Nadal / Luces de Navidad

Santiago Compostela, 2022
 

[GALEGO]
Achégase o Nadal e con elo a característica iluminación das rúas que non veño a criticar aquí porque aínda que non son relixioso, recoñezo que gústame vela e prodúceme ledicia e un sentimento que sen saber describir, gústame moito.

Por sorte, algúns concellos parecen agardar un chisquiño máis ó alumeado e non compiten en ver cal é o que antes acende. Unha pelexa absurda cando ás familias e autónomos subíronnos tanto a factura de luz e gas rozando prezos obscenos que ademais teño a sensación que veñen pra quedarse... coma os do combustíbel.

Pregúntome se realmente serve dalgo que suban o SMI se non controlan a subida de prezos dos produtos básicos de consumo... porque subir, os soldos suben... pero o poder adquisitivo baixa!

[ESPAÑOL]
Se acerca la Navidad y con ello la iluminación de las calles que no vengo a criticar aquí porque aunque no soy religioso, reconozco que me gusta verla y me produce alegría y un sentimiento qe sin saber describir, me gusta mucho.

Por suerte, algunos ayuntamientos parecen esperar un poquito más al alumbrado y no compiten en ver cual es el que antes enciende. Una pelea absurda cuando a las familias y autónomos nos subió tanto la factura de la luz y gas rozando precios obscenos que además tengo la sensación que vienen para quedarse... como los del combustible.

Me pregunto si realmente sirve de algo que suban el SMI si no controlan la subida de precios de los productos básicos de consumo... porque subir, los sueldos suben... ¡pero el poder adquisitivo baja!

Resistirse á caída / Resistirse a la caída

O Milladoiro, 2022

[GALEGO]

O ciclo da vida non o podemos frear pero si debemos tentar resistirnos a fechalo.

Un exemplo delo é o outono onde a folla caduca comeza caer pra pinta-lo mundo de cores ocres e aromas naturais. Pero esta folla que atopei sobre adoquín parecía resistirse á caída e iso chamoume poderosamente a atención. Porque igual podes pensar que eu fun quen a colocou dese xeito, pero non, vai contra o meu xeito de vivi-la fotografía onde prefiro non modificar os ambientes naturais, sexan urbanos ou non.

Cando a descubrín non puiden evitar dobrar os xeonllos pra buscar unha perspectiva que a amosase coa solemnidade que merecía e que ó tempo amosase que realmente está ergueita resistindo a caer... loitando polo derradeiro sopro de vida... agardando o remate co ápice ben alto e orgulloso dun ciclo vital ben cumprido.

[ESPAÑOL]

El ciclo de la vida no lo podemos frenar pero sí debemos intentar resistirnos a cerrarlo.

Un ejemplo de ello es el otoño donde la hoja caduca comienza a caer para pintar el mundo de ocres y aromas naturales. Pero esta hoja que encontré sobre adoquín parecía resistirse a la caida y eso me llamó poderosamente la atención. Porque igual puedes creer que fui yo quien la colocó de esa forma, pero no, va contra mi forma de ver la fotografía donde prefiero no modificar los ambientes naturales, sean urbanos o no.

Cuando la descubrí no pude evitar doblar las rodillas para buscar una perspectiva que la mostrase con la solemnidad que merecía y que al mismo tiempo mostrase que realmente está erguida resistiéndose a caer... luchando por el último soplo de vida... esperando el final con el ápice bien alto y orgulloso de un ciclo vital bien cumplido.

Trampulladas / Trampantojos

O Milladoiro, 2022

[GALEGO]
 
Trampullada é subir o soldo mínimo só no 2,6% cando os prezos subiron nun 9%
 
Grazas ás trampulladas, imos ó supermercado con 150€ e pasamos de mercar pra 15 días a facelo só pra unha semana.
 
Trampullada é que non haxa cartos pra nada e fagan que pensemos que temos pra todo.
 
[ESPAÑOL]
 
Trampantojo es subir el salario mínimo en sólo 2,6% cuando los precios subieron en un 9%
 
Gracias a los trampantojos, vamos al supermercado con 150€ y pasamos de comprar para 15 días a comprar para sólo una semana.
 
Trampantojo es que no haya dinero para nada y hagan que pensemos que tenemos para todo.

Código

O Milladoiro, 2022

[GALEGO]
 
Ás veces todo parece conectado pra que o rexistremos polo menos na memoria. Ata no máis complexo podemos atopar sinxeleza, pero dar con ela produce moita satisfacción.
 
[ESPAÑOL]
 
A veces todo parece conectado para que lo registremos al menos en la memoria. Hasta en lo más complejo podemos encontrar sencillez, pero sar con ella produce mucha satisfacción.

Comentarios

Publicacións populares