Prestige... 20 años despois e poucos cambios
![]() |
Voluntarios II. Anxo Dafonte, 2015 |
20 anos pasaron desde o afundimento do petrolero 'Prestige' e aínda pódense ver marcas negras do chapapote nas rochas das nosas costas. Pero nada comparado coa tristura que provoca lembrar a efeméride.
Hoxe quero amosarvos a fotografía que quitara no 2015 e que publicara daquela en chave bitonal extrema entre azul e negro (que vos deixo tamén máis abaixo).
Gustaríamo hoxe amosala coma foi quitada entón porque xa as costas clarexaron algo e agardo non volvan negras NUNCA MÁIS!
Trátase do Monumento ó Voluntariado, unha obra de Óscar Aldonza que forma parte da paisaxe de San Vicente do Mar (O Grove) desde 2003.
Aproveito para agradecer ós voluntarios que viron de toda a xeografía española e de máis alá para axudar a recoller as viscosas e cheirentas masas e galletas que invadían e afogaban todo aquelo que atrapaban.
Comentarios
Publicar un comentario
Déjame aquí tu comentario.